Mientras haya días. Paloma García Méndez. Medulia Editorial

Mientras haya días
Medulia Editorial

A editorial Medulia acaba de publicar recentemente a novela “Mientras haya días” da autora de Serantes, Tapia, Eo-Navia,  Paloma García Méndez.

A novela  de Paloma García colle el título dun texto da narrativa  Popol Vuh que é úa especie de oración unde se pide el milagro dúa vida feliz que xermole nos ameiceres da vida cotidiana.

Inda que a novela tá escrita en castellano transpira el enreizamento da autora nel espacio rural unde naceu, un orbe que se nega a desaparecer e mostra os valores que lo adornan e que perviven como esperanza.

A protagonista, Inés volve á casa familiar da aldea de Milfontes, á aldea da infancia que agora, sendo inda el mundo aquel que recordaba, é sin embargo un mundo novo al que acorralan el despoboamento, a codicia, os recordos enterrados en llagúas e as paredes comidas pola hedra.

Pero ás veces el abandono maniféstase poderoso, convertido en privilexio consciente da necesidá de valorar el traballo manual pró tamén el intelectual, en saber apreciar lo pequeno, a creatividá, el contacto coa naturaleza.

Nel rural pervive el legado de lo sobrio e imprescindible.

Úa historia de recuperación del sentido da vida, da salú e da empatía na que se vei debullando a historia das transformaciois que nos afectan millor que en muitos libros de historia.

Daquén dixo que os historiadores minten e a literatura conta a verdá. Dende lougo na novela de Paloma García podemos atopar muita autenticidá e ver el mundo nos ollos dúa persona que sabe mirar.

Devolvendo a xenerosidá que mostra a autora nos sous agradecementos, gracias Paloma por ser tu a que nos axudas a ver.

Mientras haya días

Medulia Editorial

Autora Paloma García Méndez.

Quique Roxíos.