Cántiga del teixo de Pastur. Presentación en O Porto

El sábado, 4 de setembre, na Casa de Fados “Páteo da Mariquinha” de O Porto presentáronse el libro e el disco Cultura sem fronteiras. El disco inclue el meu poema Cántiga del teixo de Pastur musicado por Graça Foles Amiguinho e editado por Quarta Vaga, cos arreglos del músico e fadista Lino Lobão.

Mientras haya días. Paloma García Méndez. Medulia Editorial

Mientras haya días
Medulia Editorial

A editorial Medulia acaba de publicar recentemente a novela “Mientras haya días” da autora de Serantes, Tapia, Eo-Navia,  Paloma García Méndez.

A novela  de Paloma García colle el título dun texto da narrativa  Popol Vuh que é úa especie de oración unde se pide el milagro dúa vida feliz que xermole nos ameiceres da vida cotidiana.

Inda que a novela tá escrita en castellano transpira el enreizamento da autora nel espacio rural unde naceu, un orbe que se nega a desaparecer e mostra os valores que lo adornan e que perviven como esperanza.

A protagonista, Inés volve á casa familiar da aldea de Milfontes, á aldea da infancia que agora, sendo inda el mundo aquel que recordaba, é sin embargo un mundo novo al que acorralan el despoboamento, a codicia, os recordos enterrados en llagúas e as paredes comidas pola hedra.

Pero ás veces el abandono maniféstase poderoso, convertido en privilexio consciente da necesidá de valorar el traballo manual pró tamén el intelectual, en saber apreciar lo pequeno, a creatividá, el contacto coa naturaleza.

Nel rural pervive el legado de lo sobrio e imprescindible.

Úa historia de recuperación del sentido da vida, da salú e da empatía na que se vei debullando a historia das transformaciois que nos afectan millor que en muitos libros de historia.

Daquén dixo que os historiadores minten e a literatura conta a verdá. Dende lougo na novela de Paloma García podemos atopar muita autenticidá e ver el mundo nos ollos dúa persona que sabe mirar.

Devolvendo a xenerosidá que mostra a autora nos sous agradecementos, gracias Paloma por ser tu a que nos axudas a ver.

Mientras haya días

Medulia Editorial

Autora Paloma García Méndez.

Quique Roxíos.

FILSO DA BOVIA

As cousas que me pasan cos meus poemas son como agasallos que chegan e me sorprenden. Nunca imaxinei que úa cousa como esta podese suceder e que amigos que non conozo, persoas de tan llonxe: de Río de Janeiro, e outras de máis cerca: Bierzo ou Galicia, tratasen con tanto cariño un poema meu e fixesen este esfouto por esta fala gallego-portuguesa que sempre sobreviviu nos llindeiros del esqueicemento, nos marxinados e resistentes concellos da comarca asturiana del Eo-Navia.

Dende el mundo que fala gallego, dende el mundo da lusofonía chéganos el aprecio por a fala gallega del Eo-Navia.

Receta da Rapa de meiz de Argimira Antón Magadán.

Foto Teresa Míjez

A rapa de meiz é un prato típico de Boal. A través de facebook temos aquí úa explicación del xeito de fella que nos enseña Argimira Antón Magadán.

“Que tal Quique. Vou decirche como la fía mía madre. Salíalle de “lujo”.

El pan fiase con centen y meiz.
Chámase “rapa” porque despós de que se puia el pan nel tendal, raspábase a maseira pa limpialla y pa aprovechar esa masa que mesturaban con farina de meiz, cebolla y toucín. Era cousa probe.

Ponse a farina de meiz, ua cebolla, ben picadía,toucín ben picado, caléntase el augua con sal y amásase.

Grámase con úa pouca de farina de trigo (substitúe as rapaduras da maseira), pa que fagan liga.

Ponse encima dúa verza, ben extendida y aplanada y pal forno! Nel de lleña salía zumbuda.

Eu fagola encima del planchón da cocía: poño úa verza por riba y otra por baxo; vou voltiandola y cómese. Nun é lo mesmo, pero cómese.

Nun sei que ten a verza pa puer tan bon sabor. Nun ten más ciencia. Un abrazo.”

Argimira Antón Magadán ( por medio de facebook)

Foto Teresa Míjez.

Begoña Martín Acero presenta na Casa da Cultura de Boal 60 fotografías de portas da capital del Concello. Non perdades a oportunidá de atopar a vosa porta favorita ou xogar a adiviar unde tán, de quen son, quen vive detrás dellas…

A exposición que se inagura el sábado 10 de xullín,ás 19,00 horas, rematará el 30.

El próximo 10 de xullín/xuillín,(… en xullín, colle el foucín) mes de Santiago ou mes del herba, inaugúrase na Casa da Cultura del Concello de Boal a Exposición Fotográfico-Textual ”Ei tán… as portas de Boal / Ahí están… las puertas de Boal”. El acto de inauguración, que será ás 19.00, contará coa presencia da autora das fotografías, Begoña Martín Acero, da escritora i autora dos textos en castellano, Edita Nogueira, del autor da versión en gallego asturiano, Quique Roxíos así como  del alcalde de Boal, José Antonio Barrientos. A Exposición foto-textual das Portas de Boal permanecerá aberta asta el 30 de xullín en horario de 11.30 á 14.30 e de 15.30 á 19.30. Os lluis pecha a Casa da Cultura i os domingos solo tá aberta por as mañás.

Begoña Martín Acero, aunque naceu en Ovieo nel ano 1957, é boalesa e pasou a súa nenez e parte da adolescencia en Boal unde mantén casa aberta. Na capital del Principado estudiou Filoloxía hispanica i en Santiago de Compostela especializouse en Filoloxía gallego-portuguesa sendo na súa vida llaboral profesora de llingua e lliteratura gallega. Ten publicado Termodonte e outros contos, Baía Edicións, 2002, así como el llibro Taller de Escritura Creativa, Médulia Editorial, 2021 i é coautora doutros títulos publicados en distintas editoriales.

Begoña Martín Acero é úa boalesa de corazón i esta exposición faila como homenaxe a To, Toñita, a quen  dedica especialmente este proxecto porque, aparte de  traballar máis de 40 anos xunta súa madre na Farmacia Acero,  foi a persona que sempre la cuidou  e transmitiulle el amor por as paisaxes da súa infancia, por el monte Penácaros, os paseos cara Villanova, os olores a pan i a frores, as portas que foron referencia dun tempo añorado e por un idioma que, sin saber que sabía falallo, llevábalo dentro condo marchou de Boal. To i as súas reices, representadas mediante as portas de Boal, son el leimotiv desta exposición.

Contas veces teremos paseado por Boal sin observar os detalles. Pero resulta que detrás desos pormenores hai historias e ilusiois, seguro que alegrías e pode que algún desencanto. Porque as portas e portois de Boal forman parte del patrimonio cultural, son invitaciois e símbolos del noso carácter de acollida.

Esta exposición pon en valor esas portas de Boal: portas abertas e pechadas centos de veces, de casas que son emblemas da villa, algúas de Indianos; doutras que custodian secretos e historias que nos recordan a daquén, entradas de casas particulares ou públicas, portas que falan poesía, que guardan cultura, que cuidan almas ou que sonan a música. Entradas de colores tradicionales como el azul añil protector da señardá, portas que dan al campo, soleiras de granito, as que tein cadías, picaportes e chamadores ou aldabas, as protexidas por el arte da forxa i as que abren el apetito de manxares servidos en pratos de azulexo e cristal. As Lisas ou as torneadas. Begoña Martín Acero tráenos nesta exposición el empezo del que pode ser el empezo dun inventario das portas de Boal.

Todos os mundos que habitan nesas portas fotografiadas represéntanse nos textos de Edita Nogueira, (natural de Berres, A Estrada, Pontevedra) amiga de Begoña Martín, maestra de profesión i escritora especialista en microrrelatos e poemas breves feitos con extremado cuidado e coa intención, humilde pero determinada, de sorprender al llector.

Parte del sou traballo pode llerse nel blogue personal Palabra de Noz.

Hai que deixarse llevar, dedicarlle un pouco de tempo, asonagarse en apreciar cada palabra, fixarse en lo pequeno, aprendendo a ser observadores i a valorar el traballo que hai detrás das cousas que nos rodean e da creatividá del ser humano.

    Cada porta ten un texto que destaca lo que vemos. Ademais atoparemos haikus (poemías de inspiración xaponesa) que Edita define como boaleses. Nos relatos breves atoparemos escenas da vida cotidiana con certo humor ou retranca e unde el punto de vista del que escribe sorprende úa e outra vez al llector.

Esta exposición mostra algo que forma parte da idiosincrasia de Boal e permítenos fer un paseo observando esos detalles que, gracias aos textos de Edita Nogueira iremos descubrindo millor, callendo na conta da súa singularidá i, en muitos casos, sendo xa conscientes del saber fer dos carpinteiros, canteiros, ferreiros e dos que mandaron fer esas portas. Apreciaremos máis el valor de restaurallas respetando a súa identidá, os sous colores e materiales orixinales e invitando a traballar entre todos por un Boal novo que non deixe de ser el Boal de sempre.

As portas son xeometría, son ornamento, minimalista ás veces, suntuoso outras; poden ser portas pintadas ou aparentemente encoiras; poden llucirse i expuerse acompañadas de xeranios, herbas, glicinias ou manifestarse enrexadas e vergonzosas intentando pasar desapercibidas. Seguramente a cada un de nosoutros correspóndenos úa porta que acompasa coel noso carácter.

Begoña Martín Acero tráenos us grupo de folletos feitos coa collaboración del concello unde aparecen distribuidas 60 portas de Boal pra que cada un poda intentar atopar el folleto unde tá a súa porta favorita -que pode, ou non, ser a súa- e así poder llevalla ou xogar a adiviar unde tán, de quen son, quen vive detrás dellas…

El que quera dispuer de todas as portas e de todos os textos poderá ferse coel llibro que Canel Ediciones pueirá a disposición dos interesados/as. Porque esta exposición i estas portas tein voluntá de participar nel desenvolvemento sostenible de Boal e dos sous negocios e por eso el llibro venderase llibrerías de Boal, en atención á importancia que tein este tipo de negocios nas aldeas e nel medio rural.

Na publicación tán todas as portas así como todos os textos dedicados a cada úa dellas e un conxunto de relatos e haikus unde as portas sempre son protagonistas.

Eu, Quique Roxíos, fixen úa versión en gallego-asturiano. Espero ter conseguido as tres cousas que pretendíamos: Primeiro respetar el espíritu dos textos orixinales de Edita Nogueira. Segundo acercar os textos al noso xeito de falar en Boal, reinvidicando el valor de lo noso. Terceiro dignificar el gallego asturiano respetando a súa personalidá pero tamén utilizando úa normativa que non lo vulgarice nin lo separe del sou tronco llingüístico gallego-portugués e del sou consecuente tratamento científico, asunto nel que, non lo debemos esqueicer, Begoña Martín Acero é úa estudiosa e maestra.

Porque si pra fer as portas hai que utilizar materiales nobres, búa madera e dominar el arte da carpintería, da forxa, del vidrio ou da cantería, al hora de falar ou de escribir gallego-asturiano tamén temos a obrigación de esforzarnos un pouco, non baseallo todo na comodidá, procurar evitar os castellanismos, respetar úas normas que casen coa protección i el porvir da nosa fala, de tal xeito que tamén á nosa fala se lle ofrezca úa porta aberta al futuro e non la deixemos esmorecer como si el noso idioma fose úa porta de regreso a un pasado que se extingue e non lo que é, úa porta aberta al futuro i al mundo, un valor que nos fai únicos. Porque a pervivenza del idioma garantiza a transmisión da cultura que articula e con ella del xeito de interpretar el universo i os valores que nos transmitieron os antepasados, féndolos parte del presente.

Begoña Martín Acero i as súas fotos, Edita Nogueira i os sous textos, tamén eu, dámosvos a benvida a esta exposición que mira al futuro. Esperamos que disfrutedes destas portas que ei tán, esperando ser contempladas.

Por el camín de Nayundes, de Pepe Suárez Jardón. Os versos en gallego-asturiano que chegan dende Arxentina.

Pepe  Suárez  Jardón (Matafoyada, 1965) é un poeta  eonaviego que abandonou a súa aldea camín dalgún llugar, dúa  Itaca situada unde solo el destino podía saber, dun anhelo  nel  que desaparecese a  incerteza al por fin atopar  nalgún cruce de camíos da propia existencia a dirección correcta que dá sentido a úa vida. 

Esmelgar (*)
Esmelgar nos camíos de Bual,

alló nas penas que nun téin vértigo,

esmelgar el sentir, nos corros, nos días
entre el ruxir das estrofas dos pinos
que verquen os sonos mentres cantan.

    Independentemente de cual sía a súa  Arcadia persoal i a pesar de que el sou obxectivo vital poda ser pra outros, como dicimos nel Eo-Navia, un “nada que vei pra naiundes”, un algo sin importancia, úa tollura, Pepe S. Jardón ergue a súa  voz de poeta llibertario coa firmeza del que sabe nadar a contracorrente condo eso é necesario i nel seu periplo vital consigue fer florecer un universo  propio feito de versos i fragancias que nel transcurso del camín soubo atesourar.

      Naceu núa pequena aldea  da parroquia tapiega  da  Roda situada camín de Llagar, nas ribeiras dulces del  Porcía unde aprendeu a súa  fala  eonaviega en contacto coa naturaleza i  el  traballo nel campo cos sou padres  llabradores. Fexo el proceso de alfabetización nas escolas de Sueiro (concello del Franco), nas da  Llóngara (A  Caridá) i por último nel  colexio de Tapia.

      Llougo tuvo moitísimos oficios i buscando el sou  destino residiu  nas beiras del Sil,  nas marxes del Boeza, en Ponferrada,  i un tempo máis prolongado na  Caridá.  Tamén pasou parte da súa vida nas ribeiras del río Barcia e na desembocadura del Navia unde rexentou el quiosco de prensa del porto.

      Sempre acompañado pullos  rios a súa corrente llevoulo finalmente a  Mendoza, Arxentina, unde atopou el amor i el sou llugar nel  mundo al abeiro da cordilleira dos  Andes,  cambiando el  barruzo  i os  camíos de  pedra  i soledades pullas  terras das llagúas   desecadas de  Guanacahe  i da nación dos  Huarpes, nas terras chás  mendocinas de sol e viño.  Allí, unde sucumbiron aquellos poblos  indíxenas renace a  nosa  fala, capaz  de  nutrirse da alma campesía que pervive  nos lleitos borrados e de cruzar mares  regresando novamente viva asta nosoutros na variante dás  beiras del Porcía que Pepe S. Jardón mantén viva.

(Texto que forma parte del prólogo del llibro e que tuven a honra de escribir pra esta pequena xoia que nos presente Pepe Suárez Jardón)

El autor creou a súa propia Insula Libertaria á que chegaron ávidos llectores dos soños e das utopías e,  inda a pesar da distancia, lleva un tempo  enchendo de versos el famoso Banco da  Rula de Tapia (**) convertido en berzo lliterario unde as súas rimas son recibidas como agasallos que falan da llibertá, dos temores, das nosas tradiciois, recordos i de todo aquello que al poeta preocupa que non é outra cousa que  nosa propia vida.

Ese encontro cos tapiegos nel Banco da Rula propiciou un movemento civil, liderado por Germán Muiña i Emilio Reiriz aos que se sumou a implicación de Clarín Ediciones e de Graciano García i os llectores de Pepe que fixeron posible, entre todos, fer realidá este libro que ademáis vei permitir que el autor i a súa familia volvan pronto a visitar a terra añorada e presentar este llibro en persona.

Hai veces que as tolluras i os camíos que van pra naiundes son as elecciois correctas.

Norabúa a todos/ as i especialmente a Pepe Suárez Jardón.

(*) Con este poema, Esmelgar, Pepe Suárez Jardón participou na iniciativa “Entre versos y llouxas” que fai en Boal a asociación Forum Boal. Este poema tá posto nun colmial cerca del Cristo de Monaso.

(**) En Tapia Banco da Rula é tamén un grupo Facebook unde tán muitos dos poemas en gallego asturiano e outros en castellano de Pepe S. Jardón. Tamén están en distintas localizacióis con motivo da iniciativa Asturias, capital mundial da poesía.

Deixen xa de cuestionarnos como asturianos por falar galego.

A Academia da LLingua Asturiana (ALLA) presentou aos medios de comunicación el III Sondaxe Sociollingüístico del Navia-Eo realizada polo politólogo Francisco José Llera Ramo.


Como é evidente a ALLA é a Institución Académica oficial que en Asturias vela polo asturiano sendo el sou labor, del mesmo xeito que el de todas as Academias, investigar, formular as leis gramaticales -neste caso da llingua asturiana- promover el sou uso e velar polos dereitos desta lingua. Deste xeito nel artigo 1 dos sous Estatutos concrétanse todas estas funciois coa peculiaridá de que nel apartado k) de dito artigo dícese que “Pra todos os efectos a Academia da Llingua Asturiana promoverá e velará pola variante galego-asturiana”. Refírome a este artigo 1 k) como peculiar porque é un caso insólito nel que a úa Academia dúa lingua encoméndanselle queferes sobre úa variante que non pertenece al corpus lingüístico del idioma polo que debe traballar.

É indiscutido cientificamente que el galego-asturiano -nome que a Lei 1/1998 de uso e promoción del bable/asturianos dá al galego eonaviego- é úa fala del corpus lingüístico galaico-portugués. Un tratamento científico del idioma del Eo-Navia implicaría que dita circunstancia debería ser tida en conta evitando xebrar innecesariamente el galego-asturiano del tronco lingüístico al que pertence. Pero sigamos coel Estudo Sociolingüístico en cuestión.

Tendo en conta as funciois outorgadas á ALLA, sería “normal” que esta fixese investigaciois sobre a presencia del galego-asturiano nel mundo laboral e nel ámbito da empresa ou sobre el grao de coñecemento por parte dos funcionarios públicos,ou sobre se os pais que la tuveron como a súa primeira lingua utilízanla e tán transmitindola ou non aos sous fillos. A Academia debe saber se medran ou baxan el número de falantes.


Lo que non é de recibo é que a Institución que protexe úa lingua dedíquese a preguntar aos falantes se acaso se senten asturianos, españoles ou galegos e que manipule a enquisa pra afianzar úa determinación política de chamar al idioma dúa forma eufemística, a que sía, obviando as cuestións científicas.


Por suposto, lo que en ningún caso debería fer é crear problemas sociolingüísticos ou políticos onde non los hai, quizáis coa intención de xustificar ou disimular a incoherencia e el malestar que lles repercute tar tutelando un idioma que en Asturias debería ter outra Academia ou Centro de Estudos con recursos propios e criterios de actuación exclusivamente científicos.


El III Estudio Sociolingüístico del Eo-Navia estigmatiza en vez de fomentar el uso del noso idioma e deslexitima á Academia da Llingua Asturiana nel canto de fella forte. Esta forma de actuar pon en cuestión todo el traballo que se fai en Asturias por salvar el patrimonio lingüístico del que somos depositarios; máis inda condo se trata dun estudio tan falto de rigor e realizado con tanta torpeza que é evidente que solo perxudica al proceso de recuperación del galego-asturiano, se é que daquén pode afirmar que se teña traballando realmente en dita salvaguarda e non en todo lo contrario.

(Denominación del HABLA del Navi-Eo)


Vou demostrar lo que digo. Esta non é a primeira investigación sociolingüística sobre el Eo-Navia que encarga a ALLA al politólogo Francisco Llera Ramo, e imos comparar algúns dos datos da del ano 2002 coa del 2021 pra analizar el rigor científico deste traballo.

El II Cuetionario Sociolingüístico de Asturias de 2002 preguntaba aos participantes sobre el millor nome pra chamar á “fala” del Navia-Eo e entoncias constatábase que un 33% dos interpelados decantábanse por “Fala” e un 24% polo de “Gallego-asturiano”. Por el contrario neste III Estudo del 2021 sobre a denominación da fala dícese que a de “galego-asturiano” descendeu un 17% quedándose nun 7% e que o nome de “ Fala Eonaviega” é a preferida por un 65 % dos preguntados, aclarando que esta elección incrementouse nun 14 %.


Lo que ocurre, e este dato xa deixa en evidencia e descualifica a seriedá de todo el traballo, é que nel 2006 non se preguntou por “ Fala Eonaviega” senón por “ Fala” e encima hai un problema de matemáticas porque aquel 33% máis un 14% que se afirma incrementouse daría un 47 % e non un 65%. Tá mentíndose.


Aquí vemos a úa Academia e a un politólogo que decidiron que queren que os falantes lle chamemos “fala eonaviega” e non “galego-asturiano” e este estudio non é outra cousa que un traballo de manipulación da opinión pública pra conseguir evitar el nome de “galego-asturiano” que é el que se herdou da tradición filolóxica iniciada cos rigorosos traballos de Dámaso Alonso, que é el que fai honra á súa filiación lingüística, e que é ademáis el nome legal vixente en Asturias.

(El gallego-asturiano según Dámaso Alonso y Valentín García Yebra. Anotación 1 relaciona importantes traballos de investigación)
(Continua a nota 1 -con referencia a estudios sobre el gallego-asturiano- del traballo mencionado de Dámaso Alonso e García Yebra. Ver as referências de “poco preciso” “que ha inducido y sigue induciendo a error a tantos lingüístas” del trabajo Vocabulario del bable de Occidente de Acevedo y Fernández)


Pero é que ademais esta ALLA, nel informe del 2002, e novamente nel del 2021, dedícase a preguntar, non sobre cuestiois que afectan á tutela del idioma, senón sobre a identidá asturiana ou galega del Navia-Eo e deste xeito inquírese aos participantes sobre sentirse “asturianos hasta la medula”. É esta úa pregunta normal? Daquén lles pregunta aos de Llanes si se sienten asturianos hasta la médula?


Inda por riba tamén se pregunta sobre alternativas ás fronteiras autonómicas e infórmase que prá gran maioría dos habitantes del Navia-Eo (93%) non é problemático compatibilizar as identidades asturiana e española e 9 de cada 10 rexeitan cualquer modificación das fronteiras autonómicas.


Solo el feito de fer estas preguntas xa é todo lo contrario a tutelar el noso idioma xa que nos está dicindo que el feito de ter un idioma diferente al castellano implica en certa forma problemas de orde política.


Eso si, fain valer a súa suposta tutela del galego-asturiano dicindo que a maioría social cre que desapareceu case absolutamente el estigma lingüístico entre os habitantes del Navia-Eo, que hai un elevado nivel de uso e coñecemento e que máis da mitá dos falantes tan alfabetizados, que non hai un retroceso interxeracional ou que, se lo hai, tá contido e que os falantes confían nel futuro da lingua.
Lo certo é que o galego-asturiano pérdese interxeneracionalmente, é un idioma estigmatizado, diminúe el sou uso de forma preocupante, nas escolas non ten nin por asomo presenza suficiente e tampouco la ten nos medios de comunicación i as xentes desconocen a filiación lingüística del idioma. Todo eso fala mal da Academia é das autoridades competentes.


Na mía opinión os datos deste estudio mostran úa Institución, a Academia da Llingua Asturiana, que traballa en ocultar a diversidá lingüística de Asturias e que vén traballando en transformar úa variedá dialectal del idioma galego núa fala menor (úa fala eonaviega) seudo oficial e de segunda categoría.
Traballen científicamente. Compórtense como úa institución académica e non como un grupo de amigos dos bables. Inhíbanse de atender el gallego-asturiano e pidan al Principado que cree úa instancia adecuada.

Deixen xa de cuestionarnos como asturianos por falar galego.

Vilariñas 2021

Con motivo da celebración del Festival de Poesía Guitirica, núas xornadas de música e poesía puden recoller el galardón que concederon este ano nel Certame Poético Vilariñas 2021.

El acto presentoulo Luz Airado e contou coa actuación musical de Eugenia Sanmartín.

As trapeiras dos Vilares anunciaban a primavera condo chegaban cada ano a comprar trapos al Eo-Navia. Ese comercio desaparecido relacionaba en tempos xa pasados as terras del occidente asturiano coa parroquia dos Vilares e con Guitiriz.

Hoxe recibimos da terra das cousas pequenas poesías na fala que, coas súas variedades dialectais, compartimos.

Un día feliz.

Enllace á emisión en streaming

Tamén me entregaron a  revista de Agrupaciois Poéticas de Base, NPG Gazeta, na que participo e que, cúa portada de Viki Rivadulla, un Manifesto da Poesía Galega de Base, entrevistas e máis de 50 poesías é un exemplo de cuidado, esmero e compromiso.

Agradecido.

HAIKUS ENTRELLAZADOS

Das túas maos,
gotas das acordanzas
esqueice a noite

e nos tous beizos
señardades encoiras
arroia a llúa.

Desacougado
recuperar intento
a túa memoria

xa esmorecida.
El meu chorar revive
molladas penas.

Tantía el vento
tou nome roubarme,

desfello en cerzo.

Arroupáronme
pingaratadas dulces
del tendedeiro.

Son faragullas,

ocultas acordanzas,
da dita aromas.

Das túas maos,
gotas das acordanzas
esqueice a noite.