Premio del XVII Certame de Poesía “Anduriña Voandeira” … A “andulía”  engalando…dende Bilbao chegou a Roxíos.


Hoi, 17 de xuno del 2017 nun podo tar máis contento. En Barakaldo é a entrega  dos premios del XVII CERTAME DE POESÍA “ANDURIÑA VOANDEIRA ” convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi.

El   Xurado   presidido por Pilar Rodríguez Villar, sendo secretario D. José David Fidalgo e integrado por  D. Xosé Estévez Rodríguez, catedrático da Universidá de Deusto, Dña. Ana Belén Crespo Bastos,  Profesora-Lectora da Universidá de Deusto, Bilbao e Dña. Rosalía Ferreiro García, Profesora-Lectora da Universidá del País Vasco, acordou otorgar el primeiro premio a Enrique González Álvarez, de Roxíos-Boal, Asturias, residente en Donostia e el Segundo a Júlia Martínez Feijoo, de Bueu-Pontevedra.


Ai…As anduriñas….
Andulías decimos en “gallego-asturiano”

Andulía   é úa das mias palabras preferidas… Nacín   núa  pequena aldea asturiana del concello de Boal, na comarca fronteiriza entre Asturias i Galícia que chaman Eo-Navia.

Roxíos, está nas ribeiras baxas del rio Navia, ese río que nace en Lugo, en Busnullán , alló no Cebreiro, ao norte dos Ancares, i que vei morrer al  Cantábrico, en Navia de Asturias.

As “Andulías” son como os rios, non conocen de marcos nin atrancos i traen os millores recordos que un poda desexar. É decir andulía i  véxome nel  caserio unde nacín… como si las tuvese vindo  delantre de min… engalando dun lado ao outro …aquellas llaradas de andulías, como úa rabañada de nenos rabincando, anunciando el bon tempo,  semando alegría, saludando como amuletos da búa sorte.

As andulías eran da casa….fían os nios na corte i os nosos maiores decían: – Nun  se lles pode fer mal, son páxaros sagrados.- Ferlles  mal era ferlle mal á divinidá, cualquera que ésta fose, pode que á deidá  precristiana das augas, das fontes, da fecundidá; esa deidá que se chama como el  rio, Nabia.

Sí, as andulías  pásalles como aos rios. Ben lo  dicen os versos de Celso Emilio Ferreiro:

Por enriba de tódalas fronteiras

por enriba de muros e valados

si os nosos soños son igoales 

coma un irmau che falo.

É certo que dicen que asturianos i galegos somos primos-irmaos, pero os asturianos da comarca de fala galega del Eo-Navia (Del Navia e un pouquín máis alló) somos irmaus irmaus. Nada de primos…irmaus!. E entre os irmaus non hai fronteiras nin muros nin valados.

A vosa “anduriña voandeira” vei a unde lle peta i  hoi  visitou a mía aldea de Roxíos, el meu concello de Boal, a mía Asturias de fala galaico-portuguesa.

Teño que decir que a alegría da vosa visita non pode ser máis grande.

Este premio pra min é máis importante que lo puramente persoal, porque este premio el que nos dice é que a nosa fala é grande, que el noso idioma é importante…que non nos separa del mundo, que a nosa llingua abre portas,  asegura que sigamos sendo el que fomos, el que somos, que podamos escapar da globalización que nos rouba a identidá  i que consigamos tamén seguir sendo nel futuro.

Por eso, irmaus, gracias por este premio…As mías palabras están escritas nun gallego que non é oficial en Asturias, núa variedá dialectal del gallego que non é atendida como debería pola administración que nos corresponde. A verdá  é a verdá i nun ten máis que un camín. Lo certo é que “a nosa fala” non ten a protección que sería a axeitada. Pro nun conozo millor idioma pra expresar lo que expresan os versos que vos entreguei, pra reflexionar, por suposto sobre cualquer tema, pro  especialmente tamén sobre sentimentos como a perda, a emigración, a señardá..el cariño por os seres queridos.

Hoi  úa “anduriña voandeira”bilbaina , por enriba de fronteiras, muros, normativas i legalidades, deunos un abrazo poético, un regalo máis grande que as afinidades,  un valor inda máis superior se cabe quel das amistades; Hoi  a vosa andulía  trouxo úa mensaxe de irmandade…Muitas, muitas, muitas gracias.

Donostia, 17 de xuno de 2017

Quique Roxíos.

 

IMG_4785

Advertisements

Lleveite al rio Augüeira

 

Á nosa fala.

Tan esqueicéndoseme as pallabras
de nun usallas, de nun pensallas.
De nun acariñallas, de nun chuchallas.
Condo las necesito
intento remexer
nalgúa carpeta del disco duro del meu cerebro.
Sei que tan ehi.
Sei que taban ahí.
Seguramente tan enfurruñadas,
dolidas,
rencorosas del sou abandono.
Ellas nunca me deixaron
por propia voluntá.
Sempre argutes pra cumprir el sou cometido.
Pero eu castigueilas de cara a parede
cos brazos en cruz,
aguantado us llibros
nos que nin siquera aparecían.

Mundo de herbas

Habitei nun mundo de herbas, nun mundo sen horizontes,
el mundo da herba nas paredes.
Habitei
el imperio das herbas del aire,
el continente das herbas del mar.
Enfermei
coa herba das feridas,
herbas del cego.
Unteime
con herbas salgadas,
herbas del demo.
Cureime
con herbas das bruxas,
herbas de San Llourenzo.
Busquei
remedios nas herbas dos amores,
herbas das nubres, herbas da maldición.
Albeitrei ciridonias, rudas, herbas del cuco,
herbas dos ensalmos, herbas das xungueiras.
Herbas das rosas… herbas de herbar
Afortunado de min,
habitei nun mundo de herbas.

 

Amorodos
Amorodos
rosas e ameixeiras
lluxuria de semente
choros de triste inocencia
desvelos xordos…
insistencia,
imposible pechar tollura i ventos.

(Primer Premio I Concurso Poesía Miguel García Teijeiro)

Flor de toxo

A túa fragancia chegou
condo naceu a flor del toxo,
trembando axeitín como úa caricia de folgueira…
Non querias que saubera da túa ardente tentación,
al mirar nos tous ollos la vin, abrespa que me pinchou.

Esqueiciche lo prometido…
¡Mentira escarnada me dixiche!
Prometiche lo esqueicido…
¡Incerteza xirúa me trouxiche!

¡Pregúntalle
al airón que veo coa flor del toxo!
¡Pregúntalle!
Pola acompasada paixón
relatiada polas binteiras
condo falaron de máxicos embruxos,
miradas que veron,
condo cantaron fervores festexeiros,
alboradas que rebincaron,
condo se envizcaron en encoiros quereres,
mentiras que chegaron,
condo trobaron excitados xemidos
debilidades que econteceron…
por ardores e tempos sen mesura…
¡Alma da flor del toxo

Quique Roxíos.

Poema musicado por el Conjunto Os Folgazais de

A Veiga. Disco Haiga. É el tema del videoclip.

 

Augua que nun deixará de correr.
El querer que en min atanigou,
profundo como el idioma que eu falo,
naceu al pé dun regueiro, onde os umeiros nacen,
onde os salgueiros medran.

Non, nun lo trouxo naide,
se ascaso el rumor del vento
se ascaso el camín del rio.

El querer que en min se embolortou,
silencioso, sí, como el tupido cerzo,
dominando serras i montes como os caballos ceibes cabalgou
entras copas dos castañeiros, entras follas das carballeiras.

Non, nun lo trouxo naide
se ascaso a Princesa das Auguas,
a deusa del precioso nome, Navia.

El querer que en min aprendeu
resultou de lluitas incesantes repetidas dende remotos tempos
nos que, según antigas inscripcióis,
reinaba el Principe dos Albióis.

El querer que a min se achegou, íntimo como el idioma que eu falo,
misterioso como a memoria das pedras aballadoiras,
espíritu da terra das bidureiras,
sementou os teixos nos llugares sagrados.

El querer que a min me queimou, povisa que encende,
dende el empezo dos tempos,el llume nos altos castros.
Llouxado que protexeu,al abeiro das nosas llendas,
os reigaños primeiros.

El querer que en min axenegou
lleva todas as auguas del rio:
auguas da mañá, del anoitecer, das xeladas, del escurecer;
tamén vardascuadas de forte chover, as auguas amollentadas del molín
i as del rubien del ameicer.

Lleva auguas da primavera, as del frio aterecer,
brancas falopas das nevadas, as deixadas polo querer…
Encollidos choros del enfado, pequenas faragullas da túa risa,
as auguas que chegaron coas primeiras brisas.

El idioma que en min naceu
fala un eterno querer
marmella un velado sentir,
habita en fermosas palabras.

Non lo trouxo naide,
se ascaso el augua del regueiro,
augua que nun deixará de correr.


(Publicado en Evos un amaicer mui guapo de Xoán Babarro. Colección 
 Olga.

 

Lleveite al rio Augüeira

 

Lleveite al rio Augüeira

pra enseñarche

a súa eterna cántiga.

Lleveite al mazo vello

pra mostrarche

sospiros de ilusiois e medos.

 

Acompañácheme al regueiro

al íntimo ser escondido

nos espiritus da brisa

nel secreto  dos castañeiros.

 

Sabes del dolor

que afoga a mía pena.

Sabes del temor

que somete a mía alma.

Conoces el sabor

dos meus triste choros.

 

Llevácheme medrosa

al rumor  del tou mar branco.

Untácheme de cereixas

desvelos i tormentos.

 

Guiácheme

por agradables sendas empedradas

camios de oliveiras i améndoas

sabores de risas  i viños

olores de flores i rosas.

 

Entregácheme el regalo da túa risa

a clarencia que estragalla a túa mirada.

Mostrácheme, na calma noite,

a melecía alegre i caprichosa.

 

Lleveite al rio Augüeira

lleveite al mazo vello.

                                                               Quique Roxíos

                                                               Cántigas del Augüeira

                                                               Publicado en 

                                                               “A xente que soña desperta”

                                                               Colección Òlga

                                                               por  Xosé Henrique Costas González. 

                                                               Universidá  de Vigo

I Concurso de Poesía Miguel G. Teixeiro das Figueiras

Lo único que podo decir é que tou mui contento. Que un poema de Quique Roxíos (el meu alter ego artístico) consiga el primer premio deste “I Concurso de Poesía Miguel G Teijeiro de Figueras” é pra min úa das millores noticias que puidese recibir.

Taba traballando nel meu xulgado de Granollers i sonou el móbil.

– Hola soy Rocio, te llamo de la Biblioteca Pública Miguel G. Teijeiro de Las Figueras, es para comunicarte que tú poema “amorodos” ha sido premiado por unanimidad…

Gracias Rocio, nun nos conocemos pero dícheme úa gran alegría.

Este premio é un regalo i un impulso pral compromiso personal con este idioma que debemos cuidar i querer.

Gracias á Biblioteca Pública das Figueiras.