El gallego-asturiano en Elvas, Alentejo. Portugal. (Colectânea Raia Luso Espanhola)

Presentación

El 12 de setembro deste ano presentouse na freguesía (feligresía ou parroquia) portuguesa de Santa Eulalia de Elvas no concello da ciudá fortificada de Elvas, (Alentejo) el libro Colectânea de Literatura e Artes da Raia Luso Espanhola, que tamén foi presentada, al cabo de poucos días, na feira del libro de Badajoz xunta coel DVD del mesmo nome.

Disfrutei muito deste encontro en Elvas, ciudá que ten el título de ser “A chave do reino” por constituir el maior sistema de defensa con baluartes del mundo.

Libro e DVD

A obra foi coordinada por a poeta alentejana Graça Foles Amiguinho, natural de Santa Eulalia de Elvas, que xunta el sou fillo, el artista gráfico Rui Amiguinho Barros, vein desenvolvendo na freguesía e nel sou concello un importante labor de dinamización cultural a través da poesía, da música e das artes. El sou obxetivo non deixa de ser que a xente non marche e haxa futuro pra estas fermosas terras fronteirizas.

Acueducto de Elvas

Dos 63 autores que participan hai 35 mulleres e 28 homes, a mitá dos autores son da Galicia, 24 del Alentejo, algús del Algarve, Beiras, Extremadura, Badajoz e dous asturianos das ribeiras baxas del Navia: Moisés Cima i eu.

Moisés Cima Fernández (Uviéu 1983) criado nel concello de Coaña, na parroquia de Mouguías, participa cos poemas “Carta a un pai (I)”, “ Carta a un pai (II)” i el poema “Palabras”.

Eu, Enrique González Alvárez, (Quique Roxíos) ( Roxíos-Boal, 1964) participo con “Somos”, “Futuro”, “Vencedores” i “Acordanza”.

Moisés Cima Fernández non puido ir así que eu lin un poema de cada un. “Palabras” i “Acordanza”

Presentaron a Colectânea Graça Amiguinho e el historiador Moisés Cayetano de Badajoz, que se esqueiceu (Cousas dos directos) de mencionar Asturias así que aproveitei a circunstancia pra explicar os vínculos que xuntan Asturias, Portugal i a lusofonía, Llougo lín os poemas. Poño un vídeo del momento:

Pinchar aquí pra ver el video da lectura de poemas

(aportado por Rui Amiguinho Barros que tamén é autor das pinturas da portada e contraportada del libro)

Acto de presentación da Colectânea Raia Luso Espanhola en Santa Eulalia de Elvas

Vinculación de Asturias coa lusofonía.

Na programación del acto consta que Enrique González Alvarez de Boal vía en representación de “as Asturias”, en plural. Creo que é algo afortunado e que tá ben posto porque na nosa comunidá autónoma existen dous idiomas propios que nos conectan coel universo cultural da lusofonía i, efectivamente, Asturias é plural e diversa culturalmente.

Dun xeito divulgativo o incorporei na mía aportación a anotación dun cachín del contrato de compraventa firmado nel Priorato del Xío por María Vicentez de Cedemonio no que vende terras a D. Guillermo, abade de Santa María de Vilanova de Ozcos e al convento dese mesmo lugar. (El documento é del ano 1162.

Ese contrato forma parte del importante cartulario que acredita a presencia nel Eo-Navia del gallego medieval, máis conocido universalmente a través da poesía trovadoresca galego-portuguesa,

É un orgullo enorme pra Asturias ter nel haber da súa historia algús dos documentos máis antiguos del idioma galaico-portugués del que ven el noso gallego eonaviego, pero tamén el Portugués, si é que realmente non falamos el mesmo idioma con fonéticas diferentes.

A viculación coa lusofonía témosla deste xeito en primeiro lugar porque en parte del noso territorio asturiano existen 18 concellos onde temos como propia úa fala dialectal del idioma gallego e del corpus lingüístico galaico-portugués; fala que que na lexislación del Principado recibe el nome de gallego-asturiano.

En segundo lugar porque el idioma propio de Miranda do Ouro, al que chaman mirandés pertenece al dominio lingüístico del astur-leonés.

El poemario conta coel suplemento dun DVD con imágenes dos territorios, incluídos el Navia-Eo e algús dos poemas musicados na voz de Berta Miranda e na guitarra portuguesa de Nuno Cirilo.

A Colectânea lleva un prefacio del historiador Moisés Cayetano Rosado, e úa introducción de Graça Foles Amiguinho que escolleu dous poemas de xeito que Portugal extende a mao a España nesa irmanación de poemas de Luís Vaz de Camões e Francisco Gómez de Quevedo que falan del amor: Amor é um fogo que arde sem se ver/ Definición de amor. fermosamamte musicados e ame idos por Berta Miranda e Nuno Cirilo. (<- Escuitar poema de irmanamento musicado)

Amor é um fogo que arde sem se ver;
É ferida que dói, e não se sente;
É um contentamento descontente;
É dor que desatina sem doer.
(...)
Luís Vaz de Camões
Es hielo abrasador, es fuego helado,
es herida que duele y no se siente,
es un soñado bien, un mal presente,
es un breve descanso muy cansado.
(...)
Francisco G. de Quevedo
Quique Roxíos, Adela Figueroa e Graça Fole Amiguinho no Forte Nossa Senhora de Graça seguindo a visita guiada dirixida por Moisés Cayetano Rosado.
Moisés Cayetano explica sobre a maqueta del Forte Nossa Senhora de Graça (Elvas)
Interior del Forte Nossa Senhora de Graça.
Detalle da historia del forte. A Elvas chámanlle “ A chave do reino” por constituir el maior sistema de defensa con baluartes del mundo).

A nosa participación. El galego-asturiano en Elvas.

A Colectânea de Literatura e Artes Raia Luso Espanhola supón un paso máis na dignificación del idioma propio del Eo-Navia que neste caso salta fronteiras i atopa respeto nel país amigo i ermao de Portugal, nas fermosas terras “alentejanas” .

Compartimos sentimentos: el amor por un un idioma que nos xunta. Participamos dun mesmo impulso: transmitir ás novas xeneraciois el respeto por lo que deixaron os nosos antepasados. Lluitamos por fer del pasado garantía de futuro. Disfrutamos aprendendo us dos outros comunicándonos coas nosas falas maternas e convertíndolas nun tesouro que nos enriquece.

Presentación de Moisés Cima Fernández
Poemas “Carta a un pai (I)” e “Carta a un pai (II)” (…) dé Moisés Cima.

Úa mesa probé.

A máis probé de todas as mesas.

Un pouco de queixo

e pan de antoite.

Úa velleira mala de levar,

el peso dos años nos ombros

a levedá da vida

a paso firme frente os ollos.

Acabo de “Carta a un pai (II)” e “Palabras”de Moisés Cima.

(…)

Atopar estrelas mouras,

chuchos de chicolate,

abrazos que rompen espaldas

e amañan corazois.

Presentación de Quique Roxíos e referencia al cartulario del Convento de Vilanova de Ozcos.
“Somos” con referencia al ser mitolóxico Ventolín del que se fala nel libro “Castrillón, aldea noble” de Horacio e Carmen Fernández Fernández.

Escribo desde a fronteira habitada nos lindeiros del esqueicemento.

Choro soledá feita de diglosia e abandonos.

Represento aos confinados e sentenciados al derrumbamento.

Denuncio en nome dos seres ceibes que non saben que tein voz.

Porfío polos apresados no abátememento que ignoran os sous dereitos.

Poemas “Futuro” e ”Vencedores” de Quique Roxíos.

Contas lúas en vela

sal de anos silenciados

lonxe e abandonados

feridos nas meixelas.

Brisas de caramela

no recordo escarniados

vivir agarrotado

nun sufrir que amartela.

Poema “Acordanza” de Quique Roxíos.

(…)

Vamos ter que atoparnos

no mico das pechaduras trancadas

sometidas á friaxe das casas baleiras,

ruxerruxe das xógaras dos rigueiros

que se saben incapaces de conversar.

Recitado de Quique Roxíos en Santa Eulalia de Elvas del poema propio “Acordanza” e del poema “Palabras” del poeta de Coaña Moisés Cima.

Escuitase millor nel vídeo feito por Rui Amiguinho Barros: https://youtu.be/jgMweEDCHDw)

5 pensamentos sobre “El gallego-asturiano en Elvas, Alentejo. Portugal. (Colectânea Raia Luso Espanhola)

  1. Parabéns mil, de corazón, amigo Quique. Fermosos poemas os teus e os de Moisés Cima. Sentidas e preciosas palabras en defensa da lingua e o acervo común. Agarimosa aperta.!

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair /  Alterar )

Foto do Google

Você está comentando utilizando sua conta Google. Sair /  Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair /  Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair /  Alterar )

Conectando a %s