Editorial Canela aposta por el gallego-asturiano comenzando cun poemario de Quique Roxíos.

 

“Foi emocionante. Algo así non se esqueice nunca.”

 


Esas palabras convertidas en titular de prensa fain honra del que sentín el día da Presentación en Boal del meu poemario “Personaxe desconocido publicado por a Editorial Canela.

Como me dixo Hilda Farfante Gayo tomando as palabras dun dos meus poemas “Non foi un día cualquera”

Teño que reconocer que el meu nerviosismo ante el acto del 31 de marzo na Casa da Cultura de Boal era ben grande. En xuno de 2017 ganei, coel poemario en gallego-asturiano “Personaxe desconocido“, el XVII Premio Anduriña Voandeira 2017 de poesía en gallego convocado en Euskadi. Foi el primeiro paso dúa ringleira de cousas que veron, como vein as andulías, trendo a alegría del bon tempo.

A Editorial Canela, especializada en ediciois mui rigurorosas sobre cultura popular con destacados traballos sobre aspectos históricos, etnográficos, musicales… dos Ozcos e Taramundi ofreceume publicar os meus poemas en gallego asturiano como primeiro llibro dúa colección dedicada á poesía na modalidá llingüística da nosa comarca eonaviega: a colección Filso da Bovia.

El llibro é, como dice Suso F. Acevedo un llibro guapo gracias al bon traballo de maquetación de Inés De la Peña que incorpora con xeito os debuxos de Miguel Ángel Blas Cortina que reproducen as pinturas rupestres da Cova del Demo de Boal. Pero se non iba naide á presentación, se non había xente sería pra min un disgusto porque a aposta por a nosa cultura por parte da Editorial Canela sería un fracaso. De feito a mesma noite del día que Pablo Quintana me falou das presentaciois soñei que non vía nin un alma. Os dous allí solos. Que pesadilla.

5B5DF224-89AF-4326-B24D-A7B2D531A2C1

Os amigos de Toyemerendas  (Abel, Ruth i Jose) puxeron, (Núa mostra máis del sou compromiso coa nosa zona), música i bon gusto al acto, predispuéndonos a todos/as pra escuitar algo de poesía. Un dos poemas del llibro, Flor del Toxo, foi úa das pezas que tocaron.

Despós el Alcalde Jose Antoni Barrientos deunos a benvida a todos/as. Teño que reconocer que tanto él como a concelleira de cultura Mirta Celaya fixéronnos sentir unde tábamos, en casa.

De seguido el profesor Suso F. Acevedo, explicou como foi el asunto de que lle encargase a él el prólogo decindo cousas ben guapas e fendo úa interpretación das mías poesías. Pero el que me chegou al alma foi a situación personal na que, contou, empezou a ller el poemario. Foi na súa casa natal por un problema de salú da madre. Tando allí, despós de cear i de que ella se deitase, quedou na cocía atizando estellas nel llume, tomando café. Na soledá da súa casa da infancia sentiu que os poemas lle falaban a él. A casa i a madre tan presentes nos meus poemas, presencias simbólicas que xa as explicara hai muitos anos, dixo Suso F. Acevedo, el filósofo e poeta francés Gaston BachelardSegún lo escuitaba a mía emoción medraba inda que intentaba atalla en corto.

Tocoulle el turno de falar al editor, Pablo Quintana, natural de Vilanova de Ozcos que contou dalgún llazo familiar personal nel noso concello i explicou a historia da Editorial Canela  i a súa razón de ser que nun é outro que  a cultura popular, sobretodo destas comarcas fronteirizas entre Galicia i Asturias. Nesa llaboría decidiron dar un paso tamén a favor del gallego-asturiano coa creación da colección Filso da Bovia con poetas destas terras del Eo-Navia. Pablo Quintana afirmou que as mías poesías tian conexión con esa cultura popular da que se fai eco a Editorial Canela.

Neste momento xa tuven que decir eu úas palabras. Certamente contoume empezar. El público amigo axudoume cun aplauso. Lo primeiro que fixen foi agradecer aos presentes que decidiran tar allí, acompañándome, á mia muller por a súa paciencia i axuda, á familia, amigos/as, vecíos, alcalde… Por suposto a Suso F. Acevedo i a Pablo Quintana… Pra todos el meu agradecimento é enorme. Como non lo vei a ser.

Recordei que este idioma heredeilo dos meus padres, que si ellos non mo houbesen transmitido non lo tería. Pero antias que ellos houbo outros/as. Por eso fixen un comentario sobre a orixe del noso idioma. Pero en ve de falar del latín i os romanos preferín remontarme algo máis cerca así que falei de María Vicentez, úa vecía de Xío que nel ano 1169 (hai casi 900 anos, xa vedes lo relativo que é lo de cerca) firmou un contrato coel Abad Don Guillermo e coel Convento de Vilanova de Ozcos. Ese documento empeza i remata en llatín pero todo el contido principal tá nel idioma galaico-portugués. Este pergamìn é solo un dos máis de seiscentos que se conservan del “Monasterio”. Escrito cúa grafía máis cercana vería a ser:

(…) “eu María Uicentez de Cedamona vendo a vos abbade don Guillermo de Santa María de Villa Nova d’Oscos e ao convento desse mismo lugar quanta heredade eu aio e devo aver en Çedamona por preço qua a mí e a vos ben prougo, convén a saber: un boi boon e çen solidos (…) por Deus e por mina alma e de meus parentes. (…) Feita a carta en Gio. Era de mil e CC anos. Reynante rey don Fernando en Castella e en Galica. Martines episcopus in Ouedo.”

De aí ben el noso idioma, dese galaico-portugués del que naceron el portugués i el gallego. Se a nosa fala fose algo pequeno seguiría sendo importante, por ser nosa, pero non é tan pequena. Ese idioma medieval que marca a nosa orixe foi el escollido por el Rei Alfonso X el Sabio pra redactar as Cantigas á Santa María. Naquel idioma medieval están as cantigas de trobadores como Martín Codax ou Fernando Lago. De ei ven el noso idioma i é cousa de todos que siga existindo como llingua que se fala en todos os ámbitos incluída a música i a lliteratura. Asturias debería mostrar con orgullo este patrimonio.

Despós expliquei a llenda del Palacio de Prelo que é idéntica a outra da zona de Ancadeira, nos Ozcos. Xa a conocedes: El cura tía que esperar pra comenzar a misa a que volvesen os señores da xornada de caza. Núa ocasión tardaban en regresar i el cura decidiu fer a misa. Al chegar os señores un dos impetuosos fillos del Señor del Palacio pegoulle un tiro al cura matándolo nel púlpito. El castigo según a llenda dos Ozcos foi mandar al criminal al “Valle dos desterrados”, un llugar “unde non se escuita gallo cantar, carro rinchar nin campá soar.” A llenda advirtenos del castigo del silencio… Si se deixa de escuitar a música del noso idioma seremos todos us desterrados. Triste sería non ouguir el noso gallego-asturiano ou non ter con quen falallo.

Despós de todas estas explicaciois comentei el contido del libro. Tres poemario: Teño dolo da túa risa”, “Cántigas del Augüeira” e “Personaxe desconocido“. Os meus poemas intentan representar sentimentos e ideas; ás veces queixas ou reivindicaciois; ás veces advertencias ou temores. Pode que conten úa historia. El sentimento de desenraizamento, a señardá da casa, del idioma ou da família tamén tán presentes dun xeito que solo coas nosas palabras é posible expresar. Hai cousas que ditas noutro idioma non saben lo mesmo.

Por último llin algún dos meus poemas: “Á nosa fala” (dedicado al idioma) á “Cova del Demo” (que pode que tamén fale da inocencia ou del medo al diferente), el del “Filso da Bovia” (Este monte sírveme pra reflexionar sobre a necesidá da memória, de non esqueicer as penas e pesares). Por último llin “Ancha ausencia”, poema que lle dedico a Hilda Farfante Gayo, maestra i exemplo de vida que se criou en Boal, desde os cinco asta os vinte anos, despós de que os sous padres (os dous maestros) foran asesinados en Cangas de Narcea nel 1936 al estallar a Guerra Civil.

Condo lleo os meus poemas fágolo como se os falara pero siguen úa normativa que procura respetar as nosas peculiaridades sen distanciarse innecesariamente del resto de falas que pertencen al mesmo corpus lingüístico. Eso abre portas enormes al idioma e neste caso a min permitiume ganar un premio lliterario que non podería ganar escribindo el idioma dun xeito en exceso castellanizado ou incongruente coa normativa oficial del gallego común de Galicia. Os idiomas minorizadas necesitan apoio institucional, normativización, normalización i el orgullo dos propios falantes. Orgullo sen prexuícios. Tamén é preciso algo de esforzo dos propios falantes.

Llougo, despós da despedida musical de Toyemerendas,veo a firma de llibros que foi mui emotiva i el remate póxolo Berardo Penabade, responsable de Proxecto Neo de Radio Burela que chamou telefónicamente a Madrid, contactou coa boalesa de sentimento Hilda Farfante Gayo á que lle puiden ller en directo el poema a ella dedicado: “Ancha ausencia”.

 

(…)

Pasou. Non foi un día cualquera!

Quedou un senteiro balleiro, el tremor dun silencio,

a inclemencia dun sentimento;

el daquella pedra, vendo pasar el augua

outra vez sola, sola nel regueiro.

 

El día seguinte, 1 de abril a presentación féxose   na Caridá (El Franco). Nun local do “Complejo Cultural “ As Quintas” unde nos recibiu a Alcaldesa Cecilia Pérez quen tamén nos fexo sentir mui Agusto. Despós de aludir brevemente a mía llabor que en defensa del gallego de Asturias, referiuse tamén al sou  propio compromiso en defensa da “fala”.  El acto tamén tuvo úa asistencia razonable, foi todo máis tranquilo que en Boal i a parte da prensa encargouse de fer certa difusión nas redes sociais Germán Muiña Blanco al que non conozo personalmente. Decidín  ller outros poemas inda que repetín A cova del Demo i Ancha ausencia.

3FF573D9-0BD0-4877-9150-81A164F7C272.jpeg

 

Personaxe desconocido pode adquirirse sin gastos de envío na web da Editorial Canela ou nas llibrerías de Javier da Veiga, Vivín de Ribadeo, Pablo de Boal ou na Librería Cervantes de Uviéu.

Advertisements

A transformación artesanal del ferro en Taramundi i Os Ozcos. (S. XVI-XIX) Memoria viva del Eo-Navia.

La labranza y transformación artesana del hierro en Taramundi y Los Ozcos. (S. XVI-XIX)

El editor Pablo Quintana López (Natural de Vilanova de Ozcos) por medio de Edicións Canela S.L permítenos adquirir dentro del sou catálogo úa obra que é de especial interés pra comarca eonaviega é que foi editada en 2005 por a Asociación “Os Castros” de Taramundi. Nesta obra de dous volúmenes a cultura del ferro encontra a plasmación del traballo de campo feito por el propio Pablo Quintana e presentado a finales del 2000 coel título “Investigación sobre á Transformación del Hierro en los Oscos y la Cuenca del Eo, Estudio de una industria artesanal en el occidente de Asturias.”

É evidente que esta comarca del occidente de Asturias -especialmente el concello de Taramundi – é conocida fora por a súa industria artesana de navallas, cuitellos, cravos… pero lo que non é tan conocido é a que esa industria é herdeira dúa tradición antigua que ten incontables aspectos que investigar. Ese desconocemento implica outra realidá que é que del que pouco que se sabe inda menos se aproveita como base del futuro económico da zona.

Por eso este traballo aporta algo importantísimo, un conocemento desa historia, das técnicas, dos productos, incluso dos ferreiros emblemáticos da zona, aportando ferramentas que permiten entender esa industria da transformación artesanal del ferro -nos Ozcos e Taramundi neste estudio en concreto- pero permitindo abrir ese conocemento a outros concellos da zona unde proliferaron ferrerías, mazos, forxas i toda úa cultura lligada al ferro.

Crese que foron introducidas por xente que veo del País Vasco, que eran bus conocedores destas técnicas, pero el caso é que xa nel ano 1531 funcionaba a Ferrería de Montealegre en Castropol. Algúas destas ferreirías e mazos chegaron funcionado asta os siglos XIX e XX respectivamente.

Este traballo permite conservar a memoría colectiva da nosa zona, en parte viva, difundindo esa sabiduría acumulada.

El traballo investigador consta de dous tomos inda que  preparan un terceiro volumen.

Nel Tomo I trátanse os antecedentes históricos da metalurxia del ferro e del aceiro, os aspectos relacionados coa elaboración del cabón, a figura del ferreiro i as instalaciois da ferrería. Tamén todo el proceso productivo, a organización del traballo, insfraestructura, mecanismo, ferramentas… Hai capítulos monográficos sobre os mazos, as forxas (ou bodegas)… Nel sou último capítulo trata das distintas técnicas ( afilado, biselar, enderezado, eneixar, estirar, ferrar, forxado, o furado, remachado, soldadura, torcido, retorcido, mangar…).

El Tomo II trata del producto final da transformación del ferro, el comercio distribución, transporte de productos, os centros de producción, as personas i un apendice con documentos ben interesantes como el documento fundacional de Os Teixois i outros inda máis antiguos.

El traballo está en castellano pero el respeto por el gallego asturiano é seña de identidá desta obra que en ningún momento perde a vinculación coa realidá da que se tá falando.

La labranza y transformación artesanal del hierro en Taramunde y Os Ozcos. (S. XVI-XIX)

Editorial Canela

6099E92D-1879-4646-8998-6818C35A054E

Navalla  “Xarrapa” CCyC

Casa Manolón en Castrillón. Boal. Turismo en gallego-asturiano. El Eo-Navia medra.

Na zona Eo-Navia a conciencia da cultura propia, a autoestima, a seguridá de ser capaces de progresar é úa convicción de muita xente. A zona ten úa capacidá de lluita, úa cratividá, úa riqueza que mostra con orgullo disposta a rentabilizar todo ese patrimonio.

Castrillón xa tomou a iniciativa noutros campos (- Úa das primeiras concentaciois parcelarias  nel ámbito agrario, – inda que a honra de haber feito a primeira-primeira concentración  de todo  Valle del Navia tenlo a aldea de Merou (*)-; – A  importante Escudería Castrillón Motor Club organizadora  del Rally Subida a Castrillón  que xa se encamina pra XVIII edición i é puntuable pral Campeonato de Asturias de Montaña;-  A emblemática área recreativa que xa é casi úa imaxen turística del concello, etc.)

Agora desde Castrillón chega un empuxón á incorporación del noso idioma propio, el gallego asturiano, nel ámbito  del sector productivo del turismo e da promoción da nosa cultura.

0D59ECA2-254A-465D-9C4C-41A77B9141E0.jpeg

A casa rural Casa Manolón , con páxina web en tres idiomas, empeza un camín unde se ten claro que a cultura propia nun é un elemento separador, sinón úa chave que nos une a outros poblos fendo a nosa proposta máis apetecible, máis enriquecedora. Os turistas que valoren esa inmersión cultural atoparán en Castrillón un llugar que non esqueicerán.

Casa Manolón fai úa aportación na necesidá de atopar el xeito de que as oportunidade económicas se aproveiten sen poñer en peligro a supervivencia da cultura propia, al contrario, fendo desa cultura un valor que aumente el apego social por a convenencia de mantella.

A importância i a transcendencia de feitos como este está sobretodo en que representan romper con el chamado auto-odio (estigmatización negativa da cultura propia por a cultura dominante)  i en que son úa chamada de atención importante ás  Administraciois Públicas pra que cumplan coel sou mandado constitucional  de que as llinguas  españolas sían  tamén  oficiales nas distintas  Comunidades Autónomas coa obligación, imperativa, de que a riqueza das  distintas modalidades lingüísticas de España son patrimonio cultural que debe ter  un especial respeto é protección.

Páxina de inicio de Casa Manolón:

95D8AF23-ADD6-4640-BA53-4896C6071A83

“Benvido á Casa Manolón, en Castriyón de Bual (Asturias), nel corazón del Parque Histórico del Navia, unde a tradición y a cultura van da mao.

Atópase nun llugar ben guapo, núa zona de montaña, pero non llonxe del mar.

Si lo que busca é un sito pa folgar, un pueblo p’acougar y úa contornada pa que nun lle esqueiza… achéguese a vernos.”

http://www.casamanolon.es/inicio-fa/

FBAA0B91-604F-4CEB-8362-2FA527D071A8

 

Tamén se explica como é Castrillón:

“El  que más chama el atención de Castrillón, -dicen na web- ademáis da paisaxe, é sobretodo a xente amable i achegada, que goza sin presa da súa terra e que coida con muito agaio da  llingua, da súa fala, das tradicióis e da cultura.

A1E6054D-9521-468B-B768-2AEC09A958EA

http://www.casamanolon.es/inicio-fa/

 

(*) Merou sempre sufríu un maltrato inxustificado.  Condo eu era un chaval había un letreiro na carretera que puía Merón. Decíannos que era el nome en “castellano”. Por si fora pouco os de Roxíos tíamos aquel refrán: “El que vei a Roxíos come pan e toucius; el que vei a Merou que lleve pan del sou.” Sendo como era Merou un sito ben productivo i que nas súas casas sempre se tratou á xente igual de ben que noutros sitos da zona.  Pero mira por unde fixeron a primeira concentración parcelaria de toda a ribeira haxa del Navia i xa nin nos acordamos.

El discurso que nunca pronunciou un Conselleiro de Cultura de Asturias

DBF043EF-E64A-4310-AF80-6B56A317106A

 

Búas tarde; dígovos a todos os presentes e dígovoslo de corazón. Búas son as tardes como éstas, nas que somos quén a xuntarnos pra cellebrar e reconocer lo millor del idioma gallego de Asturias,  de esta llingua que é  “la lengua viva de nuestro pueblo” como dixera, en castellán, e referíndose al asturiano, el que seguramente seña ún dos asturianos máis brillantes da nosa  hestoria, Gaspar Melchor de Jovellanos.

Aconcellámonos esta búa tarde na casa del conocimiento e da ciencia asturiana, na Universidá de Uviéu –gracias  Sr. Rector por a súa acollida–, pra cellebrar a  creación nun idioma que sendo propio dúa parte dos asturianos, os da comarca del Eo-Navia, considerámosla úa llingua nosa, de todos os asturianos. Tamos aqui pra eso e pra reconocerlles os sous méritos aos mellores escritores de poesía, teatro, novela,ensallo, cómic e lliteratura xuvenil, dacordo coas  bases dos concursos lliterarios convocados por a Consellería de Educación e Cultura del Goberno del Principado de Asturias pra promocionar el gallego asturiano.

Una llingua, desto non hai duda, é el producto máis importante de cualquier cultura. Nin  hai monumento, rito nin feito cultural tan vivo, tan creativo, tan polivalente como úa llingua; as llingüas valen pra codificar a realidá sentida ou imaxinada, valen pra falar de cousas ou entes inexistentes, valen incluso pra falar de sí mesmas; pero, amáis de ser un producto cultural, cada llingua é vehículo da propia cultura que a xenerou i é  a través  da llingua como se trasmite esa mesma cultura e se perpetúa dúa xeneración á outra, con voz propia, distintiva e distinguida, porque todas as  llinguas, como ben é  sabido, FALAN de lo mesmo, pero enxamis dúas llinguas  DICEN lo mesmo.

As pallabras tein ademáis a virtualidá de recoller el sou contesto e deste xeito, llonxe de ser algo inerte e ríxido, as llinguas –e de eso é un bon exemplo el gallego asturiano– viven nas súas variantes. A riqueza da  diversidá dúa cultura recóllese nas variantes diatópicas ou xeográficas da  súa llingua. El gallego de Asturias é un tesouro que nos chega da llingua medieval galaico-portuguesa que ten como exponente importantes documentos recollidos na abadía de  Vilanova de Ozcos. Asturias mostra orgullosa esta riqueza que é de todos os asturianos.

Por eso, non é  un problema, sinón un beneficio pra úa llingua el  que se cultiven as variantes. Enriquece a llingua el feito de que os escritores escriban nas súas variantes, como tamén  a enriquece que contemos con úa norma culta i estándar, y que sexamos quèn a emplealla nos contestos en que conveña e seña necesario.

Desgraciadamente, el rexistro cultu del gallego asturiano, que hoi existe en Galicia gracias a oficialidá del idioma, -e que intenta crearse en Asturias, -ás veces separándo innecesariamente el noso gallego asturiano del resto de falas galegas- parece crear en muitos falantes distancia; tanta distancia como producía a  prosa medieval del Rei Sabio nel siglo XIII–, distancia, pero tamén sensación de que esto non é el  que falamos nosoutros’, e vemos pouco a pouco como el chapurreado -ese “gallego asturiano mínimo urbano”, nel que pei que non fai falta cuidado na espresión, nel que os falantes deixan caller, arbitrariamente e sin control, interferencias col castellán–, ven  alcanzando máis e máis espacios de uso.

Pero pra entender ben este fenómeno,  é  mester perguntarse se os falantes de cualquer outra llingua se identifican col sou rexistro culto. Todo el  mundo entende a diversidá de rexistros noutras  llinguas (rexistro formal, informal, coloquial, vulgar…); variedá de rexistros que, sin embargo, non tan claros nel caso del  gallego asturiano, que como se sabe é úa variedá dialectal del idioma gallego.

El chapurreado pode entenderse como algo esporádico que pode  vir ben nun contesto determinado, pero non pode ser el noso xeito  habitual de espresarnos.

Pensemos na hestoria de outras llinguas: úa llingua non morre de un día pra outru, as llinguas morren pola súa  propia evolución, por os fenómenos de sustrato, superestrato e adstrato, pero sobre todo morren por a forza que outras  llinguas exercen sobre ellas i el chapurreado é  a constatación de que el castellán ta exercendo úa presión enorme sobre el gallego asturiano, que tamén vese minusvalorado por os medios de comunicación asturianos que utilizan tanto el castellán como incluso, en ambitos  territoriais inadecuados, el irmau bable ou asturiano quitándolle  a visibilidá que lle corresponde ás falas gallegas de Asturias.

Si non  nos esforzamos en que “a nosa fala”  manteña os sous rasgos distintivos en toda a  amplitú posible del sou paradigma i en todos os  contextos sociollingüísticos, especialmente nos máis altos, os máis cultos, se seguimos cultivando el chapurreado, persistindo na vulgarización del idioma, favorecendo el sou distanzamento del resto de falas galegas que conforman el sou corpus lingüístico, taremos axudando nun síntoma inequívocu da agonía dun idioma– teñan vostedes por seguro que el  final ta próximo:  el gallego asturiano pasará a ser, irremisiblemente, úa variante diatópica del castellán, un bable que non é bable, úa mestura de gallego-castellano e asturiano ou un castellanu rociado con rasgos gallegos. Deste xeito  é  como morren os idiomas.

E xusto aquí , na espansión de los usos cultos del gallego de Asturias , nel enriquecimento dos sous rexistros internos, ten , sen  duda , todo aquel que escribe na súa fala materna un llabor cabeceiro que non deberá esqueicer nin pospuer.

Os  escultores buscan el mellor mármol pra as  súas pezas, os pintores os mellores pigmentos pra as  súas pinturas, os compositores os instrumentos que mellor sonen  e os escritores, estos que hoi vimos premiar, buscan, tamén nel caso da  llingua propia del Eo-Navia, el gallego asturiano, a materia coa que, amáis de expresarse, podan crear belleza. Danmos aos que llemos en gallego-asturiano realidades novas, coas que este  mundo noso enguapece, desvélase, preséntasemos como máis  claro e máis  comprensible ou  polo menos máis amable.

Esa guapura que creades  os artistes coa palabra fai a llingua, non solo máis  prestosa, senón tamén máis forte, máis duradeira, atrévome a decivos que asta inmortal. Todos os  que tamos hoi aquí traballamos  todos os  días pral fortalecemento del gallego asturiano, e vosoutros, escritores, sodes peza  fundamental nesa estaxa.

Falar, escuitar, ller i escribir núa  llingua son as únicas formas de mantella viva e de todas ellas, é a escritura i especialmente a escritura lliteraria a que a perpetúa é a fai trascender nel tempo e superar as súas  fromteiras.

É un traballo, creo, máis  de Apolo que de Baco, máis de esforzo, técnica  e empeño que de arrebatos momentaneos ou de ideas felices.

Gracias, pol voso arte, e norabúa aos que hoi premiamos

Gracias e norabúa  por aportar a esta llingua el voso  traballo, por dar  aos falantes de gallego asturiano máis razois  pra querer esta llingua, pra siguir sorprendéndonos con ella, pra disfrutalla, cuidalla e traballar por ella.

Acabo con unos versos del poema “Verde limón”, precisamente dúa das millores escritoras en gallego asturiano, Belén Rico Prieto:

Se él pode

vivir aquí

-nun sendo árbol de esta terra-

como nun vai resistir

el temporal

el canto alegre

-verde xunco-

da nosa fala.

 

Uviéu, 6 de xaneiro  de 2018.

 

 

P.D. Este  discurso nunca pronunciado é úa recreativa revisión ficticia que sacando fora de contexto palabras realmente pronunciadas, intenta denunciar el esqueicemento del gallego asturiano del que son culpables os governantes asturianos. Non intenta molestar nin faltar, sólo reivindicar. Gracias.

 

 

Lliteratura infantil en gallego asturiano: Aurora Bermúdez Nava (A Caridá, 1965) en “Operación Llóntriga”.

   69D73E23-252B-441A-9EDD-F49885041918.jpeg

    El editor Pascual Ortiz é úa persona nova, de bon trato, afable, educada, tranquila…Tranquila!? Non tranquila non! É un fervedeiro de entusiasmo.

    El sou entusiasmo é editar, editar e editar. Eu creo que condo dorme soña con editar. Esa é a súa obsesión.

    Baxo “Canel Editores” publica obras que tein vinculación coel Eo-Navia i  coel gallego asturiano.

    Hoi empezou a distribución na comarca eonaviega dúa preciosa novelía  infantil de Aurora Bermúdez Nava ( A Caridá, 1965) con guapísimas ilustraciois de Gloria González Alvarez (Llebredo, 1968).

    Tamos delantre dúa hestoria de misterio na que úa nena chamada Irene, que ten a facultá de falar cos animales, trama un plan de búsqueda de duas amigas desaparecidas, as llóndrigas Pis e Pas que vivían nel río, á altura del Prao Vello.

    Na aventura participan as Forzas Especiales del Aire dirixidas pollo azor, el Equipo de Operaciois Acuáticas formadas por as ras, i el Grupo de Operaciois terrestres que conta, entre outros membros, coel razcacheiro.

07422D94-3F2D-4330-B5B8-C68FB9C3D595

    El llibro é úa gran oportunidá pra cuidar el noso idioma, el gallego asturiano, posibilitando que os nenos i nenas se divirtan coas nosas palabras al tempo que fomentan el hábito de llectura, desenvólvense na capacidá del bilingúísmo e, sobre todo, pasan un cachín mui agradable vivindo aventuras que transmiten valores como a pacencia, a solidaridá, a amistá, el espiritu reivindicativo i el sentido del humor.

                              …

Al tempo que se asolella este librín de lliteratura infantil Canel Editores tamén volve a puer nas llibrerias a reedicción del Vocabulario del Bable de Occidente de Bernardo Acevedo e Marcelino Fernández. Este Vocabulario é un documento mui valioso pral gallego asturiano pro hoi sábense cousas que é úa pena que  non se aproveitara a ocasión  pra explicar  mediante úa breve pero necesaria nota hac hoc.

 FF52FC6C-B888-4558-9B56-34EBBE8A639A.jpeg

    A editorial dice que lo que fai é publicar el llibro tal e como se publicou en 1932. Pero eso non é del todo así. Úa edicción facsímil (del llatín fac simile, “hacer semellante “) é úa reproducción exacta, úa imitación idéntica dun libro, dun manuscrito, dun mapa,etc. Os facsímiles solen verse en museos pra permitir que os usuarios teñan acceso a úa copia exacta.

    Neste caso non é realmente úa edicción facsímil i a portada del llibro non é a portada de aquel llibro de 1932 senón úa portada actual coel logo da editorial “Canel Editores” i  esto implica insistir nel equívoco que aquel título e certas afirmaciois da edición de 1932 foron calificadas posteriormente como desafortunadas por el mismísimo Dámaso Alonso ou por el ben conocido Pérez  de Castro.

    Esos erros, por a  súa transcendencia merecerían esa nota aclaratoria. A xente ten dereito a ser ben informada. Con todo el principal responsable da desatención del gallego asturiano é a Administración asturiana i a iniciativa privada ten menos culpa. Explico esos detalles:

    Efectivamente Menéndez Pidal, fundador da Escola de Filoloxía Española, Director de Real Academia Española (RAE) entre 1925-1939 e 1947-1968, e tamén fundador da filoloxía asturiana coa súa obra El dialecto Leonés publicada vintiseis anos antes, en 1906 que dice lo seguinte:

“ En Asturias, junto al mar, el dialecto leonés no empieza sino a la derecha del rio Navia; a la izquierda Del Río se habla hoy una variedad del gallego de Lugo, y aún en algunos pueblos inmediatos a la orilla derecha. Así en Armental, que está a la. Derecha, se dice corpo, terra, morto, tempo.” (Menéndez Pidal, 1906)

“ El gallego se extiende por una faja de unos ocho kilómetros al Oriente del Navia. Probablemente por razónes históricas ta antiguas, que tendrán algo que ver con el límite de los conventus jurídicos Asturicense y Lucense; el río Navia, según Plinio, separaba a los astures pésicos de los gallegos lucenses” (Menéndez Pidal, 1906, 31)

    Por qué entonces Pidal, sabedor da realidá llingûística del Eo-Navia, dá por buas as equivocaciois de Marcelino Fernández i Acevedo y Huelves?  A resposta é  que por amistá.

    Marcelino estaba enfermo de morte, tan grave que  nin puido ver el llibro publicado. Pero tanto M. Pidal como Dámaso Alonso e outros importantísimos   filólogos deixaron ben clara a realidá llingüístico del Eo-Navia.  Estas son as verdades: 

Ramón Menendez Pidal fai un homenaxe a un amigo i contradice por eso os sous propios estudios. (Hai qué ter en contá que a importancia que se lle daba entonces aos idiomas que non fosen el español era a efectos de documentación. Non existían os dereitos llingüísticos nin culturales):

 “ Mi antiguo amigo D. Marcelino Fernández, herido de mortal enfermedad, no dejaba de sentir, entre sus dolores tísicos, esta preocupación porque un trabajo suyo de mucho tiempo fuese a quedar perdido. Hacía años que él, catedrático de latín en el Instituto de Oviedo, hijo entusiasta de Asturias, de cuya capital rigió los destinos municipales, y autor de un estudio sobre El Franco y su concejo, me había enviado un copioso vocabulario recogido en el occidente de Asturias, y a instancias mias lo había después rehecho y perfeccionado cuanto pudo. Habíamos convenido la publicación de dicho vocabulario en este ARCHIVO DE TRADICIONES POPULARES, donde ahora ve La Luz, y por dar un último consuelo al buen amigo, habíamos anticipado y forzado el paso de la impresión; pero aun así apenas pudo ver las pruebas del primer pliego cuando le sobrevino la muerte que hacía tanto le perseguía.“  (M. Pidal Presentación del Vovabulario del Bable de Occidente. 1932)

    Nel Navia-Eo non se fala bable nin un mesturado senón gallego asturiano, úa lingua que pertenece al corpus lingüístico del gallago-portugués, úa fala máis das falas gallegas. Xa puxen antes referências de M. Pidal, poño agora úa del poeta i filólogo español, que foi Director da Real Academia de la Lengua Española de 1968 a 1982:

“Frente a la cortante división administrativa entre Galicia y Asturias, el lenguaje ofrece una serie de gradaciones (…) Baste hoy decir que la afirmación ya antigua de que el gallego llega, dentro de Asturias, hasta el río Navia, es justíssima, si bien, como es sabido, algunos fenómenos tipicamente asturianos penetran al lado Oeste de esa línea. Estas hablas de entre el Navia y el Eo fundamentalmente gallegas, pero con algunos rasgos asturianos, las designo con el nombre de gallego-asturiano (Alonso, 1945, 1972: 391)”

    Nel Navia-Eo  non habitaban, como dice equivocadamente tamén ese llibro, as tribus astures dos pésicos senón as galaicas dos albiois, egobarros e cibarcos. El  historiador e arqueólogo, natural de Albacete, José Luís Maya González, doctorado con a tese “A cultura castrexa en Asturias” (Biblioteca histórica de Asturias, 1989) dice:

    “En primer lugar los egobarros tamarine que, como indica el nombre ocupaban las orillas del Ego (Eo) os territorios da Veiga de Castropol.
Después están los Cibarcos con eje en Porcia y asentamientos nos concellos de Tapia, El Franco e poblados en El Esteiro, Tapia, A Corona de Arancedo.
Finalmente os Albiois o grupo galaico máis oriental localizado en las riberas del Navia, rio citado a mitad del S.II D.C. Por Ptolomeo bajo el nombre de Navia Albión.”
    “Os albiois ocuparían castros tan conocidos como Mohías, Coañ”   i asegura que “aunque descoñocemos se controlaban as dúas ourellas Del Río, parece posible si femos coincidir el límite histórico dos galaicos coel límite lingüístico tradicional del gallego”

    Porque está é a realidá, el llatín que trouxeron os romanos derivou núa fala gallega que chamamos gallego-asturiano.

    Estas equivocaciois era ben que quedaran  aclaradas.  Hai que educar  nel orgullo, na dignidá del idioma propio. Lo primeiro chamar as cousas por el sou nome.

    Pro xa digo, el interés deste libro é innegable.

Felices festas i bon ano novo 2018

9C8100B2-68EE-4F34-B344-FA0852FF48A0.jpeg

 

El nacemento de Boal.

(…)

Fai hoi us dous mil anos

(a mía memoria é mui flaca)

a empadronarse corrían

a Belén xente de traza.

Tamén iba San José

i a Virxen, súa esposa casta,

a cumplir con el precepto

que un rei terreno mandaba.

– ¡Que frio fai, decía tio Pepe!

¿Conto me dolen as patas!

– Pouco falta -dixo a Virxen-;

de Belén xa vexo as casas.

Acercáronse a úa porta

que dun palacio pintaba,

chamaron dando dous golpes;

nin un alma contestaba.

Asomouse a un corredor

un señor das pernas llargas:

-¿Que buscan a estas horas?

-dixo con mui mala cara-

-Buscaba casa cuberta.

-Ídevos; nun dou pousada.

Ídevos aunque morrades

de fame i frío na invernada;

casa cuberta nun dou

aos probes que nun la pagan.

Fóronse camín del monte;

os dous de frio tiritaban

i dando gracias a Dios

metéronse núa cabana.

Nel reló deron as doce,

San Xosé el llume atizaba;

entonces pariu a Virxen

a Dios entre úas pallas.

¿Como trembaba de frio

Xesucristo na cabana!

¡Ben deitou del boi i a mula

que un pouco lo calentaban!

Xesucristo foi adorado

dos pastores na cabana-

De Belén…, nun quixo a naide;

¡era xente sen entrañas!

Tampouco han querer nel cielo

a xente de malas mañas

que aos probes que llo  piden

mándalos sin dar pousada.

(…)

El Nenón.

 

El nacemento de Boal é úa tradicional representación feita na igresia con un texto atribuido a Francisco Fernández Novo, un carpinteiro chamado “El Nenón” (A Barreira, Boal 1842-1922).

Según informa el profesor Xoán Babarro González, en “Evos un amaicer mui guapo” (ISBN 978-84-8158-352-6) el nacemento era un acto que todos os vecios aguardaban i ensaiábanlo nenos i nenas que acudían al catecismo. Susina de Boal recorda a súa participación con Loli de Lala i Conchita da Paca. Tamén consta que en 1925 foi recitada por Emilio Fernández López.

El texto presenta úa escena “núa noite de xelada” na que á casa de Mingón chega Pericón da Baxada. A familia, hospitalaria, dalle de comer castañas, úas concas de caldo i “de lleite úa cazolada” . Nesa situación Pericón, agradecido por el trata que lle daban, recorda i conta a historia del nacemento de Jesus féndolles un alago aos que lo convidaban.

 

Pos eso, felices festas i bon ano novo.

Que el recordo destos textos nos faga ser máis solidarios cos que sufren. Que as festas natalegas tamén van un  pouco deso. 

Farruco Graña: el escritor que dá clases en Tapia de Casarego.

9AB28BA9-58DD-4E12-95E8-ACD5EF01C211

Farruco Graña naceu en Carballo, Galicia (1966). É concelleiro en Ribadeo (Galicia tamén) e profesor de Filosofía nos IES de Tapia de Casarego. (Neste caso xa Asturias).

Nel Eo-Navia temos costume de nun mirar muito que sucede ao outro lado del rio Eo, como si esa paisaxe aberta, esa llibertá que tein as auguas del mar  Cantabrico e os ventos da Bobia de circular ceibes  nun a tuvésemos os humanos. Eso é algo que non lle sucede a Farruco Graña como evidencia el libro de contos “Badaladas de Anllóns publicado el pasado mes de xuno por Edicións Embora.

Nel conto “O tren de Vilaodriz” a comunicación entre as dúas ourellas é evidente: “ Visitaban todas as feiras da contorna a unha e outra beira do Eo. De Boal a Foz e Burela, ou de Navia ata Mondoñedo e Riotorto. A don Manuel a súa experiência serviu lle para conocer mói polo muiudo ás xentes dun e outro lado.

Farruco Graña  traballa en Asturias e xa ten de sobras superadas esas miradas que nun llevan a ningún llugar. El sou aprecio e conocemento de un llado e outro é evidente. El autor de “O bosque de Nagore”  e “O soño de Xoán” presenta nos relatos de  “Badalaldas de Anllons, (un rio que desemboca el océano Atlántico)   un puñado de hestorias, case todas premiadas,   que falan da lluita das xentes por salír pralante e que valen pralló e pracó.

Por eso el autor nun se queda nas ribeiras del Anllóns, os sous relatos tamén falan de verdades que forman parte das terras del Eo-Navia, porque os sous personaxes viven as nosas vivenzas. El lector saberá atopar el que digo e descubrir esos detalles dos que falan os badallos das campás que Farruco soubo escuitar e transformar en contos.

Pode que a muitos asturianos desta comarca lles poda costar un pouco (ao empezo)  ller en galego común, ou quizáis no. Esto depende máis de predisposición que de ningúa outra cousa xa que conocemento del idioma temos. Vamos probar.

Este é el empezo del conto “A dama da Pedra Moura” :

Máxima naceu preto do petón de Calvelo, na casa do Curro. Des que era ben noviña acostumouse a ver por entre os regatos e as fontes á vella da cova de San Paio da Devesa. Os anciáns da aldea dicían que esa medio bruxa andaba roldando os lugares da contorna para enfeitizar aos mozos e levalos con ela a outro mundo. Aos pequeños avisábanos ben que era úa papanenos…” (…)

Que? Como foi a cousa? Entendemos ou nun entendemos?

É vidente que pode ser útil ter  ao pé un movil ou úa tablet coel Diccionario Galego da Real Academia  Galega  e dese xeito saber que petón é úa pena que sobresale nel mar, pode que un outeiro. Se nun lo averiguamos polo contexto, claro.

Nel relato fálase da fervenza de San Paio da Devesa. Úa fervenza de  auguas que caen a cachón, un salto de augua, úa cascada…úa seimeira… Todas estas  palabras que aparecen nel texto utilízanse nalgún sito del  Eo-Navia pra definir ese augua que se precipita por el desnivel del tarrén i amaña borbollas, espuma branca e ruxe como se fervera. Todas son palabras nosas e todas tan nel dicicionario galego xunta con outras que pode nos resulten menos conocidas.

Hai úa conexión cultural entre esas ribeiras del Anllóns e as nosas ribeiras, algo que se transmite  na forma de escribir de Farruco que caltre no noso xeito de ver el mundo. A “Pedra Moura” existe realmente. É un dolmen inmenso, un enterramento de hai máis de 4700 anos del que contan que as pedras foron acarrexadas por úa muller  desde el “petón de Calvelo”, mentras iba filando núa roca e dándolle de mamar a un cativo. A primeira parte da hestoria é exactamente a mesma cá del dolmen de Entrerrios (Concello de Eilao) , al que nosoutros chámamos “Pedra da Filadoira”.  Seguramente trátase da mesma muller pero condo chegou as ribeiras del Navia ou lle quedou  esqueicido el neno nalgúa aldea ou el pequeno  xa medrara tanto que xa nun mamaba.

Ademáis escondidos  nestos contos están as reflexiois del Farruco filósofo que nos dice i advirte han de volver os tempos nos que de novo a maneira de ser das aldeas recupere a súa importancia, porque, recorda,  agora, equivocadamente,  todo pasa pola finura dos da villas sendo como é falso  que nel  campo todo seña atraso e xente bruta.

Farruco avisa como se lle falara á madre terra: Non esqueizas os sous sons, as súas verbas. Pra ser tu mesma precisas dun punto de referencia desde el que poder evolucionar xa que  sempre teremos que volver ás orixes pra emprender de novo outra senda.

Creo que os que se decidan ller ,con paciencia e pouco a pouco os que  teñan menos hábito, van a disfrutar destos guapos relatos del vecín Farruco Graña, ese escritor que é profesor en Tapia de Casarego.

0865F05C-31D4-4A69-91C9-B6AB3250FD26