CONTOS POPULARES PORTUGUESES

06084054-5E5B-48F8-B7BE-65EB56496E6E

Condo visito algún llugar como turista gusto de perderme por calellas, corredoiros, camíos, bares ou tendas algo apartadas. Aspiro atopar sorpresas, a autencidá non preparada pra ser entregada aos viaxeiros ordenados e planificadores.

Nesta ocasión os que fixeron a viaxe foron  os meus cuñados José i Ángel Gallego. Foron a Portugal e encargueilles úa sorpresa con feitura de llibro (interesado por el portugués que como todo el mundo sabe é a versión internacional del gallego-asturiano).

Trouxéronme úa xoia, un tesoiro. Un libro da “Colecçao Cultura é Recreio” coel título   “CONTOS POPULARES PORTUGUESES” Lisboa 1955. Publicado por úa institución que se chama Fundaçao Nacional para a Alegría no Traballo. Gabinete de Etnografía.

A selección i el prefacio é del Profesor Doutor M. Viegas Guerreiro (Querença-Loulé 1912). Úa institución en Portugal que entre muitísimas virtudes ten a de úa querencia especial, un amor grande por  a “Literatura Popular”.  Foi recolector  sen cansancio i enriqueceu, coas versiois que recolleu por todo Portugal (Tamén  nel Brasil) volumes como os del  Romanceiro Popular Português, de Maria Aliete Galhoz, de 1987 e 1988, ou esta  antoloxía “Contos Populares Portugueses, de 1956”.  Nel país vecín  consideran dúas obras súas como indispensables  na  iniciación neste campo: Guia de Recolha da Literatura Popular, de 1976 (2ª. ed., 1982) e, sobretodo,  História da Literatura Popular Portuguesa, de 1978.

C2D0E695-55DD-4BB9-A525-3664CC9989C0.jpeg

El libro nese prefacio  fala dos contos populares i da súa orixe. Tamén en concreto sobre os contos portugueses. Esta presentación tá  firmada  por Manuel Viegas Guerreiro en Lisboa, en abril de 1955.

Os contos i el costume de contallos ascende a tempos mui remotos. Xa os “egípcios” os contaban -dícenos el profesor- nos séculos XIII ou XIV a. C.. Dos contos temos noticia na cultura grega nel Libro II da República de Platón. (“Non sabes que lo primeiro que se fai cos nenos é contarlles fábula”? -dice el filósofo- Del mesmo xeito os romanos deixaron tamén referencias.

Pero a importancia deste xenero lliterario foi apercibida e posta en valor polos “Irmāos Grimm” e deste xeito descubriuse algo sorprendente: “os contos repítense con simples modificaciois de pouca importancia ou sen ningúa en outros paises, vecíos ou distantes, con a mesma ou diferente língua, de raza igual ou diversa”.

Hai teorías como a orixe común nel tronco indo-europeo das etnias que os relatan. Outra teoría busca a orixen nos contos populares da India, como verdadeiro berzo dos contos sendo árabes, mongóis, xudeos… os pobos transmisores, sobretodo por escrito.

Outros plantexaments parten da premisa de que non é  exclusiva de ningún  pobo a capacidá de creación lliteraria de xeito que foron inventados en épocas diferentes por pobos diversos.

El que si é definitivo é el valor dos contos, como fonte de divertimento e como educación moralizadora, na escola e fora della.

Os máis pequenos/as aprenden del  mundo. Conocen sen necesidá de vellos historias de  soldados, principes, zapateiros, tollos, médicos, curas, conselleiros… Saben da riqueza e da probeza. Condenan a crueldá, a hipocresía, a ambición desmedida, a mentira. Aprenden a humildá, el valor da amistá, da palabra dada, el amor, el talento… porque nos contos tá toda a   psicoloxía humana. Son cultura.

Cos contos, enseña  M. Viegas Guerreiro, aumentan as capacidades dos nenos/as, a creatividá, a memoria, a intelixencia. Tamén son instrumento fundamental no aprendizaxe del idioma materno e del querer futuro por a llectura i a lliteratura. M. Viegas Guerreiro dícenos que os contos populares instruen, educan e diverten. Que son obras de arte.

Neste mundo gobalizador  tá  en peligro de desaparecer algo de tanto valor como os contos.

Vamos  ller un dos  contos deste fermoso llibro:

Axuda de lectura + anotaciois:

lh =ll: disse-lhe = díxolle.

nh=ñ: farinha = fariña

j=x: ajudar =axudar

O rabo de gato

Era de uma vez um gato que foi ao barbeiro para que lle fizesse a barba. O barbeiro disse ao gato:

– Se tu tivesses o rabo mais curto, ficarías muito mais bonito.

Disse-lhe o gato:

– Pois  corta-lhe um bocado.

Cortou o barbeiro o rabo do gato e ele foi-se embora (*); mas no meio do caminho disse para consigo: “E o barbeiro que me ficou (**) com o meu rabo! Deixa-me ir pedir-lho”.

Foi ter (***)com o barbeiro e disse-lhe:

– Da-me o meu rabo, se nāo desse o rabo furto-te uma navalha.

Como o barbeiro lhe nāo desse o rabo furtou-lhe uma navalha.

Foise o gato por alí fora é viu uma peixeira que nāo tinha faca para cortar o peixe e disse-lhe:

-Toma lá (I) está navalha.

Mais adiante voltou atrás e disse à peixeira:

– Dá cá (II) a navalha, se nāo furto-te uma sardinha.

Como a peixeira lhe nāo desse a navalha, fortou-lhe a sardinha.

Foi-se é mais adiante viu um moleiro (III) a comer pāo (IV) seco e disse:

-Toma lá esta sardinha.

Mais adiante voltou atrás e disse ao moleiro:

– Dá cá a minha sardinha, se nāo furto-te uma taleiga de farinha.

Foi o gato ter a uma mestra de meninas (V) que nāo tinha que lhes dar de merenda é disse-lhe:

-Toma lá esta tailega de farinha para papas.

Mais despois arrependeu-se,  voltou atrás e disse à mestra:

– Dá cá minha tailega de farinha, se nāo furto-te uma menina.

Saiu com a menina é foi ter com uma lavadeira e disse-lhe:

– Tu estás a lavar a roupa sózinha; toma lá esta meninha para te ajudar.

Deixou ficar a menina, mais despois voltou atrás a pedir-lhe a pedi-la lavadeira, e como está lha nāo quissese dar, furtou-lhe uma camisa.

Foi-se mais para adiante;  viu um violeiro sem camisa e disse-lhe:

– Coitado, estás sem camisa; toma lá, vai-te vestir.

Enquanto ele foi vestir a camisa, furtou-lhe o gato uma viola e despois subiu para cima duma árvore e començou a tocar a viola é a cantar:

– Do meu rabo fiz (VI) navalha

Da navalha fiz sardinha;

Da sardinha fiz menina;

Da menina fiz camisa;

Da camisa fiz viola;

Frum, fum, fum,

Vou para a minha escola.

(Coimbra)

(*) Embora. Em+boa+hora. Fora daquí.

(**) Ficou. Quedouse

(***) Foi ter. Foi dar a, ir parar a, na procura de…

(I). Úsase como valor redundante o, xeralmente  despós de un imperativo, para incitar a comunicación. (Toma entonces, xa… esta navalla).

(II) . Adverbio. Para aquí.

(III) Moleiro. Molinheiro. Mulieiro.

(IV) Pāo. Pan

(V) Menina. Criança femenina. (nenías).

( I) Fiz. Fixen.

0FFACC24-7AE3-449C-B86E-5D5B7DC17501.jpeg

Advertisements

Personaxe desconocido; dando úa volta por el mundo.

8AA41E4B-8304-4084-8645-D157000C230B

El “Personaxe desconocido” intenta llevar el gallego asturiano fora das fronteiras da estigmatización lingüística compartindo ún xeito de ver el mundo que nace nas ribeiras dos ríos da nosa terra falando as cántigas enxebres das súas auguas: Navia, Eo, Porcía, Suarón, Augüeira, Ourubio, Roxíos… centos de rigueiros que falan de igual a igual coel resto dos ríos del mundo.

Que salga a nosa fala e nos abra as portas dun vento novo que nos permita seguir sendo, tomando conciencia de que fomos nosoutros os que deixamos voluntariamente esbarrigarse ás nosas aldeas.

Non busquemos culpables. A culpa é  nosa por renunciar al noso xeito de interpretar que é lo importante. Decidamos el futuro porque el mundo non respeta a quen non empeza por respetarse a si  mesmo.

Recuperando a nosa  fala recuperaremos a nosa forza.

Falemos…

EN GALEGO ASTURIANO

fotos  | comprar

 

Baxo el título de Personaxe desconocido presentarse tres poemarios del poeta boalés Quique Roxíos que espertan en nosoutros varias preguntas… ¿Quen é ese personaxe? ¿Será el propio autor? ¿Quen non ocultou algúa vez os máis profundos sufrimentos que lo embargan? ¿Quen non pasou por situaciois vitais comprometidas? Fai falta, pra entender aos outros, padecer nas propias carnes sentimentos universais como son a ausencia dun ser querido, el remordemento ou el desánimo?

Nas Cántigas del Augüeira el autor representa úa vida andada por camíos chíos de cristais de dificultades e, no sou caso, esos sendeiros figúranse como ríos que se visten del mítico Augüeira. Despois desa viaxe, aquella intuición non se transforma núa convicción senón núa verificación. Sempre ameice. E, no mundo del poeta, ameiceu!

En Teño dolo da túa risa quere intuir que as soluciois son posibles, que sempre ameice; pero hai que subir al autobús da vida sen libro de instruciois. Salir del desánimo é posible; pero hai tantos secretos escondidos nesos camíos da vida!

Que cada lector lle dea el sou propio significado al mundo de herbas que respiramos nestos versos, que cada cual atope el sou propio personaxe desconocido e resolva el misterio que hai nese horizonte de montañas pintadas con imperecedeiro rubién.

FICHA:

Título: Personaxe desconocido

Autor: ROXÍOS, Quique

Prólogo: FERNÁNDEZ ACEVEDO, Suso

Edita: Editorial Canela

Colección: Filso da Bovia

Editor: Quintana, Pablo

Formato: 140 x 220 mm

Nº de páginas: 84

Ilustraciones: Debuxos con reproduciois das pinturas rupestres da Cova del Demo

Encuadernación: Rústica con solapas

Peso: 150 g

Lengua de publicación: Variante galego asturiano del baxo Navia

Impresión: Galicia

Fecha de edición: Marzo de 2018

Edición: 1ª

ISBN: 978-84-697-99383-3

HDepósito Legal: C 240-2018

PVP:  12,50 € (IVA incluído)

 

Foto del autor:

10F365F1-D582-499E-8045-40E18F1B208E

 

Presentación en Boal

 

Presentación nas Quintas da Caridá (El Franco)

 

Acto poético en Ribadeo.

 

Presentación Feira do libro de Ribadeo.

 

Participación nel Rural Fest Pita Sana en Boal.

 

Participación no programa Verso a Verso de Open Radio de Lugo

 

 

Poema dedicado a Quique  por el poeta Jesús  María Trashorras Nogueira

A voltas con “Personaxe desconocido”, do amigo boalés Quique Roxíos. Hoxe lendo poemas deste fermoso poemario, escribín isto.

LENDO PERSONAXE DESCONOCIDO DE QUIQUE ROXÍOS

Recítame, Quique, versos,
versos con cheiro a herbas,
con sabor a amorodos,
lágrimas de despedidas.

Recítame, Quique, versos,
nesa fala agarimosa,
herdada dos devanceiros;
de non usala, chorosa.

Recítame, Quique, versos,
fálame da flor do toxo,
do monte dos desterrados,
daquel perfumado teixo.

Recítame, Quique, versos,
acariñando palabras,
magoadas por poderosos
que agochar queren nas tebras.

Recítame, Quique, versos,
dese personaxe ignoto
que se fornece de soños
sabendo que non son certos.

Recítame, Quique, versos,
a xeitín, moi a xeitín…

J.T.N 18/07/2018

 

Puntos de Venta:

 

Editorial Canela (Páxina web) Sen costes de envío.

8DF5F845-21ED-42D8-9D12-D72307D2C8BF

Librería Cervantes 

 

5EFBF84A-DAE0-4D8B-ADB2-ED913A35D74A

 

 

Bahía, Librería
Avda. A Mariña, 40
Foz
982140434

037DEC20-2CC3-4289-823D-CE41C06DCEBC.jpeg

 

 

Trama, Libreria
Avda de A Coruña 21
Lugo
982 254 063

092D7F7B-F353-477B-9B83-F8578B078769.jpeg

 

 

La Voz de la Verdad, Librería
Rúa Bispo Aguirre,17
Lugo
982231104

CC7E52BF-2EF1-4CE1-A2B1-55E3F9D1A3FA

Librería Kaxilda.

Arroka kalea 2 behea Donostia. Guipúzcoa.
tel: 943 57 19 87
kaxilda@kaxilda.net

B47C5DE3-7AB1-4D41-8450-1B6D3916B2E1

 

 

Cartabón, Libreria
Urzaiz 125
Vigo
986.372.883

 

Librouro
Eduardo Iglesias, 12
Vigo
986443374

 

Librería Vivin

DIRECCIÓN
Avenida Rosalia de Castro, 12
Ribadeo
Lugo
https://www.facebook.com/VIVIN-439929169
27700

Casa del Libro 

03C0A97B-F8B1-498E-855F-F5B94C0BA802.jpeg    5D92D888-61D1-4B12-8F97-A17EEE9B9831.jpeg

A fala

El 25 de xullín celebrouse el día de Santiago Apostol, tamén chamado Santiago el Maior ou día  da patria galega. Tamén el patrón del concello asturiano de Boal.

As orixes desta celebración remóntanse a novembro de 1919, condo se celebrou en Santiago de Compostela a II Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala  que acordan celebrar el Día Nacional de Galicia el 25 de xullo del  ano seguinte.

Deputados_galegos_de_1931._Entre_outros_Suárez_Picallo_(o_primeiro_pola_esquerda),_Rodríguez_Cadarso,_Castelao,_José_Sánchez_Rojas,_Vilar_Ponte_e_Otero_Pedrayo

En Asturias non celebramos esta efemérides. En Asturias somos asturianos.

Pero Asturias tamén ten zonas de fala gallega e,  inda que el sentimento de asturianía da xente é contundente, non debemos ver como algo absolutamente externo a defensa da terra, da fala ou da cultura propia que tradicionalmente se fexo en Galicia e que de xeito evidente tuvo influencia nas reivindicaciois de Asturias por a súa propia riqueza cultural e llingūística i al contrario seguro que tamén Asturias ten e tuvo influencia en Galicia.

Hoi, por puer algún exemplo, un tema que se sigue debatindo é el das ventaxas que pral gallego-asturiano tería ter úa normativa máis compatible coa normativa oficial del idioma gallego en Galicia. Negar el debate é negar a democracia.

Asturias ten que respetar el xeito de ser propio das terras del Eo-Navia i os eonaviegos debemos ter a oportunidá, el dereto, a llibertá de reforzar e desenvolver llazos de amistá e colaboración cos nosos vecius, enriquecendonos coel feixe de elementos que compartimos. Nada hai de malo. Tampouco  hai nel intercambio,que sempre houbo,  pretensiois políticas. Que as administraciois colaborasen sería un avance i úa necesidá. Puer fronteiras é erguer muros de prexuicios.

¿Por qué si temos que convivir coel xeito de falar del idioma asturiano, incluso coas súas falas del  centro del Principado,  vamos a puer problemas coa convivencia normal, histórica, libre e democrática coas falas gallegas vecías i ermás ou incluso coel gallego normativo ou os medios de comunicación en gallego?

Os tempos modernos son os de convivir, conocer, aprender, compartir e xuntarse dentro dúa Europa que manda cuidar os sous idiomas minorizados. (Ver a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Un tratado europeo (CETS 148) adoptado en 1992 baixo el auspicio del  Consello de Europa para promover e protexer as linguas rexionais e minoritarias históricas de Europa)

Non pode ser que desde instituciois ou medios de comunicación asturianos se invada culturalmente el noso territorio sen contemplaciois e al tempo se vexan como negativas as normales relaciois cun mundo coel que compartimos úa fala que nos permite el mutuo entendemento. El contacto con Galicia fai a Asturias máis grande.

Por eso comparto un poema que representan úa literatura que deberìa ser dada a conocer en Asturias, particularmente nel Eo-Navia, por ser úa riqueza literaria que forma parte del idioma e del corpus lingūístico da nosa fala. El poema “A fala” de Manuel María tamén é un poema de  noso:

A fala.

El idioma é a chave
coa que abrimos el mundo:
el xemido máis débil,
el pesar máis profundo.

El idioma é a vida,
el cuitello da dolor,
el murmurio del vento,
a palabra de amor.

El idioma é el tempo,
a voz dos avolos
i ese breve rastro
que quedará de nosoutros.

El idioma é a manda,
patrimonio da xente,
maxicamente vello,
novo eternamente.

El idioma é a terra,
a esencia máis nosa,
a creación común
màis grande i poderosa.

El idioma é a forza
que nos xunce e sostén
¡Se perdemos a fala
desaparecemos,
a nosa casa nun se mantén.

El idioma é el amor,
el pálpito, a verdá,
a fonte da que xarmolla
a máis forte irmandá.

Renunciar al idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a llingua
se queremos vencer!

Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior).(Versión en gallego asturiano por Quique Roxíos).

Os últimos barqueiros del Eo i a importancia del Club de Remo de Castropol. Entrevista a Fico. (Federico Fernández Ferrería)

6A4834C4-2D17-44D1-8779-8FE3290CB016

Fico con alumnos visitantes na Sala dos Trofeos del Club de Remo de Castropol.

A alumna Alba Geada Bernal  del IES Perdouro, coa coordinación del profesor Bernardo Penabade, entrevista na emisión que aquí comentamos del programa  educativo “Proxecto Neo”  da Radio Burela un dos últimos barqueiros del Eo, Federico Fernández Ferrería, “Fico”.

Esta entrevista é un valiosísimo documento sonoro que fala dúa riqueza impresionante da nosa comarca, daquel oficio  de barqueiro hoi extinguido,  das histórias daquelas lanchas de pasaxe  pra cruzar a ría del Eo, pero tamé dúa tradición deportiva ligada al remo na comarca fronteiriza entre Galicia i Asturias que ten el sou referente nel histórico “Club de Remos de Castropol” fundado en 1949 nel que Fico foi remeiro, entrenador, presidente e continúa sendo socio, cronista i alma indiscutible.

Que pouco sabemos da importancia das nosas conquistas. Fico nesta entrevista apunta algúas desas cousas que deberíamos ter presentes: A importância histórica da ría, el traballo adaptado ás  mareas entrellazando as necesidades coa propia natureza,  a tradición de remo nas especialidades antiguas de bote, batel i treinas (traineras). Un club deportivo que é úa institución na comarca.

Fico é história viva. ¿Quen nos podería contar millor que él que nas Olimpíadas de Barcelona 92 participou Castropol cos remeiros Antón Rodriguez máis Bruno López? ¿Por quen saber que nos xogos olímpicos de Atlanta 96  el remeiro Enrique llevou el traballo deste pequeno pero importante Club de Remo? ¿Quen  podería deixar constancia de que nos  xogos olímpicos de Sidney 2000  foi Mauricio Monteserín, de Ribadeo, el representante de Castropol? Solo hai úa resposta, Fico.

Federico Fernández tamén  nos conta un feito histórico de valor único. Relata a existencia de documentos que certifican que el 24 de Xullo de 1911, ás cinco da tarde, enfrentáronse cuatro remeiras mulleres i a súa “patrona” de Barres contra cuatro remeiras mulleres i a súa “patrona” das Figueiras. Dice Fico que nesta  competición entre tripulaciois femenías gañaron as de Barres cun premio de 75 pesetas.

EL motivo da competición era celebrar a inuguración del monumento del parque dedicado al marino Fernando Villamil Fernández-Cueto  pero ese día quedou  tamén un momento histórico da lluita das mulleres pola iguadá i al tempo un feito deportivo que se debe manter na nosa memoria colectiva. Gracias Fico por estas aportaciois.

Por suposto, como veredes na entrevista, el Club de Remo de Castropol continúa tendo úa vitalidá ben grande. Dos éxitos deportivos que del Club de Remo de Castropol, incluidos varios campeonatos de España, dá fe a Sala dos Trofeos.

04AC6A71-854B-4637-A16B-430185435075

Fico fendo de guía en Castropol.

Por si fora pouco Fico al rematar a entrevista apunta outro tema da nosa história marítima: a construcción de embarcaciois i el traballo dos marineiros de ribeira. Conocer al sou amigo Pepe de Pacho i el sou museo  particular con máis de oitenta maquetas de barcos pode ser un bon camín pra  seguir investigando.

Picha aquí pra escuitar el  programa coa  entrevista a Fico de Castropol,

Enlace: http://proxectoneo.blogspot.com/2018/06/proxecto-neo-2337-olga-lopez-secretaria.html

Editorial Canela aposta por el gallego-asturiano comenzando cun poemario de Quique Roxíos.

 

“Foi emocionante. Algo así non se esqueice nunca.”

 


Esas palabras convertidas en titular de prensa fain honra del que sentín el día da Presentación en Boal del meu poemario “Personaxe desconocido publicado por a Editorial Canela.

Como me dixo Hilda Farfante Gayo tomando as palabras dun dos meus poemas “Non foi un día cualquera”

Teño que reconocer que el meu nerviosismo ante el acto del 31 de marzo na Casa da Cultura de Boal era ben grande. En xuno de 2017 ganei, coel poemario en gallego-asturiano “Personaxe desconocido“, el XVII Premio Anduriña Voandeira 2017 de poesía en gallego convocado en Euskadi. Foi el primeiro paso dúa ringleira de cousas que veron, como vein as andulías, trendo a alegría del bon tempo.

A Editorial Canela, especializada en ediciois mui rigurorosas sobre cultura popular con destacados traballos sobre aspectos históricos, etnográficos, musicales… dos Ozcos e Taramundi ofreceume publicar os meus poemas en gallego asturiano como primeiro llibro dúa colección dedicada á poesía na modalidá llingüística da nosa comarca eonaviega: a colección Filso da Bovia.

El llibro é, como dice Suso F. Acevedo un llibro guapo gracias al bon traballo de maquetación de Inés De la Peña que incorpora con xeito os debuxos de Miguel Ángel Blas Cortina que reproducen as pinturas rupestres da Cova del Demo de Boal. Pero se non iba naide á presentación, se non había xente sería pra min un disgusto porque a aposta por a nosa cultura por parte da Editorial Canela sería un fracaso. De feito a mesma noite del día que Pablo Quintana me falou das presentaciois soñei que non vía nin un alma. Os dous allí solos. Que pesadilla.

5B5DF224-89AF-4326-B24D-A7B2D531A2C1

Os amigos de Toyemerendas  (Abel, Ruth i Jose) puxeron, (Núa mostra máis del sou compromiso coa nosa zona), música i bon gusto al acto, predispuéndonos a todos/as pra escuitar algo de poesía. Un dos poemas del llibro, Flor del Toxo, foi úa das pezas que tocaron.

Despós el Alcalde Jose Antoni Barrientos deunos a benvida a todos/as. Teño que reconocer que tanto él como a concelleira de cultura Mirta Celaya fixéronnos sentir unde tábamos, en casa.

De seguido el profesor Suso F. Acevedo, explicou como foi el asunto de que lle encargase a él el prólogo decindo cousas ben guapas e fendo úa interpretación das mías poesías. Pero el que me chegou al alma foi a situación personal na que, contou, empezou a ller el poemario. Foi na súa casa natal por un problema de salú da madre. Tando allí, despós de cear i de que ella se deitase, quedou na cocía atizando estellas nel llume, tomando café. Na soledá da súa casa da infancia sentiu que os poemas lle falaban a él. A casa i a madre tan presentes nos meus poemas, presencias simbólicas que xa as explicara hai muitos anos, dixo Suso F. Acevedo, el filósofo e poeta francés Gaston BachelardSegún lo escuitaba a mía emoción medraba inda que intentaba atalla en corto.

Tocoulle el turno de falar al editor, Pablo Quintana, natural de Vilanova de Ozcos que contou dalgún llazo familiar personal nel noso concello i explicou a historia da Editorial Canela  i a súa razón de ser que nun é outro que  a cultura popular, sobretodo destas comarcas fronteirizas entre Galicia i Asturias. Nesa llaboría decidiron dar un paso tamén a favor del gallego-asturiano coa creación da colección Filso da Bovia con poetas destas terras del Eo-Navia. Pablo Quintana afirmou que as mías poesías tian conexión con esa cultura popular da que se fai eco a Editorial Canela.

Neste momento xa tuven que decir eu úas palabras. Certamente contoume empezar. El público amigo axudoume cun aplauso. Lo primeiro que fixen foi agradecer aos presentes que decidiran tar allí, acompañándome, á mia muller por a súa paciencia i axuda, á familia, amigos/as, vecíos, alcalde… Por suposto a Suso F. Acevedo i a Pablo Quintana… Pra todos el meu agradecimento é enorme. Como non lo vei a ser.

Recordei que este idioma heredeilo dos meus padres, que si ellos non mo houbesen transmitido non lo tería. Pero antias que ellos houbo outros/as. Por eso fixen un comentario sobre a orixe del noso idioma. Pero en ve de falar del latín i os romanos preferín remontarme algo máis cerca así que falei de María Vicentez, úa vecía de Xío que nel ano 1169 (hai casi 900 anos, xa vedes lo relativo que é lo de cerca) firmou un contrato coel Abad Don Guillermo e coel Convento de Vilanova de Ozcos. Ese documento empeza i remata en llatín pero todo el contido principal tá nel idioma galaico-portugués. Este pergamìn é solo un dos máis de seiscentos que se conservan del “Monasterio”. Escrito cúa grafía máis cercana vería a ser:

(…) “eu María Uicentez de Cedamona vendo a vos abbade don Guillermo de Santa María de Villa Nova d’Oscos e ao convento desse mismo lugar quanta heredade eu aio e devo aver en Çedamona por preço qua a mí e a vos ben prougo, convén a saber: un boi boon e çen solidos (…) por Deus e por mina alma e de meus parentes. (…) Feita a carta en Gio. Era de mil e CC anos. Reynante rey don Fernando en Castella e en Galica. Martines episcopus in Ouedo.”

De aí ben el noso idioma, dese galaico-portugués del que naceron el portugués i el gallego. Se a nosa fala fose algo pequeno seguiría sendo importante, por ser nosa, pero non é tan pequena. Ese idioma medieval que marca a nosa orixe foi el escollido por el Rei Alfonso X el Sabio pra redactar as Cantigas á Santa María. Naquel idioma medieval están as cantigas de trobadores como Martín Codax ou Fernando Lago. De ei ven el noso idioma i é cousa de todos que siga existindo como llingua que se fala en todos os ámbitos incluída a música i a lliteratura. Asturias debería mostrar con orgullo este patrimonio.

Despós expliquei a llenda del Palacio de Prelo que é idéntica a outra da zona de Ancadeira, nos Ozcos. Xa a conocedes: El cura tía que esperar pra comenzar a misa a que volvesen os señores da xornada de caza. Núa ocasión tardaban en regresar i el cura decidiu fer a misa. Al chegar os señores un dos impetuosos fillos del Señor del Palacio pegoulle un tiro al cura matándolo nel púlpito. El castigo según a llenda dos Ozcos foi mandar al criminal al “Valle dos desterrados”, un llugar “unde non se escuita gallo cantar, carro rinchar nin campá soar.” A llenda advirtenos del castigo del silencio… Si se deixa de escuitar a música del noso idioma seremos todos us desterrados. Triste sería non ouguir el noso gallego-asturiano ou non ter con quen falallo.

Despós de todas estas explicaciois comentei el contido del libro. Tres poemario: Teño dolo da túa risa”, “Cántigas del Augüeira” e “Personaxe desconocido“. Os meus poemas intentan representar sentimentos e ideas; ás veces queixas ou reivindicaciois; ás veces advertencias ou temores. Pode que conten úa historia. El sentimento de desenraizamento, a señardá da casa, del idioma ou da família tamén tán presentes dun xeito que solo coas nosas palabras é posible expresar. Hai cousas que ditas noutro idioma non saben lo mesmo.

Por último llin algún dos meus poemas: “Á nosa fala” (dedicado al idioma) á “Cova del Demo” (que pode que tamén fale da inocencia ou del medo al diferente), el del “Filso da Bovia” (Este monte sírveme pra reflexionar sobre a necesidá da memória, de non esqueicer as penas e pesares). Por último llin “Ancha ausencia”, poema que lle dedico a Hilda Farfante Gayo, maestra i exemplo de vida que se criou en Boal, desde os cinco asta os vinte anos, despós de que os sous padres (os dous maestros) foran asesinados en Cangas de Narcea nel 1936 al estallar a Guerra Civil.

Condo lleo os meus poemas fágolo como se os falara pero siguen úa normativa que procura respetar as nosas peculiaridades sen distanciarse innecesariamente del resto de falas que pertencen al mesmo corpus lingüístico. Eso abre portas enormes al idioma e neste caso a min permitiume ganar un premio lliterario que non podería ganar escribindo el idioma dun xeito en exceso castellanizado ou incongruente coa normativa oficial del gallego común de Galicia. Os idiomas minorizadas necesitan apoio institucional, normativización, normalización i el orgullo dos propios falantes. Orgullo sen prexuícios. Tamén é preciso algo de esforzo dos propios falantes.

Llougo, despós da despedida musical de Toyemerendas,veo a firma de llibros que foi mui emotiva i el remate póxolo Berardo Penabade, responsable de Proxecto Neo de Radio Burela que chamou telefónicamente a Madrid, contactou coa boalesa de sentimento Hilda Farfante Gayo á que lle puiden ller en directo el poema a ella dedicado: “Ancha ausencia”.

 

(…)

Pasou. Non foi un día cualquera!

Quedou un senteiro balleiro, el tremor dun silencio,

a inclemencia dun sentimento;

el daquella pedra, vendo pasar el augua

outra vez sola, sola nel regueiro.

 

El día seguinte, 1 de abril a presentación féxose   na Caridá (El Franco). Nun local do “Complejo Cultural “ As Quintas” unde nos recibiu a Alcaldesa Cecilia Pérez quen tamén nos fexo sentir mui Agusto. Despós de aludir brevemente a mía llabor que en defensa del gallego de Asturias, referiuse tamén al sou  propio compromiso en defensa da “fala”.  El acto tamén tuvo úa asistencia razonable, foi todo máis tranquilo que en Boal i a parte da prensa encargouse de fer certa difusión nas redes sociais Germán Muiña Blanco al que non conozo personalmente. Decidín  ller outros poemas inda que repetín A cova del Demo i Ancha ausencia.

3FF573D9-0BD0-4877-9150-81A164F7C272.jpeg

 

Personaxe desconocido pode adquirirse sin gastos de envío na web da Editorial Canela ou nas llibrerías de Javier da Veiga, Vivín de Ribadeo, Pablo de Boal ou na Librería Cervantes de Uviéu.

A transformación artesanal del ferro en Taramundi i Os Ozcos. (S. XVI-XIX) Memoria viva del Eo-Navia.

La labranza y transformación artesana del hierro en Taramundi y Los Ozcos. (S. XVI-XIX)

El editor Pablo Quintana López (Natural de Vilanova de Ozcos) por medio de Edicións Canela S.L permítenos adquirir dentro del sou catálogo úa obra que é de especial interés pra comarca eonaviega é que foi editada en 2005 por a Asociación “Os Castros” de Taramundi. Nesta obra de dous volúmenes a cultura del ferro encontra a plasmación del traballo de campo feito por el propio Pablo Quintana e presentado a finales del 2000 coel título “Investigación sobre á Transformación del Hierro en los Oscos y la Cuenca del Eo, Estudio de una industria artesanal en el occidente de Asturias.”

É evidente que esta comarca del occidente de Asturias -especialmente el concello de Taramundi – é conocida fora por a súa industria artesana de navallas, cuitellos, cravos… pero lo que non é tan conocido é a que esa industria é herdeira dúa tradición antigua que ten incontables aspectos que investigar. Ese desconocemento implica outra realidá que é que del que pouco que se sabe inda menos se aproveita como base del futuro económico da zona.

Por eso este traballo aporta algo importantísimo, un conocemento desa historia, das técnicas, dos productos, incluso dos ferreiros emblemáticos da zona, aportando ferramentas que permiten entender esa industria da transformación artesanal del ferro -nos Ozcos e Taramundi neste estudio en concreto- pero permitindo abrir ese conocemento a outros concellos da zona unde proliferaron ferrerías, mazos, forxas i toda úa cultura lligada al ferro.

Crese que foron introducidas por xente que veo del País Vasco, que eran bus conocedores destas técnicas, pero el caso é que xa nel ano 1531 funcionaba a Ferrería de Montealegre en Castropol. Algúas destas ferreirías e mazos chegaron funcionado asta os siglos XIX e XX respectivamente.

Este traballo permite conservar a memoría colectiva da nosa zona, en parte viva, difundindo esa sabiduría acumulada.

El traballo investigador consta de dous tomos inda que  preparan un terceiro volumen.

Nel Tomo I trátanse os antecedentes históricos da metalurxia del ferro e del aceiro, os aspectos relacionados coa elaboración del cabón, a figura del ferreiro i as instalaciois da ferrería. Tamén todo el proceso productivo, a organización del traballo, insfraestructura, mecanismo, ferramentas… Hai capítulos monográficos sobre os mazos, as forxas (ou bodegas)… Nel sou último capítulo trata das distintas técnicas ( afilado, biselar, enderezado, eneixar, estirar, ferrar, forxado, o furado, remachado, soldadura, torcido, retorcido, mangar…).

El Tomo II trata del producto final da transformación del ferro, el comercio distribución, transporte de productos, os centros de producción, as personas i un apendice con documentos ben interesantes como el documento fundacional de Os Teixois i outros inda máis antiguos.

El traballo está en castellano pero el respeto por el gallego asturiano é seña de identidá desta obra que en ningún momento perde a vinculación coa realidá da que se tá falando.

La labranza y transformación artesanal del hierro en Taramunde y Os Ozcos. (S. XVI-XIX)

Editorial Canela

6099E92D-1879-4646-8998-6818C35A054E

Navalla  “Xarrapa” CCyC

Casa Manolón en Castrillón. Boal. Turismo en gallego-asturiano. El Eo-Navia medra.

Na zona Eo-Navia a conciencia da cultura propia, a autoestima, a seguridá de ser capaces de progresar é úa convicción de muita xente. A zona ten úa capacidá de lluita, úa cratividá, úa riqueza que mostra con orgullo disposta a rentabilizar todo ese patrimonio.

Castrillón xa tomou a iniciativa noutros campos (- Úa das primeiras concentaciois parcelarias  nel ámbito agrario, – inda que a honra de haber feito a primeira-primeira concentración  de todo  Valle del Navia tenlo a aldea de Merou (*)-; – A  importante Escudería Castrillón Motor Club organizadora  del Rally Subida a Castrillón  que xa se encamina pra XVIII edición i é puntuable pral Campeonato de Asturias de Montaña;-  A emblemática área recreativa que xa é casi úa imaxen turística del concello, etc.)

Agora desde Castrillón chega un empuxón á incorporación del noso idioma propio, el gallego asturiano, nel ámbito  del sector productivo del turismo e da promoción da nosa cultura.

0D59ECA2-254A-465D-9C4C-41A77B9141E0.jpeg

A casa rural Casa Manolón , con páxina web en tres idiomas, empeza un camín unde se ten claro que a cultura propia nun é un elemento separador, sinón úa chave que nos une a outros poblos fendo a nosa proposta máis apetecible, máis enriquecedora. Os turistas que valoren esa inmersión cultural atoparán en Castrillón un llugar que non esqueicerán.

Casa Manolón fai úa aportación na necesidá de atopar el xeito de que as oportunidade económicas se aproveiten sen poñer en peligro a supervivencia da cultura propia, al contrario, fendo desa cultura un valor que aumente el apego social por a convenencia de mantella.

A importância i a transcendencia de feitos como este está sobretodo en que representan romper con el chamado auto-odio (estigmatización negativa da cultura propia por a cultura dominante)  i en que son úa chamada de atención importante ás  Administraciois Públicas pra que cumplan coel sou mandado constitucional  de que as llinguas  españolas sían  tamén  oficiales nas distintas  Comunidades Autónomas coa obligación, imperativa, de que a riqueza das  distintas modalidades lingüísticas de España son patrimonio cultural que debe ter  un especial respeto é protección.

Páxina de inicio de Casa Manolón:

95D8AF23-ADD6-4640-BA53-4896C6071A83

“Benvido á Casa Manolón, en Castriyón de Bual (Asturias), nel corazón del Parque Histórico del Navia, unde a tradición y a cultura van da mao.

Atópase nun llugar ben guapo, núa zona de montaña, pero non llonxe del mar.

Si lo que busca é un sito pa folgar, un pueblo p’acougar y úa contornada pa que nun lle esqueiza… achéguese a vernos.”

http://www.casamanolon.es/inicio-fa/

FBAA0B91-604F-4CEB-8362-2FA527D071A8

 

Tamén se explica como é Castrillón:

“El  que más chama el atención de Castrillón, -dicen na web- ademáis da paisaxe, é sobretodo a xente amable i achegada, que goza sin presa da súa terra e que coida con muito agaio da  llingua, da súa fala, das tradicióis e da cultura.

A1E6054D-9521-468B-B768-2AEC09A958EA

http://www.casamanolon.es/inicio-fa/

 

(*) Merou sempre sufríu un maltrato inxustificado.  Condo eu era un chaval había un letreiro na carretera que puía Merón. Decíannos que era el nome en “castellano”. Por si fora pouco os de Roxíos tíamos aquel refrán: “El que vei a Roxíos come pan e toucius; el que vei a Merou que lleve pan del sou.” Sendo como era Merou un sito ben productivo i que nas súas casas sempre se tratou á xente igual de ben que noutros sitos da zona.  Pero mira por unde fixeron a primeira concentración parcelaria de toda a ribeira haxa del Navia i xa nin nos acordamos.