Editorial Canela aposta por el gallego-asturiano comenzando cun poemario de Quique Roxíos.

 

“Foi emocionante. Algo así non se esqueice nunca.”

 


Esas palabras convertidas en titular de prensa fain honra del que sentín el día da Presentación en Boal del meu poemario “Personaxe desconocido publicado por a Editorial Canela.

Como me dixo Hilda Farfante Gayo tomando as palabras dun dos meus poemas “Non foi un día cualquera”

Teño que reconocer que el meu nerviosismo ante el acto del 31 de marzo na Casa da Cultura de Boal era ben grande. En xuno de 2017 ganei, coel poemario en gallego-asturiano “Personaxe desconocido“, el XVII Premio Anduriña Voandeira 2017 de poesía en gallego convocado en Euskadi. Foi el primeiro paso dúa ringleira de cousas que veron, como vein as andulías, trendo a alegría del bon tempo.

A Editorial Canela, especializada en ediciois mui rigurorosas sobre cultura popular con destacados traballos sobre aspectos históricos, etnográficos, musicales… dos Ozcos e Taramundi ofreceume publicar os meus poemas en gallego asturiano como primeiro llibro dúa colección dedicada á poesía na modalidá llingüística da nosa comarca eonaviega: a colección Filso da Bovia.

El llibro é, como dice Suso F. Acevedo un llibro guapo gracias al bon traballo de maquetación de Inés De la Peña que incorpora con xeito os debuxos de Miguel Ángel Blas Cortina que reproducen as pinturas rupestres da Cova del Demo de Boal. Pero se non iba naide á presentación, se non había xente sería pra min un disgusto porque a aposta por a nosa cultura por parte da Editorial Canela sería un fracaso. De feito a mesma noite del día que Pablo Quintana me falou das presentaciois soñei que non vía nin un alma. Os dous allí solos. Que pesadilla.

5B5DF224-89AF-4326-B24D-A7B2D531A2C1

Os amigos de Toyemerendas  (Abel, Ruth i Jose) puxeron, (Núa mostra máis del sou compromiso coa nosa zona), música i bon gusto al acto, predispuéndonos a todos/as pra escuitar algo de poesía. Un dos poemas del llibro, Flor del Toxo, foi úa das pezas que tocaron.

Despós el Alcalde Jose Antoni Barrientos deunos a benvida a todos/as. Teño que reconocer que tanto él como a concelleira de cultura Mirta Celaya fixéronnos sentir unde tábamos, en casa.

De seguido el profesor Suso F. Acevedo, explicou como foi el asunto de que lle encargase a él el prólogo decindo cousas ben guapas e fendo úa interpretación das mías poesías. Pero el que me chegou al alma foi a situación personal na que, contou, empezou a ller el poemario. Foi na súa casa natal por un problema de salú da madre. Tando allí, despós de cear i de que ella se deitase, quedou na cocía atizando estellas nel llume, tomando café. Na soledá da súa casa da infancia sentiu que os poemas lle falaban a él. A casa i a madre tan presentes nos meus poemas, presencias simbólicas que xa as explicara hai muitos anos, dixo Suso F. Acevedo, el filósofo e poeta francés Gaston BachelardSegún lo escuitaba a mía emoción medraba inda que intentaba atalla en corto.

Tocoulle el turno de falar al editor, Pablo Quintana, natural de Vilanova de Ozcos que contou dalgún llazo familiar personal nel noso concello i explicou a historia da Editorial Canela  i a súa razón de ser que nun é outro que  a cultura popular, sobretodo destas comarcas fronteirizas entre Galicia i Asturias. Nesa llaboría decidiron dar un paso tamén a favor del gallego-asturiano coa creación da colección Filso da Bovia con poetas destas terras del Eo-Navia. Pablo Quintana afirmou que as mías poesías tian conexión con esa cultura popular da que se fai eco a Editorial Canela.

Neste momento xa tuven que decir eu úas palabras. Certamente contoume empezar. El público amigo axudoume cun aplauso. Lo primeiro que fixen foi agradecer aos presentes que decidiran tar allí, acompañándome, á mia muller por a súa paciencia i axuda, á familia, amigos/as, vecíos, alcalde… Por suposto a Suso F. Acevedo i a Pablo Quintana… Pra todos el meu agradecimento é enorme. Como non lo vei a ser.

Recordei que este idioma heredeilo dos meus padres, que si ellos non mo houbesen transmitido non lo tería. Pero antias que ellos houbo outros/as. Por eso fixen un comentario sobre a orixe del noso idioma. Pero en ve de falar del latín i os romanos preferín remontarme algo máis cerca así que falei de María Vicentez, úa vecía de Xío que nel ano 1169 (hai casi 900 anos, xa vedes lo relativo que é lo de cerca) firmou un contrato coel Abad Don Guillermo e coel Convento de Vilanova de Ozcos. Ese documento empeza i remata en llatín pero todo el contido principal tá nel idioma galaico-portugués. Este pergamìn é solo un dos máis de seiscentos que se conservan del “Monasterio”. Escrito cúa grafía máis cercana vería a ser:

(…) “eu María Uicentez de Cedamona vendo a vos abbade don Guillermo de Santa María de Villa Nova d’Oscos e ao convento desse mismo lugar quanta heredade eu aio e devo aver en Çedamona por preço qua a mí e a vos ben prougo, convén a saber: un boi boon e çen solidos (…) por Deus e por mina alma e de meus parentes. (…) Feita a carta en Gio. Era de mil e CC anos. Reynante rey don Fernando en Castella e en Galica. Martines episcopus in Ouedo.”

De aí ben el noso idioma, dese galaico-portugués del que naceron el portugués i el gallego. Se a nosa fala fose algo pequeno seguiría sendo importante, por ser nosa, pero non é tan pequena. Ese idioma medieval que marca a nosa orixe foi el escollido por el Rei Alfonso X el Sabio pra redactar as Cantigas á Santa María. Naquel idioma medieval están as cantigas de trobadores como Martín Codax ou Fernando Lago. De ei ven el noso idioma i é cousa de todos que siga existindo como llingua que se fala en todos os ámbitos incluída a música i a lliteratura. Asturias debería mostrar con orgullo este patrimonio.

Despós expliquei a llenda del Palacio de Prelo que é idéntica a outra da zona de Ancadeira, nos Ozcos. Xa a conocedes: El cura tía que esperar pra comenzar a misa a que volvesen os señores da xornada de caza. Núa ocasión tardaban en regresar i el cura decidiu fer a misa. Al chegar os señores un dos impetuosos fillos del Señor del Palacio pegoulle un tiro al cura matándolo nel púlpito. El castigo según a llenda dos Ozcos foi mandar al criminal al “Valle dos desterrados”, un llugar “unde non se escuita gallo cantar, carro rinchar nin campá soar.” A llenda advirtenos del castigo del silencio… Si se deixa de escuitar a música del noso idioma seremos todos us desterrados. Triste sería non ouguir el noso gallego-asturiano ou non ter con quen falallo.

Despós de todas estas explicaciois comentei el contido del libro. Tres poemario: Teño dolo da túa risa”, “Cántigas del Augüeira” e “Personaxe desconocido“. Os meus poemas intentan representar sentimentos e ideas; ás veces queixas ou reivindicaciois; ás veces advertencias ou temores. Pode que conten úa historia. El sentimento de desenraizamento, a señardá da casa, del idioma ou da família tamén tán presentes dun xeito que solo coas nosas palabras é posible expresar. Hai cousas que ditas noutro idioma non saben lo mesmo.

Por último llin algún dos meus poemas: “Á nosa fala” (dedicado al idioma) á “Cova del Demo” (que pode que tamén fale da inocencia ou del medo al diferente), el del “Filso da Bovia” (Este monte sírveme pra reflexionar sobre a necesidá da memória, de non esqueicer as penas e pesares). Por último llin “Ancha ausencia”, poema que lle dedico a Hilda Farfante Gayo, maestra i exemplo de vida que se criou en Boal, desde os cinco asta os vinte anos, despós de que os sous padres (os dous maestros) foran asesinados en Cangas de Narcea nel 1936 al estallar a Guerra Civil.

Condo lleo os meus poemas fágolo como se os falara pero siguen úa normativa que procura respetar as nosas peculiaridades sen distanciarse innecesariamente del resto de falas que pertencen al mesmo corpus lingüístico. Eso abre portas enormes al idioma e neste caso a min permitiume ganar un premio lliterario que non podería ganar escribindo el idioma dun xeito en exceso castellanizado ou incongruente coa normativa oficial del gallego común de Galicia. Os idiomas minorizadas necesitan apoio institucional, normativización, normalización i el orgullo dos propios falantes. Orgullo sen prexuícios. Tamén é preciso algo de esforzo dos propios falantes.

Llougo, despós da despedida musical de Toyemerendas,veo a firma de llibros que foi mui emotiva i el remate póxolo Berardo Penabade, responsable de Proxecto Neo de Radio Burela que chamou telefónicamente a Madrid, contactou coa boalesa de sentimento Hilda Farfante Gayo á que lle puiden ller en directo el poema a ella dedicado: “Ancha ausencia”.

 

(…)

Pasou. Non foi un día cualquera!

Quedou un senteiro balleiro, el tremor dun silencio,

a inclemencia dun sentimento;

el daquella pedra, vendo pasar el augua

outra vez sola, sola nel regueiro.

 

El día seguinte, 1 de abril a presentación féxose   na Caridá (El Franco). Nun local do “Complejo Cultural “ As Quintas” unde nos recibiu a Alcaldesa Cecilia Pérez quen tamén nos fexo sentir mui Agusto. Despós de aludir brevemente a mía llabor que en defensa del gallego de Asturias, referiuse tamén al sou  propio compromiso en defensa da “fala”.  El acto tamén tuvo úa asistencia razonable, foi todo máis tranquilo que en Boal i a parte da prensa encargouse de fer certa difusión nas redes sociais Germán Muiña Blanco al que non conozo personalmente. Decidín  ller outros poemas inda que repetín A cova del Demo i Ancha ausencia.

3FF573D9-0BD0-4877-9150-81A164F7C272.jpeg

 

Personaxe desconocido pode adquirirse sin gastos de envío na web da Editorial Canela ou nas llibrerías de Javier da Veiga, Vivín de Ribadeo, Pablo de Boal ou na Librería Cervantes de Uviéu.

Advertisements

A transformación artesanal del ferro en Taramundi i Os Ozcos. (S. XVI-XIX) Memoria viva del Eo-Navia.

La labranza y transformación artesana del hierro en Taramundi y Los Ozcos. (S. XVI-XIX)

El editor Pablo Quintana López (Natural de Vilanova de Ozcos) por medio de Edicións Canela S.L permítenos adquirir dentro del sou catálogo úa obra que é de especial interés pra comarca eonaviega é que foi editada en 2005 por a Asociación “Os Castros” de Taramundi. Nesta obra de dous volúmenes a cultura del ferro encontra a plasmación del traballo de campo feito por el propio Pablo Quintana e presentado a finales del 2000 coel título “Investigación sobre á Transformación del Hierro en los Oscos y la Cuenca del Eo, Estudio de una industria artesanal en el occidente de Asturias.”

É evidente que esta comarca del occidente de Asturias -especialmente el concello de Taramundi – é conocida fora por a súa industria artesana de navallas, cuitellos, cravos… pero lo que non é tan conocido é a que esa industria é herdeira dúa tradición antigua que ten incontables aspectos que investigar. Ese desconocemento implica outra realidá que é que del que pouco que se sabe inda menos se aproveita como base del futuro económico da zona.

Por eso este traballo aporta algo importantísimo, un conocemento desa historia, das técnicas, dos productos, incluso dos ferreiros emblemáticos da zona, aportando ferramentas que permiten entender esa industria da transformación artesanal del ferro -nos Ozcos e Taramundi neste estudio en concreto- pero permitindo abrir ese conocemento a outros concellos da zona unde proliferaron ferrerías, mazos, forxas i toda úa cultura lligada al ferro.

Crese que foron introducidas por xente que veo del País Vasco, que eran bus conocedores destas técnicas, pero el caso é que xa nel ano 1531 funcionaba a Ferrería de Montealegre en Castropol. Algúas destas ferreirías e mazos chegaron funcionado asta os siglos XIX e XX respectivamente.

Este traballo permite conservar a memoría colectiva da nosa zona, en parte viva, difundindo esa sabiduría acumulada.

El traballo investigador consta de dous tomos inda que  preparan un terceiro volumen.

Nel Tomo I trátanse os antecedentes históricos da metalurxia del ferro e del aceiro, os aspectos relacionados coa elaboración del cabón, a figura del ferreiro i as instalaciois da ferrería. Tamén todo el proceso productivo, a organización del traballo, insfraestructura, mecanismo, ferramentas… Hai capítulos monográficos sobre os mazos, as forxas (ou bodegas)… Nel sou último capítulo trata das distintas técnicas ( afilado, biselar, enderezado, eneixar, estirar, ferrar, forxado, o furado, remachado, soldadura, torcido, retorcido, mangar…).

El Tomo II trata del producto final da transformación del ferro, el comercio distribución, transporte de productos, os centros de producción, as personas i un apendice con documentos ben interesantes como el documento fundacional de Os Teixois i outros inda máis antiguos.

El traballo está en castellano pero el respeto por el gallego asturiano é seña de identidá desta obra que en ningún momento perde a vinculación coa realidá da que se tá falando.

La labranza y transformación artesanal del hierro en Taramunde y Os Ozcos. (S. XVI-XIX)

Editorial Canela

6099E92D-1879-4646-8998-6818C35A054E

Navalla  “Xarrapa” CCyC

Casa Manolón en Castrillón. Boal. Turismo en gallego-asturiano. El Eo-Navia medra.

Na zona Eo-Navia a conciencia da cultura propia, a autoestima, a seguridá de ser capaces de progresar é úa convicción de muita xente. A zona ten úa capacidá de lluita, úa cratividá, úa riqueza que mostra con orgullo disposta a rentabilizar todo ese patrimonio.

Castrillón xa tomou a iniciativa noutros campos (- Úa das primeiras concentaciois parcelarias  nel ámbito agrario, – inda que a honra de haber feito a primeira-primeira concentración  de todo  Valle del Navia tenlo a aldea de Merou (*)-; – A  importante Escudería Castrillón Motor Club organizadora  del Rally Subida a Castrillón  que xa se encamina pra XVIII edición i é puntuable pral Campeonato de Asturias de Montaña;-  A emblemática área recreativa que xa é casi úa imaxen turística del concello, etc.)

Agora desde Castrillón chega un empuxón á incorporación del noso idioma propio, el gallego asturiano, nel ámbito  del sector productivo del turismo e da promoción da nosa cultura.

0D59ECA2-254A-465D-9C4C-41A77B9141E0.jpeg

A casa rural Casa Manolón , con páxina web en tres idiomas, empeza un camín unde se ten claro que a cultura propia nun é un elemento separador, sinón úa chave que nos une a outros poblos fendo a nosa proposta máis apetecible, máis enriquecedora. Os turistas que valoren esa inmersión cultural atoparán en Castrillón un llugar que non esqueicerán.

Casa Manolón fai úa aportación na necesidá de atopar el xeito de que as oportunidade económicas se aproveiten sen poñer en peligro a supervivencia da cultura propia, al contrario, fendo desa cultura un valor que aumente el apego social por a convenencia de mantella.

A importância i a transcendencia de feitos como este está sobretodo en que representan romper con el chamado auto-odio (estigmatización negativa da cultura propia por a cultura dominante)  i en que son úa chamada de atención importante ás  Administraciois Públicas pra que cumplan coel sou mandado constitucional  de que as llinguas  españolas sían  tamén  oficiales nas distintas  Comunidades Autónomas coa obligación, imperativa, de que a riqueza das  distintas modalidades lingüísticas de España son patrimonio cultural que debe ter  un especial respeto é protección.

Páxina de inicio de Casa Manolón:

95D8AF23-ADD6-4640-BA53-4896C6071A83

“Benvido á Casa Manolón, en Castriyón de Bual (Asturias), nel corazón del Parque Histórico del Navia, unde a tradición y a cultura van da mao.

Atópase nun llugar ben guapo, núa zona de montaña, pero non llonxe del mar.

Si lo que busca é un sito pa folgar, un pueblo p’acougar y úa contornada pa que nun lle esqueiza… achéguese a vernos.”

http://www.casamanolon.es/inicio-fa/

FBAA0B91-604F-4CEB-8362-2FA527D071A8

 

Tamén se explica como é Castrillón:

“El  que más chama el atención de Castrillón, -dicen na web- ademáis da paisaxe, é sobretodo a xente amable i achegada, que goza sin presa da súa terra e que coida con muito agaio da  llingua, da súa fala, das tradicióis e da cultura.

A1E6054D-9521-468B-B768-2AEC09A958EA

http://www.casamanolon.es/inicio-fa/

 

(*) Merou sempre sufríu un maltrato inxustificado.  Condo eu era un chaval había un letreiro na carretera que puía Merón. Decíannos que era el nome en “castellano”. Por si fora pouco os de Roxíos tíamos aquel refrán: “El que vei a Roxíos come pan e toucius; el que vei a Merou que lleve pan del sou.” Sendo como era Merou un sito ben productivo i que nas súas casas sempre se tratou á xente igual de ben que noutros sitos da zona.  Pero mira por unde fixeron a primeira concentración parcelaria de toda a ribeira haxa del Navia i xa nin nos acordamos.

Felices festas i bon ano novo 2018

9C8100B2-68EE-4F34-B344-FA0852FF48A0.jpeg

 

El nacemento de Boal.

(…)

Fai hoi us dous mil anos

(a mía memoria é mui flaca)

a empadronarse corrían

a Belén xente de traza.

Tamén iba San José

i a Virxen, súa esposa casta,

a cumplir con el precepto

que un rei terreno mandaba.

– ¡Que frio fai, decía tio Pepe!

¿Conto me dolen as patas!

– Pouco falta -dixo a Virxen-;

de Belén xa vexo as casas.

Acercáronse a úa porta

que dun palacio pintaba,

chamaron dando dous golpes;

nin un alma contestaba.

Asomouse a un corredor

un señor das pernas llargas:

-¿Que buscan a estas horas?

-dixo con mui mala cara-

-Buscaba casa cuberta.

-Ídevos; nun dou pousada.

Ídevos aunque morrades

de fame i frío na invernada;

casa cuberta nun dou

aos probes que nun la pagan.

Fóronse camín del monte;

os dous de frio tiritaban

i dando gracias a Dios

metéronse núa cabana.

Nel reló deron as doce,

San Xosé el llume atizaba;

entonces pariu a Virxen

a Dios entre úas pallas.

¿Como trembaba de frio

Xesucristo na cabana!

¡Ben deitou del boi i a mula

que un pouco lo calentaban!

Xesucristo foi adorado

dos pastores na cabana-

De Belén…, nun quixo a naide;

¡era xente sen entrañas!

Tampouco han querer nel cielo

a xente de malas mañas

que aos probes que llo  piden

mándalos sin dar pousada.

(…)

El Nenón.

 

El nacemento de Boal é úa tradicional representación feita na igresia con un texto atribuido a Francisco Fernández Novo, un carpinteiro chamado “El Nenón” (A Barreira, Boal 1842-1922).

Según informa el profesor Xoán Babarro González, en “Evos un amaicer mui guapo” (ISBN 978-84-8158-352-6) el nacemento era un acto que todos os vecios aguardaban i ensaiábanlo nenos i nenas que acudían al catecismo. Susina de Boal recorda a súa participación con Loli de Lala i Conchita da Paca. Tamén consta que en 1925 foi recitada por Emilio Fernández López.

El texto presenta úa escena “núa noite de xelada” na que á casa de Mingón chega Pericón da Baxada. A familia, hospitalaria, dalle de comer castañas, úas concas de caldo i “de lleite úa cazolada” . Nesa situación Pericón, agradecido por el trata que lle daban, recorda i conta a historia del nacemento de Jesus féndolles un alago aos que lo convidaban.

 

Pos eso, felices festas i bon ano novo.

Que el recordo destos textos nos faga ser máis solidarios cos que sufren. Que as festas natalegas tamén van un  pouco deso. 

Farruco Graña: el escritor que dá clases en Tapia de Casarego.

9AB28BA9-58DD-4E12-95E8-ACD5EF01C211

Farruco Graña naceu en Carballo, Galicia (1966). É concelleiro en Ribadeo (Galicia tamén) e profesor de Filosofía nos IES de Tapia de Casarego. (Neste caso xa Asturias).

Nel Eo-Navia temos costume de nun mirar muito que sucede ao outro lado del rio Eo, como si esa paisaxe aberta, esa llibertá que tein as auguas del mar  Cantabrico e os ventos da Bobia de circular ceibes  nun a tuvésemos os humanos. Eso é algo que non lle sucede a Farruco Graña como evidencia el libro de contos “Badaladas de Anllóns publicado el pasado mes de xuno por Edicións Embora.

Nel conto “O tren de Vilaodriz” a comunicación entre as dúas ourellas é evidente: “ Visitaban todas as feiras da contorna a unha e outra beira do Eo. De Boal a Foz e Burela, ou de Navia ata Mondoñedo e Riotorto. A don Manuel a súa experiência serviu lle para conocer mói polo muiudo ás xentes dun e outro lado.

Farruco Graña  traballa en Asturias e xa ten de sobras superadas esas miradas que nun llevan a ningún llugar. El sou aprecio e conocemento de un llado e outro é evidente. El autor de “O bosque de Nagore”  e “O soño de Xoán” presenta nos relatos de  “Badalaldas de Anllons, (un rio que desemboca el océano Atlántico)   un puñado de hestorias, case todas premiadas,   que falan da lluita das xentes por salír pralante e que valen pralló e pracó.

Por eso el autor nun se queda nas ribeiras del Anllóns, os sous relatos tamén falan de verdades que forman parte das terras del Eo-Navia, porque os sous personaxes viven as nosas vivenzas. El lector saberá atopar el que digo e descubrir esos detalles dos que falan os badallos das campás que Farruco soubo escuitar e transformar en contos.

Pode que a muitos asturianos desta comarca lles poda costar un pouco (ao empezo)  ller en galego común, ou quizáis no. Esto depende máis de predisposición que de ningúa outra cousa xa que conocemento del idioma temos. Vamos probar.

Este é el empezo del conto “A dama da Pedra Moura” :

Máxima naceu preto do petón de Calvelo, na casa do Curro. Des que era ben noviña acostumouse a ver por entre os regatos e as fontes á vella da cova de San Paio da Devesa. Os anciáns da aldea dicían que esa medio bruxa andaba roldando os lugares da contorna para enfeitizar aos mozos e levalos con ela a outro mundo. Aos pequeños avisábanos ben que era úa papanenos…” (…)

Que? Como foi a cousa? Entendemos ou nun entendemos?

É vidente que pode ser útil ter  ao pé un movil ou úa tablet coel Diccionario Galego da Real Academia  Galega  e dese xeito saber que petón é úa pena que sobresale nel mar, pode que un outeiro. Se nun lo averiguamos polo contexto, claro.

Nel relato fálase da fervenza de San Paio da Devesa. Úa fervenza de  auguas que caen a cachón, un salto de augua, úa cascada…úa seimeira… Todas estas  palabras que aparecen nel texto utilízanse nalgún sito del  Eo-Navia pra definir ese augua que se precipita por el desnivel del tarrén i amaña borbollas, espuma branca e ruxe como se fervera. Todas son palabras nosas e todas tan nel dicicionario galego xunta con outras que pode nos resulten menos conocidas.

Hai úa conexión cultural entre esas ribeiras del Anllóns e as nosas ribeiras, algo que se transmite  na forma de escribir de Farruco que caltre no noso xeito de ver el mundo. A “Pedra Moura” existe realmente. É un dolmen inmenso, un enterramento de hai máis de 4700 anos del que contan que as pedras foron acarrexadas por úa muller  desde el “petón de Calvelo”, mentras iba filando núa roca e dándolle de mamar a un cativo. A primeira parte da hestoria é exactamente a mesma cá del dolmen de Entrerrios (Concello de Eilao) , al que nosoutros chámamos “Pedra da Filadoira”.  Seguramente trátase da mesma muller pero condo chegou as ribeiras del Navia ou lle quedou  esqueicido el neno nalgúa aldea ou el pequeno  xa medrara tanto que xa nun mamaba.

Ademáis escondidos  nestos contos están as reflexiois del Farruco filósofo que nos dice i advirte han de volver os tempos nos que de novo a maneira de ser das aldeas recupere a súa importancia, porque, recorda,  agora, equivocadamente,  todo pasa pola finura dos da villas sendo como é falso  que nel  campo todo seña atraso e xente bruta.

Farruco avisa como se lle falara á madre terra: Non esqueizas os sous sons, as súas verbas. Pra ser tu mesma precisas dun punto de referencia desde el que poder evolucionar xa que  sempre teremos que volver ás orixes pra emprender de novo outra senda.

Creo que os que se decidan ller ,con paciencia e pouco a pouco os que  teñan menos hábito, van a disfrutar destos guapos relatos del vecín Farruco Graña, ese escritor que é profesor en Tapia de Casarego.

0865F05C-31D4-4A69-91C9-B6AB3250FD26

 

XXIX Semana Cultural de Santiso de Abres. 

Nas terras del Eo-Navia xa hai tempo que vein sucedendo cousas que indican que a comarca está recuperando a autoestima que  se foi  coel éxodo rural, coa emigración,  coel abandono del medio rural. A discriminación económica i social xunto coel nun ter fiunza nel propio futuro acaban creando un sentimento colectivo de derrota.  El Navia-Eo lluita por existir, lleva semando muito tempo i pode que xa se acerque el tempo de recoller, de superar el autoodio que nos descompón.

Hoi a comarca Navia-Eo ta ganando a engarradella contra el propio desánimo i volve a identificarse como colectividá que sabe que a zona merece a pena, que os recursos de que se dispón son valuosos, incluido tamén  el idioma que se fala, del que os depositarios cada vez tein máis concencia de que é un idioma como outro cualquera digno de ser cuidado i respetado.

Inda un pouco estragallados, ás veces asta pensando que se defenden intereses diferentes, en todos e cada un dos concellos eonaviegos hai personas i colectivos que están a traballar por conseguir convertir el medio rural nel que viven nun espacio atractivo i de futuro. El axudarse entre iniciativas, entre colectivos i asociaciois, entre concellos i superar demarcaciois administrativas i territoriales  é un reto a superar al que inda lle costa desaparecer. Pensar como comarca, aprender de lo que fain os vecius, axudarlles a que as súas iniciativas teñan  éxito é úa asignatura que necesita algún repaso.

Realmente hai muita xente que lleva tempo semando: A XXI Semana Cultural de Santiso,  el XIII Encontró de Portadores da Tradición Oral, a XXXIV Noite Popular de Porcía, el XVII  Rally Subida a Castrillón,   As XV Xornadas de Historia Local de Ribadeo,  é XIV Xornadas de Historia Local de Navia,  a XXXI Feira da Mel de Boal…a IV Festa Indiana de Ribadeo i a II Festa Indiana de Boal.  El motor social da comarca eonaviego rumba.

A XXIX Semana Cultural de Santiso de Abres, que se celebra del ventiún asta el ventisete de agosto na plaza de San Xuán de Santiso, desenvolve un programa que ten úa riqueza que paga a pena comentar.

El acto emblemático é a XV Malla do Trigo del día 27 de agosto ás 17.00 i el XIII Encontro de Portadores da Tradición Oral, ese mesmo dia con comida popular e música tradicional polo grupo Eco das Minas.

Mallar lo trillo, como dice el Presidente da Asociación Cultural San Tirso del Eo, Ángel Prieto Souto,  nun se fai nun cachín. El trigo hai que plántallo, cuídallo, recollelo… Vamos que hai muito traballo detrás. Así son as actividades culturales; el sou valor está en lo que enriquecen aos participantes pero detrás hai muita xeira. Ese traballo colaborativo i a satisfacción que llevan os que tein el acerto de ir a estos actos é lo que fain que con ellos a comarca medre i salga dese desánimo del que falaba al empezo. Estas propostas de ocio, de aprender, de compartir, de divertirse dun xeito constructivo son as que crean músculo social, as que reforzar os lazos e xeneran el combustible pra que el motor da comarca volva a ruxir i crean comunidá. Porque el que fai progresar é lo que se fai pral crecimento i  disfrute dos propios habitantes da zona. El resto, guste ou non, son espexismos.

El martes 22 fálase de educación, el mércores un poeta e doctor en periodismo Héctor Acebo, natural de  Santiso, explica  pra que sirve a poesía; el xoves viaxan polas “Ruta dos 2000 pasos i Vía Rexia”. El sábado presentan el poemario “Reflexos de mi alma” de Carmen Luisa González, a novela “Badaladas de Anllons” de Farruco Graña i el ensaio “Os nomes do terror” coordinado por Moncho Ermida.

El sábado 2 de setembro celébrase el Encontro Comarcal de Asociaciois del Noroccidente. Úa oportunidá pra coller alento i xuntar esforzos. Pralante vecius.

XV XORNADAS DE HISTORIA LOCAL COMARCA DEL EO. ÚA HISTORIA EN COMÚN.

A última semana de xullo celebráronse en Ribadeo as “XV Xornadas de História Local Comarca del Eo.”

Por esa circunstancia el  xoves 26 de xullo  na Casa del Mar de Ribadeo,  invitado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, participei xunto al poeta i xornalista de  Santiso, Héctor Acebo, nun coloquio nel que falamos sobre el idioma da nosa terra como vínculo colectivo.

Agradecer á organización el acerto desta convocatoria, en especial á presidenta da agrupación cultural, Dores F. Abel, polo sou xeito cariñoso de recibirnos i al moderador da charla, el profesor  Suso F. Acevedo, que fexo un traballo excelente garantizando a fluidez del debate i fendo posible que entre Héctor Acebo i eu houbese úa conexión que nos fexo disfrutar i sacarlle proveito al evento.

El acerto del que falo é que este acto cultural supuxo un abrazo amigo de Ribadeo cos  concellos da beira asturiana del Eo. Un abrazo sinceiro i  aberto que transformouse  na dedicación destas “XV Xornadas de história local comarca do Eo” á comarca eonaviega, xunto a  outras iniciativas  que se desenvolven nel mes de agosto, como “Poemas no balcón” i recitados que  tamén terán como protagonistas a poetas eonaviegos.

IMG-20170810-WA0005

As fronteiras administrativas i políticas crean úa división real i al tempo artificial de comunidades i poden ser muitas veces  divisiois que nun se corresponden con mundos ou culturas diferentes. El idioma, al mesmo tempo que outros élementos culturais, é algo que na comarca Eo-Navia nos xunta. Nel xeito de falar de Ribadeo terminan os plurais igual que os de Boal, decindo corazois, camiois… Tamén fain os diminutivos como nosoutros i dicen paxarios (pronunciado úa  /o/ pechada que parece paxarius) i tamén camín, foucín… Dicen chuchos (non bicos) i al monte van, como nosoutros, cúa brosa i dicen xa tá condo xa tá. Podemos comunicarnos tranquilamente nas nosas falas porque pertenecen al mesmo corpus lingüístico. Son falas galegas da mesma llingua. Manter relaciois é natural i enriquécenos a us i outros. Nun se entende que tando tan xuntos nun nos conozamos máis por culpa dúa raia que solo está nos mapas.

Nel coloquio fixemos algo de historia. Recordamos a colección diplomática del cenóbio de Vilanova de Ozcos (1) con alredor de 600 documentos dos séculos XI, XII, XIII i XIV escritos en galaico-portugués i que fain proba de que Asturias é  úa Comunidá Autónoma que debe reivindicar como idiomas propios tanto el gallego-asturiano (el galego de Asturias) como el asturiano (el astur-leonés).

Comentamos as equivocaciois que aparecen nos vocabularios, publicados en 1932 por El Centro de Estudios Históricos  i recollidos por el boalés Bernardo Acevedo y Huelves i por el franquín Marcelino Fernández y Fernández que aparecen baxo el desafortunado título de “Vocabulario del Bable de Occidente”. Nese llibro aparecen errores al identificar as tribus prerromanas que habitaban el territorio, (2) (dícese que eran pésicos, condo eran tribus galaicas de egobarros, cibarcos i albiois. Esos equívocos  al identificar el idioma como bable vein seguramente dúa percepción dende a inferioridá da nosa fala téndola de menos categoría que os falares del centro de Asturias. Eso xa nun se dá na xente nova a pouco que teña  algo de información.

IMG_4836

Ese impropio título i el resto das icorreciois son acreditadas por os propios estudos del que era naquel tempo Presidente da “Academia de la Lengua Española “, R. Menéndez Pidal (3) que de forma expresa i contundente  reconoce nos sous traballos tanto que el gallego-asturiano é úa fala gallega como atribuir esa circustancia al feito de que a zona taba habitada, condo chegaron os romanos, por as ditas tribus galaicas. Ese mesmo feito é manifestado por Dámaso Alonso (4) i outros eruditos de prestixio innegable.

A introducción dese vocabulsrio unde Pidal i Martínez cometen esas confusiois débese seguramente a un acto de amistá, xa que Marcelino Fernández estaba apunto de morrer i quería ver publicado el traballo, tal i como explica el propio Menéndez Pidal, (5) pero el resultado foi que coel desatino provocaron que traballos posteriores repetisen el mesmo fallo.

Na charla abordamos tamén a situación legal del gallego-asturiano, as medidas de normalización, a necesaria participación correcta dos medios de comunicación asturianos, a importancia, ou non, dos escritores i axentes de cultura que, as veces, son máis un atranco que un avance convertindo en cousa de poucos un patrimonio que é de todos, ou incluso  colaborando en vulgarizallo.

Héctor Acebo máis eu coincidimos en identificar como prexuício a evidente discriminación i a situación del idioma propio da nosa comarca. Os dous rechazamos a tutela da Academia da Llingua Asturiana, a única del mundo que tutela dous idiomas distintos i que, nel noso caso, está favorecendo úa degradación evidente i úa doble minorización del idioma gallego de Asturias.

Hoi a comunidá de falantes de gallego-asturiano de diecioito concellos de Asturias nun ten un representante ni úa institución propia que defenda os sous intereses nos sitos en que deberían ser defendidos, incumplíndose cartas e tratados sobre dereitos lingüísticos.

Certamente discrepamos algo respecto al organismo de tutela, pos si Héctor Acebo considera que ten que ser a Academia da Lingua Galega mediante a oficialidá del galego na zona, (seguindo os modelos del catalán das “Illes Balears” ou el euskera en Navarra) eu soi partidário da existencia dun Centro de Estudos del Gallego de Asturias, que chegue a acordos pertinentes coa Academia i el goberno gallego, (como se fai nel caso del Bierzo) que garantice os medios pra lograr que el gallego-asturiano medre, que os falantes valoren el gusto de falallo ben i non de cualquier xeito, que propicie úa normativa que repete as nosas peculiaridades sen separallo del sou corpus lingüístico, que permita acceso a estudios que faciliten as certificaciois de conocemento en igualdá de condiciois aos falantes de gallego de Galicia i que seña úa férreamenta cultural de medría económica da nosa comarca.

IMG_4805

          El acabo puxéronlo os artistas del grupo Toyemerendas que regaláronnos con  música de poemas de noso i que nos fixeron rematar el acto con ganas de que nun acabase. A  voz única de Ruth Martín, logrou convertir el encontro  nun espacio unde música, poesía i debate fundíronse mansamente.

(1) “ Y Dey nomine, amen. Cunusçuda cousa seia a quantos esta carta viren commo eu María Uicentez de Cedamona vendo a uos abbade don Guillermo de Santa María de Villa Noua d’Oscos e ao conueto desse mismo lugar quanta heredade eu aio e deuo auer en Çedamona… (…) “Feyta a carta en Gyo. Era de mil e CC anos. Reynante rey don Fernando en Castella e en Galica. Martines episcopus in Ouedo.”  (Cartulario de Vilanova de Ozcos, Venta de María Vicentez. Ano 1162)

(2) “ El bable del Centro y del Oriente de Asturias tuvo su literatura. (…) Pero la parte Occidental de la provincia, sobre todo la comarca Pésica de que nos habla Estrabón, Plinio y otros antiguos escritores ( territorio comprendido entre el Navia y el Eo) que se halla entre los 120 y 152 km. de Oviedo, sin ferrocarril, vivió siempre en el mayor aislamiento, y de ahí, y por estar cerca de Galicia, que se conserve más puro su antiguo romance, muy parececido al leonés occidental.” (Marcelino Fernández y Fernández,  Vocabulario del Bable de Occidente, 1932)

(3) “ El gallego se extiende por una faja de unos ocho kilómetros al Oriente del Navia. Probablemente por razónes históricas ta antiguas, que tendrán algo que ver con el límite de los conventus jurídicos Asturicense y Lucense; el río Navia, según Plinio, separaba a los astures pésicos de los gallegos lucenses” ( Menéndez Pidal, 1906, 31)

(4) “ El desgraciado título que al juntar los Vocabularios de Acevedo y Fernández se puso por El Centro de Estudios Históricos al libro (Vocabulario del bable de Occidente) ha hecho que varios investigadores llamen a esta hablas “bable occidental” es un nombre que no produce sino confusión con el “asturiano occidental”. Que es otra cosa distinta.” (Dámaso Alonso)

   “Estas hablas de entre el Navia y el Eo fundamentalmente gallegas, pero con algunos rasgos asturianos, las designó con el nombre de gallego-asturiano.” (Dámaso Alonso. 1945: 391)

(5) ” Mi antiguo amigo D. Marcelino Fernández, herido de mortal enfermedad, no dejaba de sentir, entre sus dolores tísicos, esa preocupación porque un trabajo suyo de mucho tiempo fuese quedar perdido.” (Menéndez Pídal. Vocabulario del Bable de Occidente, 1932)