El poema “Teño dolo da túa risa” en Radio Burela

IMG_4633

Escuitar programa:

https://www.ivoox.com/player_ej_18889905_4_1.html?c1=ff6600“>

Os  de Proxecto Neo pedíronme ller un poema compartindo programa de Radio Burela con  os caboverdianos Amalia Faustino, Belmiro Pereira, con Irene Rega i Alba Geada.

Eu anímovos a que escuitedes el programa de radio sen presa, disfrutando dos temas musicales escollidos, encuitando con atención a experiencia vital dos que intervein, saboriando os poemas de Amalia Faustino. Tamos encuitando falar portugués, nun tamos acostumados á súa fonética pero as súas palabras son as nosas palabras i paga a pena escuitallas. A mía fonética non creo que supoña ningún problema.

Quero dar as gracias a Proxecto Neo, a radio escolar del IES Perdouro de Burela, Coordinado por María  Xosé Andión, Tania Iglesias Pillado e realizado por Bernardo Penabade, coas fotografías de Lucía Rivas Ramos.

El IES Perdouro de Burela fai úa labor inmensa de integración. En Burela tein nenos en edá escolar que son de diversos paises. Teinlos de  países africanos, como Cabo Verde ou Nixeria, pero tamén los tein fillos de emigrantes interiores (Asturias, Valladolid, comunidades del mediterráneo…). A todos lles fomentan el crecemento personal, el sentirse acollidos i el salvar todos os atrancos.

Fain úa labor de inmmersión lingüística i esos chavales avanzan nel dominio del castellano, del gallego i tamén dun idioma extranxeiro.

Pero lo que máis me sorprende é el protagonismo que lle dan a os propios nenos/nenas. Poinlos  en situación de recibir as enseñanzas de xente que lles pode dar experiencias de vida que lles enseñen a asumir responsabilidades, a aspirar, a medrar, a  ser útiles pra ellos mesmos i  prá sociedá.

Nesa  radio escolar Proxecto Neo , feita por novos falantes dende os falantes, esos chavales entran en contacto i aprenden de todos os aspectos do que é cultura, dende a música i el deporte hasta a literatura i el conocemento de  outras culturas, a aceptación da diversidá como riqueza, a mente aberta al mundo.

El programa de hoi fainlle homenaxe a Alba Geada , úa nena de 12 años, de úa caligrafía preciosa, con un xeito de falar el idioma que ta aprendendo, el gallego, que da gusto ouguilla. Alba  acaba de recibir un premio literario por un traballo que fexo sobre a señardá, (a morriña). Esta nena  convertiu en literatura a viaxe que ella i os compañeros/as fixeron a Euskadi, (Ondarroa  i outros concellos) pra compartir experiencias i aprendizaxe con nenos vascos i tamén doutros IES de Galicia.

Nel programa de hoi tamén  acompañan el éxito de úa futura mestra Irene Rega.

Qué  saber fer!  Os protagonistas son esos chavales, el protagonismo é pral futuro…animándolos a seguir creando, a seguir cultivándose. Que me desen a oportunidá de participar é un luxo que é de sou agradecer.

A presencia da   profesora Amalia  Faustino,  (Profesora caboverdiana que nel 2015 obtuvo mención nel Premio Internacional da Poesía Nosside -Alianza Global para a diversidade cultural- celebrado na rexión italiana de Calabria, onde foi a única representante das terras africanas)  i a presencia del profesor Belmiro Pereira (Que é un exemplo de como un emigrante acaba conseguindo úa vida de aportación al progreso del sou país dende a humildá e el esforzo) a presencia dos dous está xustificada por el esforzo de educación  dos alumnos i non solo como meros transimisores de conocimentos, máis ben como transmisores de valores éticos, cívicos, orientados al crecemento personal i da sociedá na viven, con total respeto a valores realmente democráticos.

Que a mín me pidan  ller un poema nesta radio escolar  é tamén un regalo que me faín a mín i que nos fain a todos os que falamos a variante gallego-asturiana na que escribo os meus poemas.

Ademáis Alba Geada tamén quixo reseñar a mía participación en Ondarroa. Mirade que xeito de escribir máis guapo.

Muitas gracias Alba.

 

IMG_4632.JPG

 

Advertisements

Teño dolo da túa risa

image.png

Teño dolo da túa risa

Estos poemas son de xa fai máis de 30 anos. Naquellos tempos muitos fixemos lo que puidemos pra que se reconócese algo que entoncias oficialmente nun existía: a nosa fala, el gallego-asturiano. Hoi, inda que sigue sin aparecer nel estatuto de autonomía de Asturias, sí que é reconocida por a lexislación del Principado e existen oficinas de coordinación cultural i llingüística nas tierras del Eo-Navia (Ver lo que fain é outra cousa) Incluso un concello ten úas ordenanzas de protección da nosa fala.

Estos poemas son un cativo grao de meiz que fai, con outros muitos, un pequeno montón na lluita da nosa zona por manter viva a súa cultura, por sobrevivir neste mundo globalizado nel que ás únicas oportunidades sólo las tein os que nun  se deixan asoballar. Esto vale pra nosa zona, vale pra os deretos sociales, vale pra esta Europa amenazada por a insolidaridá.. vale pra todo na vida.

Hai treinta anos, como hoi, nun fían falta palabras pra comprender lo que era inxusto. Hai treinta anos, como hoi, el mundo nun se paraba e ameicía día tras día como ameice hoi…i, como entoncias, si non defendes lo tou naide lo vei a defender por ti.

Hai treinta anos, igual que hoi, había personas que se sentían solas i que necesitaban úa mao amiga. Hai treinta anos, como hoi, el desengaño i el desencanto sólo tían úa solución: erguerse i andar.

Por eso lo digo úa i mil veces…a xeitín pero con determinación: Pra zona Navia-Eo é importántísimo, transcendental, conservar el sou idioma i as súas peculiaridades culturales. Hoi, a diferencia de hai treinta anos, son muitos máis os que defenden esta comarca de Asturias i el sou dereto a existir i progresar.

Ver poemas en Issuu.

image

Teño dolo da túa risa.

  

  

Teño dolo da túa risa.

 

  

Mares de cerzo branco.

Cancellas de mortas pedras.

Berros de tristuras esqueicidas.

Silencios de llargas noites.

  

Non entendes os estrondos,

Non comprendes os estoupidos

Non che explicaron el condo

Non che abriron outros camíos.

  

¿Quen empezou esta tollura?

¿A quén lle peta que siga?

¿Quén deixou a sou irmao

pra lluitar côa negra noite?

  

Teño dolo da túa risa

Que non estoupa fiúnza,

Teño dolo da túa risa

Cen mil veces mozcada

Cen mil veces en choros trocada.

 

  

Non fain falta palabras

  

Non fain falta cuitellos

nin regos de sangue calente.

Non fain falta berros

nin odio nas miradas.

¡Brutalidade!

de nenos que xa non son nenos,

de grandes que inda non medraron.

¡Cacarexadas!

cuitelladas del cativo,

del bouzallón namorado.

Tán as vosas maos

chêas de roxa sangue

de regos de inxenuidade

que baxan polas meixellas

 

  

Non fain falta

cuitellos

Non fain falta

palabras

Nin odio nas miradas

Nin regos de roxa sangue.

 

 

  

Díxenlle al ameicer

 

 

Díxenlle al ameicer

que se esqueicese

un día de vir.

Que por úa mañá,

namais por úa,

non se deixase chegar.

Respondeume sen… sen falar

Contestoume sen … sen decir

Que el non podía,

quixese ou non,

vir nin deixar de vir.

Que él non vía, que o trían.

Que él non se íba, que o botaban

Respondeume,… contestoume…

que él non podía nin… nin falar

que él non sabía nin … nin decir.

 

Dícesmo a xeitín.

 

cesmo a xeitín,

acougando el frouxo llume,

derretindou côa túa friaxe

el estoupido da noite.

 

Dícesmo a xeitín,

coel vacío dos tous ollos,

matando a cativa lluz

dúa noite de liberdade.

 

Dícesmo a xeitín,

enganándome de novo,

xebrando das nosas maos

el que nunca xuntas tocaron

 

Dícesmo a xeitín

                                       

Quique Roxíos.Teño dolo da túa risa.
O espello (Suplemento Litrario)
A Freita (nº 6. Dec.1999)