Benigno Fernández Braña: Parece que non se entende que existan asturianos que se expresen en galego

Publico outra das mías entrevistas publicadas nel “Suplemento Cultural, arte, letras e pensamiento” del desparecido periódico “La Voz de Asturias”. Despós de 30 años son úa instantánea da historia cultural da Asturias daquelos tempos.

Neste caso el entrevistado é, como díría Carbalho Calero, un excomulgado, un ser anónimo que falou prás xentes. A súa voz ouguíuse e tuveron que prestarlle atención, pero os tecnócratas non querían admitir esa voz que descuadraba cos sous prexuízos así que sacaron as bandeiras, inventaron problemas onde non los había e fixéronse pequenas correcciois institucionais coel propósito de non cambiar nada. (Suplemento núm.33 de 21.VI.1990)

Benigno Fernández Braña foi Presidente de Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca, un movemento cultural que dignificou e conseguíu erguer a voz propia e diferente da Asturias de fala galega demostrando que dende el medio rural tamén se pode lluitar contra el abandono, a discriminación i el esqueicemento fendo un traballo cultural de primeiro orden.

A entidá asociativa féxolle tambaliar al goberno asturiano que transformou el sou desconocimento da realidá trilingüe de Asturias nun conflicto coa vecía Comunidá Autónoma de Galicia.

Naquelos días exerceuse úa presión enorme aos  alcaldes da zona pra que renegaran das reivindicaciois,  asustóusenos coa amenaza absurda dúa invasión cultural gallega. Muitos  eran/son conscientes de que lo que si era  verdá era  el abandono histórico da comarca de fala gallega por el centralismo asturiano.

El idioma  propio de parte dos asturianos nin se nombra nel Estatuto de Autonomía e, de feito,  a maioría pensaba que el idioma propio de Asturias era el bable sendo el gallego eonaviego un dialecto déste.  

El goberno asturiano caeu nun discurso pseudo nacionalista asturiano ausente de nacionalismo asturiano: el centralismo españolista monolingüista de toda a vida

Os conflictos que nos médios de comunicación publicitaban descalificando ás xustas reclamaciois da MDGA non tían razón de ser  e partían de insinuar úa suposta e inexistente rebelión secesionista nas terras eonaviegas. 

Ese ataque contra a diversidá cultural poxo en evidencia un dos males máis importantes que tía Asturias:

El allonxamento empobrecedor das reices agrícolas, el olvidar quén fomos, el tar adormecidos núa falsa modernidá non asentada en firme. Asturias vivía na entelequia da importância dos sectores económicos da siderurxia ou el carbón. As artes i as letras necesitaban el visto bon de Madrid. Asturias era economía de tipo monocultivo e imperaba na  política lo que chaman “provincianismo”.

Porque na realidá aquella Asturias seguía asonagada na moda de empezos del século XX que practicaban personalidades como Menéndez Pídal ou Unamuno que afirmaron que a verdadeira cultura non se podía manifestar nas línguas vernáculas (definición coa que intentaban fer desas linguas propias us simples dialectos)

Con motivo da fundación da Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) aquellos eruditos cuestionaron a necesidá dun estandar lingüístico pral euskera pois lo sou era expresarse nas línguas cultas que eran el castellán ou el francés. El momento actual del euskera descubre conto de equivocados taban.

En Asturias ese papel protagonizáronlo Emilio Alarcos Llorach e Gustavo Bueno que fundaron a Asociación Amigos de los Bables.

El cerno da cuestión é el desprezo das propias potencialidades: Todo nel mesmo saco de trastes a abandonar: agricultura, gandería, pesca, a riqueza dos montes, a cultura popular, os idiomas autóctonos. Nada desto valía pra crear riqueza. Fuxir e avergonzarse dos orixenes rurales. Tamén certa zuna á modernidá tecnolóxica e cultural que outros llugares si afrontaron. Tábamos gobernados analóxicamente e el resultado é el que é.

Pero esa estigmatización dos valores culturales propios, el esqueicer el noso ser, el engobellamento mimético de Asturias na concepción centralista heredeira del franquismo, rematou nun desconfiar da pluralidá e na negación de diversidá de Asturias mesma creando úa Autonomía acobardada, sen personalidá, que renegou de ser nacionalidá histórica é de asumir un marco competencial alto.

Por eso a frase de Benigno ten muito fondo “ Parece que non se entende que existan asturianos que se expresen en galego”

Aquella Asturias pouco cuidou os tesoiros culturales que guardabamos e inda guardamos nel Eo-Navia. El problema é que non los consideraban valores de Asturias. Eran incapaces de entender.

Nel momento actual xa se acepta que hai asturianos que falamos un galego cúa personalidá interesantísima, pero costa utilizar esta palabra “gallego”  sen adornalla ou sustituilla: gallego-asturiano, fala, eonaviego. Nas medidas pra garantizar el futuro del idioma non existe debate sinon imposición e inacción.

As preguntas  que hai que fer non son aquellas das sospeitas contra a diversidá, as preguntas son outras e van encaminadas a se tamos dispostos a cumplir cos mandatos constitucionales de garantizar os dereitos dos falantes.

Esconder esa realidá,  ocultar esas preguntas e non buscar xeitos de incluírnos nel paradigma de lo que se considera ser asturiano é algo que se fexo patente hai trinta anos.

Tá por ver si nalgún momento se respetará e fomentará el orgullo i a dignificación  de ser como somos, ou si continuaremos nesta dinámica de disimular a  parte que ten el noso ser de preciosa galleguidá. Dámaso Alonso chamoulle  á nosa fala gallego-asturiano, e así se lle chama na lei del Principado pero inda hai muita xente que sigue nel prexuício  contra lo que consideran un estigma.

Ser asturianos de primeira implica non ter censuras.  Si  se vei seguir tratando el noso idioma como si fose a fala dúa tribu asturiana á que se trata con condescendencia, pagándolle con faragullas mentras se lle quita el exercício dos dereitos que lle corresponden, el destino é el que xa vemos, a desaparición cultural e económica da nosa zona.

Tá Asturias xa preparada pra reconstruirse? El galego de Asturias está inda vivo, temos certa voluntá de resistencia pero hoi como entonces el patrimonio cultural e lingüísco del Eo-Navia son úa forza sin a que non saliremos pralante.

Decíalo Benigno Fernández Braña hai trinta anos e desde entonces demos muitos pasos firmes camín da extinción colectiva. A ver si os novos son capaces de recuperar el idioma que lles roubaron.

E tempo de que xente nova dé el paso de volver a falar el idioma que intentaron quitarnos.

Eu creo que inda hai formento, que algo quedou nel fondo das nosas maseiras. Hai que fer pan novo, pero ten que ser pan de verdá.

Antón García, trinta anos traballando pola “llingua” Asturiana e por el gallego asturiano.

Publico outra das mías entrevistas publicadas nel Suplemento Cultural, arte, letras y pensamiento del desparecido periódico “La Voz de Asturias”. Despós de 30 años son úa instantánea da historia cultural da Asturias daquelos tempos. 

Neste caso comparto a entrevista que lle fixen a Antón Garcia, naquel momento Coordinador del Servicio de Política Lingüística del Principado de Asturias e que, casualmente,  na actualidá é Director Xeral de Política Lingüista del goberno presidido por Adrián Barbón. 

Como escritor Antón García foi protagonista da chamada Segunda Xeneración del Surdimiento en compaña de  Xuan Bello, Berta Piñán y Pablo Antón Marín Estrada.

Nel  momento da entrevista xa tía un importante currículum lliterario pois era Premio Xosefa Xovellanos de novela del ano 1987 con “El Viaxe”, autor del poemario “Estoiru” (1984) e “Los dies repetíos” (1989) e da traducción de “Memoria d’otru ríu” del portugués Euxenio Andrade.

Nesta entrevista preséntase un Antón García editor xa que dá novas del sou novo traballo, a edición del llibro La Xudit (1770) de Xuan González Villar y Fuertes (1990). Comenza polo tanto el Antón García que dentro dus anos  fundaría Trabe e despós a Productora Audivisual e Editorial Altadera.

 

VIDRU

son tresparentes las palabras que digu,

las que deixu tendidas

na marietsa clarencia lus caminus.

Antón García.

 

Antón García valora el panorama lliterario del asturiano daquel momento. Temos aquí a visión dun dos que fixeron realidá aquel rexurdimemto lliterario e cultural que é atemporal e que constitue a soleira na que se asentan os traballos é lluitas del presente.

Por eso as súas referencias á necesidá de separarse de discusiois entre lingüístas e dar pasos camín da relevancia lliteraria, da normalización,  da presencia da llingua dentro de outros sectores e de fer del asturiano un idioma de uso diario son algo anticipado nel tempo.

Antón García parece preocupado por un modelo de defensa del asturiano que  fai al idioma extraño nas rúas pra os falantes habituales.  Home de poucas e exactas palabras  foi recibido nel cargo de Coordinador da Oficina de Política Lingüística con fougo aberto, nada de francotiradores, política de acoso absoluto por parte da Academia de la Llingua Asturiana que nin lo recoñecía nin se sentaba a falar con él. Esa institución quería el control absoluto e utilizou todos os médios que puido intentando tumballo. 

Afirma Antón García: “Como es una persona que habla ex cátedra, no necesita explicar ningún tipo de razones; lo dice Arias y es suficiente. Yo desconozco cuáles son las razones, nunca me las explicaron y no creo que se me vayan a explicar, entre otras cosas porque dudo sinceramente que existan, pero en todo caso, independientemente de que una persona te pueda caer mejor o peor y de que estés más o menos de acuerdo con el trabajo que realice, ese tipo de actitudes son muestra de una falta de educación”. 

Lamentablemente aquel estilo sectario de García Arias, que era máis cousa del propio personaxe  que da institución,  fexo inviable un comportamento sensato e dialogante da Academia durante decenios en muitos asuntos. Supoño e espero  que  nalgún momento desaparecerán as últimas mochicas que quedan daquel llume incomeniente e  destructivo.

As cousa tán cambiando e aquellos que fixeron el millor traballo hai 30 años ocupan hoxe cargos importantes: Berta Piñán como  Conselleira de Cultura e Antón García    na Direción Xeral de Política Lingüística. El sou éxito será el noso éxito, el de todos/as os asturianos.

Del gallego eonaviego tamén falamos na entrevista e quedan tres cousas claras:

Primeiro que a existência na nosa zona dun gallego con peculiaridades crea -dice Antón García- un problema llingüístico en Asturias. 

Segundo: Que os ”estudos”  feitos nos concellos gallegofalantes dan como resultado inequívoco que nos considerábamos asturianos, polo menos nun  95 por cento dos encuestados.

Terceiro: A existencia na zona dúa gran desinformación en relación a lo llingüístico que se concretaba en que, inda que había un alto porcentaxe que mostraban interés por aprender a ller e a escribir, ese porcentaxe baxaba na conciencia da necesidá da presencia nel sistema escolar. Infírese falta de conciencia de ser depositarios dun idioma, non dun xeito de falar ou dialecto menor.

Certamente na prensa  de entonces non había día que non sacasen titulares erguendo el problema lingüístico da existencia de falantes de gallego en Asturias . Era úa campaña mediática de sectores que rechazaban a diversidá cultural e traballaban en contra del gallego de Asturias e dos que lo defendíamos  pero que en realidá victimizaban inda máis a nosa fala coel propósito de convertilla  nun problema e nun estorbo pra, dese xeito, atacar al  outra víctima del nacionalismo monolingüe, el asturiano.

Antón García evidentemente opinaba que  úa Asturias con diversidá llinguística non era ningún problema sinon úa oportunidá pero con estos bois lle tocou arar e constatou    algo que ocurría. Esas cousas de intentar amañar discusiois coas riquezas llinguísticas del Estado siguen sucedendo. Os intereses son defender el propio status quo e non facilitar dereitos que si  se reconocen nas leises vigentes.

Foi úa pena que aquella batalla la acabase ganando a Academia de García Arias á que lle deron, inxustificadamente, competencias sobre el gallego asturiano e impoxo el sou réximen absolutista.

El resultado da súa xestión é triste. A sociedá eonaviega sigue desinformada i a política que se persigue é a de convencer aos falantes de gallego-asturiano de que non falan gallego,  bablizar a modalidá lingüística intentando fer ver e crer que se trata dun idioma  con diferencias esenciales e separadoras del  resto de falas galegas, algo que compromete el futuro del idioma. Por suposto  el acoso e derribo dos que opinan diferente féxose  moneda de curso legal.

Por qué? Ignorancia? Intolerancia? Abuso de poder? Desprecio ás minorías? Seguramente  evitar aceptar pral gallego  de Asturias avances que sabíanse incapaces de chegar alcanzar pral asturiano. Que el responsable de úa institución como úa Academia dúa Llingua faga das llinguas tema de discusión non pode ser máis errado; e máis inda meténdose a falar de falantes doutra llingua que non debería ser competencia súa.  

Esperemos que nalgún momento Asturias implante úa Academia, Instancia Técnica ou Centro de Estudios del Galego asturiano, con recursos propios e preocupada exclusivamente por a comunidá de falantes del gallego eonaviego.

Penso que as cousas tán cambiando e que tanto el asturiano como el gallego del Eo-Navia avanzarán. Dependemos del asturiano. Se éste non consigue dereitos tampouco os conseguiremos na comunidá de falantes de gallego-asturiano pois a voluntá colectiva é que se faga responsable el noso goberno. 

Opino que el noso goberno debería adoptar úa posición cultural e científica e non tratar el noso idioma mantendo a diglosia, el desconocemento e el suicidio na inmersión nas falas locales separadas da norma culta del gallego. 

Nel Eo-Navia poñemos el orgullo pola nosa fala i a ausencia de conflicto real,  pero necesitamos un goberno que cuide seriamente de lo noso.

Espero que Berta PiñánAntón García dean agora pasos decididos.

Asturias é trilingüe e eso ten que ter consecuencias nos dereitos dos asturianos e asturianas. El gallego de Asturias non se pode tratar con políticas de amigos dos bables (ou amigos das falas) Non se debe traballar sen criterios científicos.

Outros noticias del mesmo Suplemento núm. 55 de 24.01.1991.

9CDBAA83-98EC-4733-961A-AD93897A6208

 “Reseña de 20 pintores asturianos” de Víctor Alperi. A crítica musical de Jesús Villa Pastur.

 

 

Max Pfister. A necesidá da voluntá da xente na defensa da fala materna.

Publico outra das mías entrevistas publicadas nel Suplemento Cultural, arte, letras y pensamiento del desparecido periódico “La Voz de Asturias” . Despós de 30 años son úa instantánea da historia cultural da Asturias daquelos tempos. 

A portada del suplemento ábrese nel número 42 (25.10.1990) coa entrevista que lle fixen al prestixioso lingüista suizo-alemán, tamén profesor, lexicógrafo e romanista Max Pfister que dá úa serie de consellos pra conseguir dignificar as nosas linguas autóctonas. Penso que dalgún xeito esas recomendaciois foron tidas algo en conta por parte da sociedá asturiana pero é evidente que dun xeito insuficiente, sobretodo nel caso del gallego-asturiano.

Max Pfister afirma que é fundamental que os falantes utilicen a súa lingua con certo orgullo pero que tamén é necesario el interés en preservar el idioma dos poderes públicos, da igresia e de todos os portadores da cultura.

El requisito máis importante -dice- prá normalización dúa lingua autóctona é a voluntá dos falantes de utilizala en todas as situaciois posibles. “É difícil salvar un idioma condo os padres pretenden que os sous fillos la cambien por outra máis ventaxosa”

É fundamental -asegura el profesor Max Pfister–  crear úa opinión pública de concienciación da necesidá de defender a lingua materna (…) a importancia de ser bilingües e saber el por qué da transcendencia da lingua materna: “Porque un neno que non fale a lingua dos sous padres non pode entender lo esencial da cultura (…) e sufre úa forma de desenreizamento permanecendo al marxen da propia civilización.

Profesor Max Pfister

 

Outros contidos del mesmo número del Suplemento Cultural da Voz de Asturias:

img_7112-1

Entrevista de  Lorenzo Cordero al pintor i escultor langreano Miguel Ángel Lombardía.

 

6AB93EE4-74B5-4B75-934E-4BEAE215CE1B

Reseñas dos ensaios “El obrero soñado. Ensayo sobre el paternalismo industrial” del profesor José Sierra Álvarez e as monografías del historiador Adolfo Fernández Pérez sobre a organización “La Comisión Socialista Asturiana” e “Comandante Mata” sobre  represaliado e  exiliado José Mata.
Un fixo del suplemento é a reseña musical de José Antonio Gómez.

As entrevistas que fixen pral “Suplemento Cultural” de “La Voz de Asturias”.

Empezo aquí úa nova categoría neste blogue: “As mías entrevistas publicadas nel Suplemento Cultural, arte, letras y pensamiento” del desparecido periódico “La Voz de Asturias” xa  vei pra 30 años. Son dalgún xeito historia cultural de Asturias.

20200410_185824De esquerda á dereita: Berta Piñán, Inaciu Iglesias, Sixto Cortina e Xuán Bello.

Vivía en Uviéu/Oviedo e inda non empezara a traballar. Estas entrevistas como free-lance permitíronme ganar us pouquiníos de cuartos pero sobretodo axudáronme aprender i  aportar algo nel desenvolvemento cultural dúa Asturias orgullosa da súa riqueza e diversidad cultura propia e preocupada polo sou futuro.

A primeira entrevista que quero mostrar (lougo explicó el motivo) é a que ten por obxeto dar noticia da publicación dun número doble da revista literaria Adrei de carácter monográfico, con  úa antoloxía de poesía catalana traducida al asturiano baxo a dirección de Berta Piñán  (1) e Xuán Bello (2).

Esas 160 páxinas son  un auténtico feito histórico.

El número foi editado polo  grupo editor Ambitu dirixido por Ignaciu Iglesias e Sixto Cortina. (Esta editorial foi el  xarmollo del que sería un importante diario en asturiano: Les Noticies)

Na entrevista Berta Piñán e Xuán Bello dan conta da história da revista literária Adrei, da súa filosofía con clara voluntad asturianista e con un idealismo que presentaban como cargado de futuro.

Inaciu Iglesias e Sixto Cortina representan un modelo de xuvenud asturiana, emprendedora, comprometida que aposta por ofrecer llibros áxiles, apostando por obras de autores coñecidos pero tamén de autores noveles. Sin xente como ellos a historia pola recuperación da dignidad cultural propia de Asturias xa non sería a que foi.

Os números 5 e 6 de Adrei implican  un gran traballo de traducción, (de Antonio García,  Xilberto Llano, Xuán Bello, Inaciu Iglesias e Fernando Alvarez Balbuena) úa escollida  selección de textos e poetas, que coa guinda especial  da presencia de dibujos del dibuxante  O’Donell dan entrada na lliteratura en asturiano de nomes tán conocidos como Carles Riba, Gabriel Ferrater, Salvador Espriu o Pere Gii Ferrer.

“Adrei” a lliteratura en asturiano.

B886101F-36FA-4496-9EDE-CCDD953B386D

Suplemento Cultural núm 39. 4.X.1990.

Por que empezo esta categoría del blogue con esta entrevista.

Mentras estudiaba na facultad de dereito da Universidad de Uviéu conocín un grupo de amigos e amigas que traballaban a favor del reconocemento e protección desa llingua propia de Asturias que é el asturiano (bable se decía entoncias).  Con ellos aprendín qué existía algo que se chaman dereitos lingüísticos e fun testigo del sou bregar  e traballar  por conseguir engrandecer a literatura e a cultura en llingua asturiana. Os amigos que me enseñaron tal cousa son os protagonistas desta notícia.

Naquelos tempos conocín tamén a Benigno Fernández Braña (3) boalés como eu,  a sazón médico de Eilao, que enterado das mías inquietudes féxome chegar  un dosier e empecei úa amistad e úa colaboración que me aportou muitas enseñanzas.  A principal que xa non me abandonou nunca é que me fixen   consciente da realidad trilingüe de Asturias e de que en diecioito concellos de Asturias tíamos como idioma propio úa variedad dialectal del gallego.

Certo que todos/as os asturianos del Eo-Navia somos e fomos criados nun paradigma falso de que é ser asturiano, un paradigma que hai trinta anos non  contemplaba a posibilidad de que parte dos asturianos tuvesen  como propia úa  fala galega, cousa que hoxe sí se contempla. Descubrín algo insólito, nel Eo-Navia éramos depositarios dun idioma autóctono en situación de diglosia e  minorizado frente a un idioma máis forte, oficial e institucional. Aquel idioma era sen embargo maioritario na mía zona.

Tuven  que esforzarme en  superar os propios preconceitos (prexuízos) que eran e siguen sendo (como todos os prexuízos) un insulto e úa falta de respeto contra os afectados, neste caso os falantes del gallego asturiano, pero tamén contra os asturianos que non lo falan e que tamén eran/son educados nel prexuízo. Os asturiano-falantes sufren a mesma situación de diglosia inda que  nel sou caso a súa lingua propia si conecta en determinados ámbitos coel paradigma construido de ser asturiano, lo que non obstaculiza que corra un peligro de extinción que el galego non sufre tan gravemente.

Nin que decir hai que ese prexuízo del que falo intenta transmitir   úa  suposta superioridad dos asturianos con respecto aos galegos lo que nos empuxa a insultar tamen, inxustificada e inmoralmente,   aos nosos vecíos i ermaos de Galicia.

As cousas claras; entonces condo decías que eras de Boal, ou da Veiga… decíanche: “PERO eso xa casi é Galicia”. El problema empezaba nese aparentemente inocente PERO. Hai que renegar dos  peros.  Somos como somos e falamos como falamos!  Falamos galego, un galego diferente pero que sigue sendo galego. Non hai peros que valgan.

Naide   ten que puer en cuestión se somos  ou deixamos de ser asturianos si eso é lo que nos peta. Tampouco temos que xustificarnos, dar explicaciois nin pedir perdón. Nada hai que perdonar i é lexitimo e necesario que teñamos relaciois culturales coas falas galegas doutras Comunidades Autónomas e territórios.

Esos prexuízos realmente insúltannos e degrádannos a  todos os asturianos pos os prexuízos son el poder sobre os ignorantes. Cada persona é úa persona i os de Boal poden ser máis guapos ou máis feos cos de Castropol, os de Grandas terán  na súa fala algúa diferencia  cos de Ibias e en xeneral  os habitántes del Eo-Navia somos un pouco diferentes dos da comarca del Nalón  e algo menos dos de Tineo, pero realmente lo que  ten importancia son os sentimentos humanos que todos  compartimos e a creatividad que aportamos coas nosas singularidades.

Pasa en todos os sitos. Os  vascos son un pouco diferentes entre elos mesmos e muito máis diferentes sonlo dos valencianos xa que neste último caso tein idiomas e tradiciois diferentes.  Eso somos todos:  diversos, diferentes pero temos que ser tolerantes us con outros, respetuosos sen complexos de superioridad/inferioridad e interesados por coñecernos e competir as nosas culturas. Eso é lo que hai que fomentar.(5)

Todos deberíamos ser conscientes  de qué significam as palabras “protexer a todos os españois e poblos de España nel exercicio dos sous dereitos humanos, as súas culturas e tradiciois, linguas e instituciois” que vein redactadas nel    Preambulo da   Constitución Española  del 1978.

Tampouco debería faltar en Asturias,  úa sociedad  que non é monolingue, el conocemento  del artículo septimo  da  Declaración Universal dos Dereitos Limgüísticos (Declaracióm de Barcelona 6/6/96 que al Estado obliga e  que establece:

” Todas as linguas son expresión  dunha identidade colectiva e dunha maneira distinta de percibir e de describir a realidad, por tanto tein que  poder gozar das condiciois necesarias pral sou desenvolvememto em todas as funciois”.

Son afortunado.

Afortunado de compartir amistad con aquellos  que dirixiron esos números especiales de Adrei ou fundaron a Editorial Ámbitu porque a súa lluita, que tanta transcendencia cultural tuvo en Asturias todos estos anos, enseñoume a ser un ciudadano máis libre, máis culto e máis democrático e el sou traballo empuxou avances nel  Eo-Navia.

Afortunado por conocer a Benigno Fernández Braña, por haber participado na lluita da MDGA polos dereitos culturales dos falantes del gallego de Asturias. Importantes son as personas que son capaces de combatir os prexuízos.

Afortunado  porque  conocín naquelos tempos a outro boales, el profesor Celso Martínez Fernández, Director del Suplemento Cultural da Voz de Asturias que me deu  a oportunidad que  fexo posible estas entrevistas que vou ir publicando.

Quique Roxíos.

24 de abril de 2020.

 

(1) Berta Piñán, poeta, profesora é actual Conselleira de Cultura del Principado do de Asturias. Voz poética contemporánea fundamental. Membro da Academia de la Llingua Asturias.
(2) Xuán Bello, escritor, poeta, traductor, Premio Nacional de Poesía de Asturias, articulista periodístico e productor de programas culturales na TPA. Cofundador con Berta Piñán e Antón García da revista Adrei.
(3) Benigno Fernández Braña . Médico. Presidente da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca (MDGA)
(4) Nos días que escribo esto úa pandemia mundial chamada coronavirus deixa al descuberto a importância das cousas verdadeiramente esenciales: lo público,   lo común, el non deixarse asoballar por úa globalización que nos trouxo  deslocalizaciois, perda de conocemento e recursos laborais, aldeas deshabitadas e el abandono del cuidado necesario da nosa riqueza cultural nun mal entendido progreso.
(5) Celso Martínez Fernández, Catedrático de Lingua Española da É.U.F.P. de É.X.B. da Universidad de Uviéu. Publicou nel BIDEA varios traballos sobre aspectos antropolóxicos da “mesopotamia” Eo-Navia e Dirixiu el Curso de Extensión Universitaria “ Los caracteres generales del Gallego de Asturias/ Os caracteres xerais do galego de Asturias (Uviéu 15-16 de marzo de 1990)

Outros temas abordados no Suplemento Cultural  núm 39 de 4-10-1990.

E4CB7078-33C9-4633-B647-B6FC85119174

 Entrevista al historiador asturiano Ramón García Piñeiro autor da monografía “Los asturianos bajo el franquismo (1937-1962)

Mesa redonda sobre os grupos periodísticos. El “rearme deontolóxico del periodismo”.

Artículo de Inés Marful Amor autora da Tese Doutoral “Lorca y sus dobles”

Reseña da obra “La presencia del pasado” da profesora de Filosofía da Historia na Universidad de Uviéu, Carmén González Tejo.

Entrevista a Ángel Colomina (Asociación Asturiana de Amigos de la Ópera) e reseña da 43 temporada ovetense de ópera a cargo de José Antonio Gómez.