Ei tán… as portas de Boal. Exposición Casa da Cultura de Boal. Libro-Catalogo fotografico-textual Canel Editores

Na Casa da Cultura de Boal, xa tá a disposición gratuita de todos/as -asta final deste mes- a preciosa exposición fotografico-textual “Ahí están… las puertas de Boal/ Ei tán… as portas de Boal“.


Os boaleses podemos presumir xustificadamente de bonitas portas, regalallas aos seres queridos ou compartillas disfrutando dus textos que falan das portas, pero tamén da vida que hai detrás dellas.


Todo el material da exposición tá nun exquisito llibro que se pode adquirir nas llibrerías (Gloria ou Lucía) colaborando deste xeito coa editorial “Canel Editores” i a súa aposta por dar a conocer el patrimonio de Boal.
A compra del llibro en Boal tamén fai por el sostenimento das llibrerías, tan importantes nel medio rural.
Begoña Martín Acero, alma deste traballo, emocionouse nel acto de apertura. Gracias Begoña por el cariño deste regalo que nos fais i que quedará xa pra sempre a disposición dos boaleses/as.

Exposición Casa da Cultura de Boal

A editorial informa que tamén tá en venta noutras librerías de Asturias:

  • De Oviedo:
    *Reconquista
    *Cervantes
    *Maribel
    *Trabe

-De Navia:

  • La Villa
  • Don Quijote

De Xixón:
*Roy
*4 Letras
*La Buena Letra, *La Revoltosa
*De Bolsillo.

En Avilés:
*Casona
*Clarín

El Franco:
*Alfonso Rodríguez (A Caridá)

A Veiga:
*San Pedro,
*Patefa
*Casa Pérez

Canel Editores
*Correo electrónico: caneleditores2016@gmail.com

Criterios idiomáticos na versión en gallego asturiano.

Begoña Martín Acero presenta na Casa da Cultura de Boal 60 fotografías de portas da capital del Concello. Non perdades a oportunidá de atopar a vosa porta favorita ou xogar a adiviar unde tán, de quen son, quen vive detrás dellas…

A exposición que se inagura el sábado 10 de xullín,ás 19,00 horas, rematará el 30.

El próximo 10 de xullín/xuillín,(… en xullín, colle el foucín) mes de Santiago ou mes del herba, inaugúrase na Casa da Cultura del Concello de Boal a Exposición Fotográfico-Textual ”Ei tán… as portas de Boal / Ahí están… las puertas de Boal”. El acto de inauguración, que será ás 19.00, contará coa presencia da autora das fotografías, Begoña Martín Acero, da escritora i autora dos textos en castellano, Edita Nogueira, del autor da versión en gallego asturiano, Quique Roxíos así como  del alcalde de Boal, José Antonio Barrientos. A Exposición foto-textual das Portas de Boal permanecerá aberta asta el 30 de xullín en horario de 11.30 á 14.30 e de 15.30 á 19.30. Os lluis pecha a Casa da Cultura i os domingos solo tá aberta por as mañás.

Begoña Martín Acero, aunque naceu en Ovieo nel ano 1957, é boalesa e pasou a súa nenez e parte da adolescencia en Boal unde mantén casa aberta. Na capital del Principado estudiou Filoloxía hispanica i en Santiago de Compostela especializouse en Filoloxía gallego-portuguesa sendo na súa vida llaboral profesora de llingua e lliteratura gallega. Ten publicado Termodonte e outros contos, Baía Edicións, 2002, así como el llibro Taller de Escritura Creativa, Médulia Editorial, 2021 i é coautora doutros títulos publicados en distintas editoriales.

Begoña Martín Acero é úa boalesa de corazón i esta exposición faila como homenaxe a To, Toñita, a quen  dedica especialmente este proxecto porque, aparte de  traballar máis de 40 anos xunta súa madre na Farmacia Acero,  foi a persona que sempre la cuidou  e transmitiulle el amor por as paisaxes da súa infancia, por el monte Penácaros, os paseos cara Villanova, os olores a pan i a frores, as portas que foron referencia dun tempo añorado e por un idioma que, sin saber que sabía falallo, llevábalo dentro condo marchou de Boal. To i as súas reices, representadas mediante as portas de Boal, son el leimotiv desta exposición.

Contas veces teremos paseado por Boal sin observar os detalles. Pero resulta que detrás desos pormenores hai historias e ilusiois, seguro que alegrías e pode que algún desencanto. Porque as portas e portois de Boal forman parte del patrimonio cultural, son invitaciois e símbolos del noso carácter de acollida.

Esta exposición pon en valor esas portas de Boal: portas abertas e pechadas centos de veces, de casas que son emblemas da villa, algúas de Indianos; doutras que custodian secretos e historias que nos recordan a daquén, entradas de casas particulares ou públicas, portas que falan poesía, que guardan cultura, que cuidan almas ou que sonan a música. Entradas de colores tradicionales como el azul añil protector da señardá, portas que dan al campo, soleiras de granito, as que tein cadías, picaportes e chamadores ou aldabas, as protexidas por el arte da forxa i as que abren el apetito de manxares servidos en pratos de azulexo e cristal. As Lisas ou as torneadas. Begoña Martín Acero tráenos nesta exposición el empezo del que pode ser el empezo dun inventario das portas de Boal.

Todos os mundos que habitan nesas portas fotografiadas represéntanse nos textos de Edita Nogueira, (natural de Berres, A Estrada, Pontevedra) amiga de Begoña Martín, maestra de profesión i escritora especialista en microrrelatos e poemas breves feitos con extremado cuidado e coa intención, humilde pero determinada, de sorprender al llector.

Parte del sou traballo pode llerse nel blogue personal Palabra de Noz.

Hai que deixarse llevar, dedicarlle un pouco de tempo, asonagarse en apreciar cada palabra, fixarse en lo pequeno, aprendendo a ser observadores i a valorar el traballo que hai detrás das cousas que nos rodean e da creatividá del ser humano.

    Cada porta ten un texto que destaca lo que vemos. Ademais atoparemos haikus (poemías de inspiración xaponesa) que Edita define como boaleses. Nos relatos breves atoparemos escenas da vida cotidiana con certo humor ou retranca e unde el punto de vista del que escribe sorprende úa e outra vez al llector.

Esta exposición mostra algo que forma parte da idiosincrasia de Boal e permítenos fer un paseo observando esos detalles que, gracias aos textos de Edita Nogueira iremos descubrindo millor, callendo na conta da súa singularidá i, en muitos casos, sendo xa conscientes del saber fer dos carpinteiros, canteiros, ferreiros e dos que mandaron fer esas portas. Apreciaremos máis el valor de restaurallas respetando a súa identidá, os sous colores e materiales orixinales e invitando a traballar entre todos por un Boal novo que non deixe de ser el Boal de sempre.

As portas son xeometría, son ornamento, minimalista ás veces, suntuoso outras; poden ser portas pintadas ou aparentemente encoiras; poden llucirse i expuerse acompañadas de xeranios, herbas, glicinias ou manifestarse enrexadas e vergonzosas intentando pasar desapercibidas. Seguramente a cada un de nosoutros correspóndenos úa porta que acompasa coel noso carácter.

Begoña Martín Acero tráenos us grupo de folletos feitos coa collaboración del concello unde aparecen distribuidas 60 portas de Boal pra que cada un poda intentar atopar el folleto unde tá a súa porta favorita -que pode, ou non, ser a súa- e así poder llevalla ou xogar a adiviar unde tán, de quen son, quen vive detrás dellas…

El que quera dispuer de todas as portas e de todos os textos poderá ferse coel llibro que Canel Ediciones pueirá a disposición dos interesados/as. Porque esta exposición i estas portas tein voluntá de participar nel desenvolvemento sostenible de Boal e dos sous negocios e por eso el llibro venderase llibrerías de Boal, en atención á importancia que tein este tipo de negocios nas aldeas e nel medio rural.

Na publicación tán todas as portas así como todos os textos dedicados a cada úa dellas e un conxunto de relatos e haikus unde as portas sempre son protagonistas.

Eu, Quique Roxíos, fixen úa versión en gallego-asturiano. Espero ter conseguido as tres cousas que pretendíamos: Primeiro respetar el espíritu dos textos orixinales de Edita Nogueira. Segundo acercar os textos al noso xeito de falar en Boal, reinvidicando el valor de lo noso. Terceiro dignificar el gallego asturiano respetando a súa personalidá pero tamén utilizando úa normativa que non lo vulgarice nin lo separe del sou tronco llingüístico gallego-portugués e del sou consecuente tratamento científico, asunto nel que, non lo debemos esqueicer, Begoña Martín Acero é úa estudiosa e maestra.

Porque si pra fer as portas hai que utilizar materiales nobres, búa madera e dominar el arte da carpintería, da forxa, del vidrio ou da cantería, al hora de falar ou de escribir gallego-asturiano tamén temos a obrigación de esforzarnos un pouco, non baseallo todo na comodidá, procurar evitar os castellanismos, respetar úas normas que casen coa protección i el porvir da nosa fala, de tal xeito que tamén á nosa fala se lle ofrezca úa porta aberta al futuro e non la deixemos esmorecer como si el noso idioma fose úa porta de regreso a un pasado que se extingue e non lo que é, úa porta aberta al futuro i al mundo, un valor que nos fai únicos. Porque a pervivenza del idioma garantiza a transmisión da cultura que articula e con ella del xeito de interpretar el universo i os valores que nos transmitieron os antepasados, féndolos parte del presente.

Begoña Martín Acero i as súas fotos, Edita Nogueira i os sous textos, tamén eu, dámosvos a benvida a esta exposición que mira al futuro. Esperamos que disfrutedes destas portas que ei tán, esperando ser contempladas.

V Certame Vilariñas 2021

Un orgullo tar entre os premiados neste V Certamen de micro-poesías “Vilariñas 2021” que é un esfouto pra toda a poesía en gallego-asturiano. Espero poder asistir á entrega dos galardois e recoller a peza diseñada pola artista Viki Rivadulla. Norabúa a Marga Pazos de Lousame e a Jeferson Costa Leite de Brasil. Muitas gracias Guitiriz.

Mirando a Tiracais

Banco que mira a Tiracais nel camín vello Llombatín-Bullaso.

Mirando a Tiracais (*)

Escapa

el tempo das maos

como os páxaros

engalan.

Saluda a

brisa señardosa

nun azul espello

reflexada.

Escuitase

un alegre adaxio

baile de andulías

e flores de uces

moradas.

Primaveras,

poesía, el amor

por as abellías

pronunciada.

Conversamos

fontes, carqueixas,

solitarios érbidos,

bidureiras.

Tu i eu.

Misterios

como el Palacio

escondido nas

penas de Tiracais.

Entretéñome

estoupando recordos,

del cuquello calzois.(**)

Tu i eu.

Quique Roxíos

5.05.2020

-MIRADOR A TIRACAIS

Poema dedicado a un llugar feito por xente da terra que vive nella.

El banco de descanso que vemos na fotografía tá destinado aos paseantes das ribeiras del Navia nun dos tramos da Senda del Navia.

(*) El llugar ten vistas ás chamativas penas que fain úa especie de penísula que chaman Tiracais.

El banco foi posto por particulares entre a Chousa Vella e Penabruite, nel camín vello Llombatín-Bullaso, na Ruta del Penedo dos Difuntos.

Al outro lado del Río Grande, el Navia, el llugar de Gío/Xío. Nesta adea taba el Priorato del Convento de Vilanova de Ozcos dende el que se xestionaron durante centos de anos ás propiedades del Convento en Boal i Eilao.

(**) “Calzois de cuco” ou “calzón de cuquello” é el nome tradicional dos “estoupois” , “estallois”,”campanías” ou “gaiopos”. É úa flor en forma de dedal ou alferga de color púrpura da que consta recollido este nome en concellos como Ibias, Eilao ou Boal. (Digitalis parviflora)

Montes sagrados, rumor de rigueiros, páxaros entre carqueixas, carballos, bidureiras, xentes de verdá… Hai algo máis que un entorno.

Felices festas i bon ano novo 2020

Acróstico BON NADAL de Moisés Cima:

Ben cerca chegan xa

Outros tempos inda por vir.

Non estos tempos nosos.

 

Noutros tempos imos atopar

Alboreceres novos parindo

Días sen frío

Abrigados coel amor dos bos amigos

Legando anos novos aos novos tempos

 

Que el 2020

veña cargado

de proxectos que cumprir

boligando úa terra

e úa vida.

 

Felices Festas.

 

Foto del molín de Sanzo de Roxíos por Quique Roxíos.

 

A matanza del cocho

image

Poño aquí un enllace del documental feito por Adrián G. Bermúdez sobre a matanza del cocho nas terras eonaviegas, neste caso nel  llugar de San Román, en ibias.

A matanza del cocho tuvo gran importancia económica pras familias del medio rural, sendo tamén un acontecimento de reafirmación familiar i cultural.

Pra min era úa festa, úa alegría na que era fundamental a pericia del matarife. El que vía á mía casa era Pepe del Bentorrillo, coel sou mechero de gasolina, os sous cuitellos  ben afilados i aquel bon humor.

Na fotografia poden verse de esquerda á dereta a Panchito del Mazo; Belarmino del Llombatín; Chus de Felipa. Que grandes momentos.image

Pinchar aquí Documental de Adrián G. Bermúdez:

http://vimeo.com/111201596

España Republicana

España Republicana ( Pincha pra descargar)

 

Quero compartir neste día de reivindicación

 úa vella i esqueicida canción que cantaba meu padre muitas veces.

Cantar que parecen os versos dun trobador que relata como España xa non é monarquica,

como el trono xa decaeu i os republicanos tumbaron el trono un 14 de abril.

Papá

 

 

Fotos de Quique de Roxíos

Hai anos que fago fotografías.

Pode que as imaxes  nun valgan sempre mais que mil palabras,  pro ás veces valen mais que todas as palabras.

Dicen que el fotografo Frank Cappa dixo

“Se queres fer búas fotografías, achégate. Se queres fer millores fotografías, achégate inda máis”.

Espero haberme acercado abondo pra que estas fotos sían del agrado dos que las miren.

Pódese ver  parte dese traballo  nel  Espazo Windows Live de Enrique González Álvarez   agrupadas del xeito que sigue:

Abstractos: 

Estambul:

Llugares:

Oscos:

Portas:

Roxíos

Xente:

 

Espazo de fotografía

 
Este espazo naceo coas mias fotografías. 
 
Eu utilizo tres cámaras:  dúas reflex: úa Eos 500 N analóxica (digamos que en situación de desempleo) ; el outra a dixital  Eos 350 D.
Tamén utilizo úa cámara compacta a Canon Power Shot A 700.
 
Vamos que non fago fotos de profesional sinon, como se pode ver, de aficionado.
 
Condo comprei a cámara compacta, desas de llevar nun bolso, paoume que con esa cámara tan cómoda deixei de fer fotografías… parecíame que eran fotos de mentira. Creo que é un error. Hoi fainse fotos i videos con móviles.
 
As fotos acompáñanme sempre, inda que non lleve a cámara de fotos imaxino encuadres, composicióis… Pero teño que confesar que á fotografía non lle presto dedicación, nunca salín a fer fotos, fago fotos condo vou de turismo, condo vou de paseo, condo tou de vacaciois…
pero nunca salín coa única tarea de fer fotos.
 
Pero vexo fotos sempre, inda que nun las faga, inda que non lleve a cámara de fotos… as fotos sempre tan. 
 
Agora incorporo algúas fotos nos albunes de portas, abstractos i  xente:
 
 
Ademáis amezo al blogue un novo album:
 
Estambul:
 
 
Espero que esto poda ser un comenzo, úa nova etapa na mía vida en que volva a fer fotografías.
 
Espero tamén que vos guste esta pequena mostra de fotos dese bazar tan inmenso i complexo chamado Estambul.