XV XORNADAS DE HISTORIA LOCAL COMARCA DEL EO. ÚA HISTORIA EN COMÚN.

A última semana de xullo celebráronse en Ribadeo as “XV Xornadas de História Local Comarca del Eo.”

Por esa circunstancia el  xoves 26 de xullo  na Casa del Mar de Ribadeo,  invitado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, participei xunto al poeta i xornalista de  Santiso, Héctor Acebo, nun coloquio nel que falamos sobre el idioma da nosa terra como vínculo colectivo.

Agradecer á organización el acerto desta convocatoria, en especial á presidenta da agrupación cultural, Dores F. Abel, polo sou xeito cariñoso de recibirnos i al moderador da charla, el profesor  Suso F. Acevedo, que fexo un traballo excelente garantizando a fluidez del debate i fendo posible que entre Héctor Acebo i eu houbese úa conexión que nos fexo disfrutar i sacarlle proveito al evento.

El acerto del que falo é que este acto cultural supuxo un abrazo amigo de Ribadeo cos  concellos da beira asturiana del Eo. Un abrazo sinceiro i  aberto que transformouse  na dedicación destas “XV Xornadas de história local comarca do Eo” á comarca eonaviega, xunto a  outras iniciativas  que se desenvolven nel mes de agosto, como “Poemas no balcón” i recitados que  tamén terán como protagonistas a poetas eonaviegos.

IMG-20170810-WA0005

As fronteiras administrativas i políticas crean úa división real i al tempo artificial de comunidades i poden ser muitas veces  divisiois que nun se corresponden con mundos ou culturas diferentes. El idioma, al mesmo tempo que outros élementos culturais, é algo que na comarca Eo-Navia nos xunta. Nel xeito de falar de Ribadeo terminan os plurais igual que os de Boal, decindo corazois, camiois… Tamén fain os diminutivos como nosoutros i dicen paxarios (pronunciado úa  /o/ pechada que parece paxarius) i tamén camín, foucín… Dicen chuchos (non bicos) i al monte van, como nosoutros, cúa brosa i dicen xa tá condo xa tá. Podemos comunicarnos tranquilamente nas nosas falas porque pertenecen al mesmo corpus lingüístico. Son falas galegas da mesma llingua. Manter relaciois é natural i enriquécenos a us i outros. Nun se entende que tando tan xuntos nun nos conozamos máis por culpa dúa raia que solo está nos mapas.

Nel coloquio fixemos algo de historia. Recordamos a colección diplomática del cenóbio de Vilanova de Ozcos (1) con alredor de 600 documentos dos séculos XI, XII, XIII i XIV escritos en galaico-portugués i que fain proba de que Asturias é  úa Comunidá Autónoma que debe reivindicar como idiomas propios tanto el gallego-asturiano (el galego de Asturias) como el asturiano (el astur-leonés).

Comentamos as equivocaciois que aparecen nos vocabularios, publicados en 1932 por El Centro de Estudios Históricos  i recollidos por el boalés Bernardo Acevedo y Huelves i por el franquín Marcelino Fernández y Fernández que aparecen baxo el desafortunado título de “Vocabulario del Bable de Occidente”. Nese llibro aparecen errores al identificar as tribus prerromanas que habitaban el territorio, (2) (dícese que eran pésicos, condo eran tribus galaicas de egobarros, cibarcos i albiois. Esos equívocos  al identificar el idioma como bable vein seguramente dúa percepción dende a inferioridá da nosa fala téndola de menos categoría que os falares del centro de Asturias. Eso xa nun se dá na xente nova a pouco que teña  algo de información.

IMG_4836

Ese impropio título i el resto das icorreciois son acreditadas por os propios estudos del que era naquel tempo Presidente da “Academia de la Lengua Española “, R. Menéndez Pidal (3) que de forma expresa i contundente  reconoce nos sous traballos tanto que el gallego-asturiano é úa fala gallega como atribuir esa circustancia al feito de que a zona taba habitada, condo chegaron os romanos, por as ditas tribus galaicas. Ese mesmo feito é manifestado por Dámaso Alonso (4) i outros eruditos de prestixio innegable.

A introducción dese vocabulsrio unde Pidal i Martínez cometen esas confusiois débese seguramente a un acto de amistá, xa que Marcelino Fernández estaba apunto de morrer i quería ver publicado el traballo, tal i como explica el propio Menéndez Pidal, (5) pero el resultado foi que coel desatino provocaron que traballos posteriores repetisen el mesmo fallo.

Na charla abordamos tamén a situación legal del gallego-asturiano, as medidas de normalización, a necesaria participación correcta dos medios de comunicación asturianos, a importancia, ou non, dos escritores i axentes de cultura que, as veces, son máis un atranco que un avance convertindo en cousa de poucos un patrimonio que é de todos, ou incluso  colaborando en vulgarizallo.

Héctor Acebo máis eu coincidimos en identificar como prexuício a evidente discriminación i a situación del idioma propio da nosa comarca. Os dous rechazamos a tutela da Academia da Llingua Asturiana, a única del mundo que tutela dous idiomas distintos i que, nel noso caso, está favorecendo úa degradación evidente i úa doble minorización del idioma gallego de Asturias.

Hoi a comunidá de falantes de gallego-asturiano de diecioito concellos de Asturias nun ten un representante ni úa institución propia que defenda os sous intereses nos sitos en que deberían ser defendidos, incumplíndose cartas e tratados sobre dereitos lingüísticos.

Certamente discrepamos algo respecto al organismo de tutela, pos si Héctor Acebo considera que ten que ser a Academia da Lingua Galega mediante a oficialidá del galego na zona, (seguindo os modelos del catalán das “Illes Balears” ou el euskera en Navarra) eu soi partidário da existencia dun Centro de Estudos del Gallego de Asturias, que chegue a acordos pertinentes coa Academia i el goberno gallego, (como se fai nel caso del Bierzo) que garantice os medios pra lograr que el gallego-asturiano medre, que os falantes valoren el gusto de falallo ben i non de cualquier xeito, que propicie úa normativa que repete as nosas peculiaridades sen separallo del sou corpus lingüístico, que permita acceso a estudios que faciliten as certificaciois de conocemento en igualdá de condiciois aos falantes de gallego de Galicia i que seña úa férreamenta cultural de medría económica da nosa comarca.

IMG_4805

          El acabo puxéronlo os artistas del grupo Toyemerendas que regaláronnos con  música de poemas de noso i que nos fixeron rematar el acto con ganas de que nun acabase. A  voz única de Ruth Martín, logrou convertir el encontro  nun espacio unde música, poesía i debate fundíronse mansamente.

(1) “ Y Dey nomine, amen. Cunusçuda cousa seia a quantos esta carta viren commo eu María Uicentez de Cedamona vendo a uos abbade don Guillermo de Santa María de Villa Noua d’Oscos e ao conueto desse mismo lugar quanta heredade eu aio e deuo auer en Çedamona… (…) “Feyta a carta en Gyo. Era de mil e CC anos. Reynante rey don Fernando en Castella e en Galica. Martines episcopus in Ouedo.”  (Cartulario de Vilanova de Ozcos, Venta de María Vicentez. Ano 1162)

(2) “ El bable del Centro y del Oriente de Asturias tuvo su literatura. (…) Pero la parte Occidental de la provincia, sobre todo la comarca Pésica de que nos habla Estrabón, Plinio y otros antiguos escritores ( territorio comprendido entre el Navia y el Eo) que se halla entre los 120 y 152 km. de Oviedo, sin ferrocarril, vivió siempre en el mayor aislamiento, y de ahí, y por estar cerca de Galicia, que se conserve más puro su antiguo romance, muy parececido al leonés occidental.” (Marcelino Fernández y Fernández,  Vocabulario del Bable de Occidente, 1932)

(3) “ El gallego se extiende por una faja de unos ocho kilómetros al Oriente del Navia. Probablemente por razónes históricas ta antiguas, que tendrán algo que ver con el límite de los conventus jurídicos Asturicense y Lucense; el río Navia, según Plinio, separaba a los astures pésicos de los gallegos lucenses” ( Menéndez Pidal, 1906, 31)

(4) “ El desgraciado título que al juntar los Vocabularios de Acevedo y Fernández se puso por El Centro de Estudios Históricos al libro (Vocabulario del bable de Occidente) ha hecho que varios investigadores llamen a esta hablas “bable occidental” es un nombre que no produce sino confusión con el “asturiano occidental”. Que es otra cosa distinta.” (Dámaso Alonso)

   “Estas hablas de entre el Navia y el Eo fundamentalmente gallegas, pero con algunos rasgos asturianos, las designó con el nombre de gallego-asturiano.” (Dámaso Alonso. 1945: 391)

(5) ” Mi antiguo amigo D. Marcelino Fernández, herido de mortal enfermedad, no dejaba de sentir, entre sus dolores tísicos, esa preocupación porque un trabajo suyo de mucho tiempo fuese quedar perdido.” (Menéndez Pídal. Vocabulario del Bable de Occidente, 1932)

Advertisements

Amar por os dous/Amar polos dous

IMG_4574

(Salvador Sobral)

Letra da canción que ganou a edicción 2017 del Festival de Eurovisión.

Autora: Luisa Sobral.

interptretes: Salvador  Sobral e Luísa Sobral.

País: Portugal.

Idioma: Portugués

Portugal ganou Eurovisión primando lo artístico, lo musical, enseñando lo millor del sou país, algo que los representa e mostra al mundo a súa cultura. Nel Eo-Navia temos el orgullo de ter úa fala que comparte orixen coa llingua portuguesa. Algús dos primeiros escritos que os portugueses reivindican como del gallego-portugués, (a orixe del sou idioma), foron atopados nel Monasterio de Vilanova de Ozcos. Esta comarca de Asturias pode decir con orgullo que Portugal ten muito de nosoutros. E nese idioma ben guapo caben obras de arte como a canción interpretada por Salvador e Luisa Sobral. Norabúa aos dous intérpretes  i a Portugal. Aos eonaviegos  i a Asturias tamén por  lo que nos toca. Aconsello escuitar a canción lendo el poema en gallego asturiano.

Lo que dice Salvador:

“A música nun son fougos  artificiais, a música é sentimento  e ten que decir algo”

 

A canción en gallego-asturiano:

 

AMAR POR OS DOUS

Se un día alguén pergunta  por min

Dille que vivin pra  amarte.

Antes de ti, solo existín

Cansado e sen nada pra dar.

Meu ben (1) oe  (2) as mías pregarias.

Pido que regreses que me volvas a querer.

Eu sei que non se ama solín (3)

Tal vez devagando podas volver  a aprender.

Meu ben escuita as mías pregarias.

Pido que regreses que me volvas a querer.

Eu sei que non se ama solín (3)

Tal vez devagando (4) podas volver a aprender.

Se el tou corazón non quixese ceder

Non  quixese sentir a paixón, non  quixese sufrir

Sen fer planes del que virá despós 

El meu corazón pode amar por os dous. (5).

 

En portugués (Gallego-asturiano oficial en Portugal)

“AMAR PELOS DOIS” 

Se um dia alguém perguntar por mim
DIzda que vivi p’ra te amar
Antes de ti, só existi
Cansado e sem nada p’ra dar

Meu bem, ouve as minhas preces
Peço que regresses, que me voltes a querer
Eu sei que não se ama sozinho
Talves devagarinho possas voltar a aprender

Meu bem, ouve as minhas preces
Peço que regresses, que me voltes a querer
Eu sei que não se ama sozinho
Talves devagatrinho possas voltar a aprender

Se o teu coração não quiser ceder
Não sentir paixão, não quiser sofrer
Sem fazer planos do que virá depois
O meu coração pode amar pelos dois.

(1) Meu ben. Expresión de cariño. Normalmente aos fillos
(2) Verbo ouguir. Tú oes, el oe, nosoutros ouguimos… Escuitar.
(3) Devagando, sen presa, pouco a pouco, amodo.
(4) Solín, soliño, abandonado.
(5) Polos dous

IMG_4575

(Luisa Sobral)

 

Libro-CD del gaiteiro asturiano Nela de Bres (Editorial Canela)


                                                     (Foto de portada: Vicente Ansola)

Como resido nel País Vasco teño el privilexo de que lle podo pedir regalos al Olentzero, que é un personaxe que nun lle gusta regalar cousas tecnolóxicas. Sempre deixa un xuguete de madeira, úas poucas de castañas ou noces… Eu teño pedido un llibro i como porteime ben mandoumo por correo sin esperar al vinticuatro de decembro.

Anímovos a  que compredes este relevante llibro-CD ou llo pidades aos Magos de Oriente.

A Editorial Canela edita úas pequenas grandes obras de arte, feitas con cariño, muita dedicación e úa enorme calidá. El llibro con CD que aquí presento analiza dun xeito completo a vida i obra del gaiteiro eonaviego Nela de Bres.

El llibro-disco “NELA de BRES. Manuel Enríquez Fernández” foi coordinado por el divulgador i estudioso da cultura popular Pablo  Quintana López (Vilanova de Oscos 1956) que cóntanos a biografia de Nela a modo de conto: “Érase una vez un niño de 12 años que casi todos los días salía con las ovejas al monte. Se llamaba Manuel Enríquez Fernández. Había nacido en el Lugar de Baxo de Silvallá, un pequeño pueblo perteneciente a la parroquia De San Pedro de Bres y al concejo de Taramundi, el 16 de julio de 1938.” 

Que aquel neno tocara a gaita convertíndose en todo un referente da cultura popular da comarca eonaviega i da zona fronteriza de Galicia,  é toda úa historia de superación que empezou cus xipros de castañeiro ou  pipas de pan feitas a miles por el propio neno Manolín. “Ás veces tanto me entretenía facendo nelas que… iba cas ovellas ao monte e as ovellas igual quedaba naló i eu viña sin as ovellas…” 

Nela , como dice Luís Prego Fernández, ten úa inquietú por aprender, evolucionar i millorar i esas cualidades chegan a fer dél un maestro gaiteiro, un exemplo a seguir, cun estilo propio dentro dá chamada “dixitación pechada” cun xeito de tocar limpio i claro i outros detalles que se explican nesta obra. Os que lo viron en directo  na TVGa ou na TPA poden acreditallo pero escuitar este disco coa aportación del libro permite chegar muito máis llonxe.

As colaboraciois que introducen el llibro  son todas especialmente afortunadas  aunque teño que reconocer que  as de Xabier Díaz  e Xosé Ambás tein un sabor que nos conecta coa gran persona que é Nela. Pero, xa digo, todas son un disfrute pral llector interesado. A explicación da Asociación Cultural “Os Castros” é fundamental pra conocer a xénesis del llibro é a importancia de Nela nel sou entorno.

El llibro é úa obra preciosa que incorpora un CD con vinticuatro pezas interpretadas por Nela, incluido el mítico Valse de Taramundi”  ou a curiosa  “Muliñeira de Batribán” (Coa interpretación de Branca Villares –voz o pandereta-)

El contido del llibro ven explicada  de tal modo  que lo convirte núa auténtica guía de audición, lo que axuda á súa millor comprensión lo que é mui importante al tratarse de música del occidente asturiano, i da comarca nel límite administrativo con Galicia, con úa tradición local que lle dá un valor único i especial. Como dicen os músicos da zona “Aqui  hai un sonido que é noso”.

A guía de audición   permite conocer as fontes de Nela (Firme de Batribán, Clemente de Ibias, Patricio de Abraido, Santos da Armita…) e  informa de todo el proceso de grabación i dos músicos que participan, convertíndose nun documento de valor histórico incalculable.

Por si fora pouco el llibro-áudio-guía entra tamén na parte importantísima dos constructores de gaitas nun relato interesantísimo das biografías de nada menos que Luís Latas i da família Seivane Todo vestido cos poemas fermosos de Alberto Calvín, un albún fotográfico de Vicente Ansola Trueba (autor tamén da foto da portada) i fotos de amigos, actuacióis, gaitas de Nela, etc.

 

Música de probes

 chamáronlle á gaita

algunhos señores

ca barriga farta.


É a xente dos pueblos,

pra facer as festas,

en vez de gaiteiros 

buscaron orquestas.


A gaita olvidada

acabou a probe 

de un clavo colgada

sin que naide la toque.

(…)

Cunha gaita basta,

cunha gaita chega,

Si o que ta a tocala 

o fai como Nela.

(…)

(De “Non chores gaitiña” del poeta de Taramundi Alberto Calvín)


Outono Cultural en Boal

Os días 4, 5 i 6 de decembre de 2015 cellébrase en Boal el “VIII Outono Cultural



A sociedá civil mediante parte del sou movemento asociativo, neste caso a Asociación Xuvenil Mezá, exemplo de iniciativa de xente nova e ilusionada, reivindica con esta VIII edición el puer en valor a cultura de noso. Necesitamos ese prestixio i atención pra todos os exponentes das nosas peculiaridades culturales.

Que se celebre “El I Trofeo Villa de Boal de Billarda” supón un logro na recuperación dos xogos populares tradicionales é pode ser el empezo dun auténtico festival de recuperacion de éste i outros xogos i deportes rurales. Nada se debe fer de menos, i todo axuda a lograr a medría económica i cultural dúa comarca.

Esta VIII edición mostra un programa importante de actividades, talleres, exposiciois, comida popular, concertos…

Un acto a destacar é el reconócemento aos músicos tradicionales del concello. Un homenaxe merecido i necesario que se fairá el domingo as 12.30 na praza da Iglesia.

A presencia del grupo “N’Arba”, del comprometido Xosé Ambás, é un regalo. Que el grupo gallego “Chotokoeu” rematé en Boal a súa xira europea, un privilexio. A presencia de “La Tarrancha” i a súa pachanga-ska-folk garantía de diversión. Felicidades aos organizadores.

Iniciativas como esta deixan ver úa lluz de esperanza. Ánimo Boal.

Video Clip “A Flor del Toxo” del Conjunto Os Folkagazais. Comentarios sobre os xeitos de potenciamento da economía local.

Certamente é un orgullo pra min que el grupo musical da Veiga,  “Conjunto Os Folkgazais” puxese música a un poema meu , “A flor del Toxo”. Que vou decir de que escollesen  esa canción  como tema de referencia pral videoclip de promoción de disco “Haiga”, un disco que Os Folkgazais fixeron posible  utlizando el sistema de finanzamento colectivo chamado “Crowdfunding” . Dalgún xeito,  el éxito del disco é un exito de todos os que participamos na proposta de finanzamento. Gracias amigos por el voso esforzo, traballo i decicación.  Por si fora pouco esa canción de Os Folkgazais aparece  nel disco de AMAS 2012  i el Videoclip foi emitido na TPA i nun puñado  de  emisoras de radio.  El conxunto  llevou el noso idioma i promocionou a nosa cultura  i a nosa comarca en muitísimas intervenciois en distintos medios de comunicación i en abondas actuaciois.

Desde el punto de vista musical i cultural a comarca Navia Eo ten úa vitalidá importante, como demostran eventos como el Festival  Navia Rock The Venera Sound ,  A Noite Celta de Porcia,  el Festival Intercéltico de Occidente, i tamén el Festival de  Blues i Jazz de Ribadeo.  Pero sobre todo lo máis importante é  ese traballar de pequeno tamaño i enorme entusiasmo  que representan os grupos de cantera de rock, jazz, etc. Úa menció especial merece  a llaboría dos amantes i cuidadores da música tradicional  que, de todas as edades, nun faltan nas terras eonaviegas.

Os concellos, as comisiois de festas, os artesanos, os empresarios, os comerciantes, os maestros, os políticos, os músicos os, a xente nova, os que xa viron mundo, as asociaciois, as administraciois públicas, os medios de comunicación, os banqueiros, os padres i madres, os vecios… todos os que teñan algúa responsabilidá nos asuntos culturales, todos os que  sepan ver cultura unde hai daquén que sabe fer cousas que aprendellas costoulle dedicación, traballo, gusto,  criterio, responsabilidá, inquietú, constancia, amor i cariño…  todos i todas as que teñan algo que decir i todos os  que teñan a determinación i el compromiso de decir algo, deberían dedicar parte del sou esforzo a cuidar ese patrimonio colectivo.

portada haiga

Gástanse muitos cuartos en festas, feiras,  eventos i outras actividades, na malloría dos casos esquéicese el traballo desta xente que temos al pé noso i nun la queremos ver. Si a ellos llles vei ben, veinos ben a todos… Si a ellos lles vei mal…veinos mal a todos.  Si nun lo queremos ver é tirar pedras contra el noso propio llouxado… i que sigan os nosos cuartos indo llonxe, unde nun se volva a saber dellos, entusiasmados por as delicias da globalización. Algús dirán intervencionismo, localismo…pero como decía un zapateiro que había en Boal condo eu era un rapacín, ” Si temos as alpargatas afuracadas naide nos vei regalar outras novas”. Por eso é importante, al hora de invertir en actividades culturales i non culturales, pensar na necesidá de potenciar a nosa  propia economía empregando  úa parte del alento en iniciativas da comarca.

Puntos de venta del disco Haiga del Conjunto Os Folkgazais:

Comprar disco “Haiga “por internet  (Objetivo 7)

Librería San Pedro. A Veiga

Café Bar Villapedre- Navia

La Casa Azul. Navia

27113 Comuna. Negueira de Muñiz

Café Habana. Mieres

Cervecería L’esperteyu.Calleja de la Ciega 2, bajo. Oviedo

El Cafetón.C/ del Sol, nº8. Avilés

LORENA ÁLVAREZ I A SÚA BANDA MUNICIPAL

Mirade saliu nel Telediario:

Sin querer, fendo lo que quere,  Lorena Álvarez comparte con el mundo a poesía da música tradicional que de sempre escuito nas cocías de Ibias. Dende Madrid, sen perder esas reices, pero coel desenfado i el cosmopolitismo dúa xente nova que quere cambiar el mundo sen deixarse atanigar por el airón del consumismo i do comercial. “Jotas” que sin ser “jotas”  siguen sendo “jotas” i  i nuncan deixarán de sello.

(Lorena Álvarez con Nacho Vegas)

Desde Malasaña, Madrid,  fendo musica que nos acerca al noso sentir tradicional, el éxito desta asturiana de Ibias  que ten como referente musical a  Concha de Trasmonte  “Úa  muller de 83 anos que ten úa  voz que nun parece de este mundo. A primeira vez que la escuitei cantar na radio,  puxéronseme os pelos de punta”

 

“En realidad no hice las canciones pensando en que fuesen jotas. De hecho siempre cuento la anécdota de que, cuando se las enseñé a Concha de Trasmonte, una señora de Asturias, que sí que sabía mucho de música tradicional, me dijo que eran muy guapas pero que les faltaba una de las partes de la jota”

(Entrevista en MundoSonoro.com)

abuelos

(Os avolos de Lorena)

A ver si daquén la contrata pra que poida cantar nas terras Eonaviegas.

Ruda, a planta da búa sorte que nun debe faltar núa casa

Eu desconocía a ruda  pero faloume della úa familia vida del Uruguay hai us anos, con antepasados vasco-gallegos, que me contaron as súas propiedades i dixéronme  que querían conseguir úa destas plantas. A mía sorpresa foi que nun me resultou nada dificil conseguilla, i souben que muitas “mullerías,  lindas i vellías” , como me dixeron  os meus  amigos de acullú del océano Atlántico,  inda cuidan i mantein  esta planta nas súas casas. Eu xa tou intentado que me aprenda úa. Conseguinla nel Llombatín, concello de Eilao.

Ruda buena suerte

Nas terras del Navia Eo inda persiste en muitas casas a tradición de ter sempre  úa planta de “Ruda” como garantía pra protexerse contra el  mal de ollo i  pra que recolla as malas enerxías que nos queran perxudicar.

Dicen algús que  a ruda ten gran forza  contra os   espíritus ruíos  i  contra as malas artes de terceiros,  que é protectora i  portadora de búa sorte.

Desde tempos inmemoriales  i  en diferentes culturas , aproveitasen os beneficios da ruda.

Era común que os xueces romanos  llevaran consigo algúas follas de ruda  condo debían tar en contacto con algún preso, pos  crían  que a ruda  preservabalos  das contaminaciois  i  del mal de ollo.

Cóntase que tamñen os chinos  lle otorgan  características beneficiosas i usábanla pra  contrarrestar os malos pensamentos.

Prá cultura celta a ruda protexía dos feitizos i maleficios, da mala sorte i usabánla prás bendiciois  i prá curación de enfermos

Flor nacional de Lituana,  asociada a femenidá, en muitas canciois tradicionales británicas simboliza a pena,  presente na música de metal progresivo americano, (Symphony X,  “Absinte y Ruda”),  a herba da gracia, planta de follas perennes que parece que acompaña a nosa historia de sempre e por sempre.

caña_ruda bebida

A planta foi introducida en América por os europeos.

El chamamé  é un xenero musical  con raíces indíxenas guaraníes,  (El idioma duaraní fálase en Paraguay, Arxentina , Bolivia y Brasil) El chamado  rei del chamamé, Tarragó Ros,   ten un tema músical que se titula caña con ruda,  que da constancia da importancia de esta planta.

♫ ☞Escuitar Caña con ruda deTarragó Ros en Spotify

Escuitar Caña con ruda de Tarragó Ros en You Tube

“No hay primero de agosto, si no hay caña con ruda…
así la gente acostumbra en todito el litoral.
Es la mejor medicina pa’ vencer al mes más bravo.
Cuando mame está curando, siento que me voy picando,
…y ya dice la experiencia: gente caú ndapenay”
Tarragó Ros fálanos  nesta canción dúa costume  mui querida del litoral arxentino que consiste en tomar  el día primeiro de agosto tres papadios  de caña con ruda pra ferlle  frente al mes máis frio del ano. Esta é a tradición popular que inda  persiste como  como amuleto contra a mala sorte i as enfermedades durante a estación de pior tempo del ano. Antiguamente esa ruda era vendecida el día de ramos. Tamén fían un té con agua bendita, pero como é úa planta venenosa debían tomar mui pouca cantidá.
ruda na amo
El  primeiro de agosto e  un día especial en diferentes  culturas. El  mesmo  día que se rinde honor  á  Pacha Mama (Madre Terra), á que  da fecundidá aos campos i da  búa coseita, poso da mitoloxía  incaica  que inda  pervive  vixente en muitas comunidades del noroeste arxentino i zonas andinas, el mesmo día os celtas festexaban el festival de Lughnasa en honor de Lugh  (cristianizado a San Llourenzo)  el dios chamado “El intelixente”, poeta, historiador, guerreiro, médico, arpista i mago, de bon parecer, novo, forte,  atlético, mui guapo . El culto a este dios irlandés  extendeuse  al continente i deu el sou nome  a varias ciudades europeas: Lyon (Francia), Lugo (España), Leiten (Holanda), Leignitz (Alemania).