Camíos da poesía pral gallego-asturiano.

El 5 dé setembro deste 2020 presentouse en Portugal, na ciudá de Espinho, nel distrito de Aveiro na Gran Área Metropolitana de Porto a Colectänea de Poesías e Lendas Luso-GalaicasCaminhos da Poesía” na que teño el honor de participar inda que por motivos de traballo non puiden asistir.

Portada de “Caminhos da poesía“.

Esta obra -que reúne 67 poetas de Portugal e Galicia pero que tamén conta coa presencia poética de Asturias (Eo-Navia)- é úa proposta que procura recordar antiguas lendas presentes na tradicción oral galaico-portuguesa pero trocadas en poesías, de xeito que algúas desas vellas lendas volven renacer reafirmando ese importantísimo patrimonio cultural inmaterial que vive nel noso ser colectivo articulado na fala común que nos permiten comunicarnos e enriquecernos.

A iniciativa hai que agradecerlla á poeta, pintora i escultora Ester de Sousa e Sá que continúa con esta obra “Caminhos da Poesía” os fitos poéticos que se lograron en 2018 coa “Colectânea de poesía Luso Galaica” -promovida tamén por Ester Sousa- e no an 2019 coa obra colectiva “Poetas do Reencontro” feita realidá pola Irmandade poética e artística de Galaico-Lusa de Chantada.

Estas obras permitieron, gracias a xenerosidá dos organizadores, que algún poeta del Eo-Navia, como é el caso de Moisés Cima i el meu, puidésemos exercer el anhelo lexítimo del Eo-Navia de participar del universo cultural galaico-portugués.

Como dice a autora del prefacio del libro presentado en Espinho, a Dra. María Manuela Aguiar, referíndose aos poetas e artistas participantes:

“… cualquer que seja o lugar onde nasceram ou habitam, as suas ocupaçoes ou títulos académicos, estāo juntos na consciēncia de pertença a un mesmo universo cultural em expansāo”. Amecendo mais adelante “Un dos aspectos mais salientes e inovadoras desta terceira coletânea é a incursāo nos domínios do nosso riquíssimo património lendário e mitológico, vía privilegiada de demanda identitária que anima o projeto poético colectivo.

Presentación de Quique Roxíos que figura en “Caminhos da poesía”.

El único xeito de que el Eo-Navia salga del furado del abandono al que a incorrecta política del Principado lo ten sometido, polo menos nel ámbito cultural, é exercendo os dereitos dos que somos depositarios, aciquitar os complexos absurdos de si somos ou deixamos de ser galegos ou menos asturianos que el resto e asumir que el idioma é úa ferramenta de comunicación que nos dá úas posibilidades e un impulso enormes, non solo ás comarcas nas que falamos gallego asturiano senón tamén a toda Asturias. Por eso el contacto i el intercambio cultural sen atrancos de fronteiras administrativas obsoletas é a NOVA NORMALIDÁ CULTURAL que Asturias i el Eo-Navia xa se merecen.

Al hora de aproveitar esta oportunidá pral gallego asturiano de cruzar fronteiras que impiden dita normalidá puiden neste libro, editado en Portugal, mostrar parte das nosas lendas con tres humildes pero sinceiros poemas.

El primeiro un soneto que versa sobre “A Santa Compaña“, úa das crenzas máis enreizadas en Galicia, Portugal, norte da Provincia de León e Asturias. Destas almas en pena muitas historias teño escuitado xa que, según parece, eran vistas en procesión por a senra de Santiago de Prelo, aldea vecía del meu Roxíos.

Na mía casa tamén contaban que meu bisavolo, que anduvera por Cuba a finais del XIX e que volverá descrido da antigua mitoloxía, salía algúa noite con amigos, disfrazados todos con sudarios brancos e velas e que metían el medo nel corpo aos vecíos tocando campás e fendo ruxir cadías. Quen sabe.

Nel segundo poema “País dos encantos” dou noticia de parte importante das lendas sobre seres que viven nas ribeiras del Río Grande, el Navia, entre os salgueiros del regueiro de Roxíos, nas ladeiras del Ourubio, en Camposagrado e xunta al Cristo de Monaso ou nel Coucelín.

A capital dese País dos Encantos é Castrillón coel sou Xardín del Rei baxo a sombra dos Picos Maún e Penacerengo ou Cristaleira. A lenda máis coñecida é a da Grade de Ouro del Pozo Fiel unde habita úa moura allí enterrada por amor, pero tamén se siguen contando lendas sobre a Furada da Xánica, cerca da Campa del Tesoiro que sale a peinarse na noite de San Xoán, a da Pena da Muller Torta que esbarrueira condo lle peta, as das cazolas con ouro escondidas, a del Cristo de Monaso, a del encanto da roupa tendida en Froseira e outros que non mencionei como a da LLastra da Filadoira, xa en Eilao.

Poemas “A Santa Compaña” e “País dos encantos”.

Estas lendas aparecen neste mesmo libro recreadas por outros poetas. Por exemplo a da Grade de Ouro de Pedra Má que poetiza Virgilio Gonçalves e na que tamén aparecen dous bois xemelgos.

“Conta-se que estavam por lá,

no sitio de “Pedra Má”,

dois jovens a conversar.

Uma música soa, deslumbra,

surge uma voz da penumbra,

de uma Moura de encantar.

(…)

– O rio esconde un tesouro,

uma grade toda em ouro,

á espera de ser retirada…

Se a quissem retirar,

vāo ter que se esforçar

arranjar dois irmāos gémeos.

Touros pretos também dois,

corda con gancho e despois,

procurem os vossos prémios.

Tragam convosco os rapazes

de cumprirem a missæo.

A corda é para engatar,

e para a grade puxar,

ña noite de S. Joāo.”

(…)

Chama atención que este mesmo autor, Virgilio Gonçalves, menciona outra lenda, que tamen é xemelga da nosa da Llastra da Filadoira (El dolmen de Entrerríos) “A lenda da Pedra Má”. Vamos ter que irmanar os nosas parroquias coas freguesías (feligresías) de Pindelo e Carregosa nel concello de Oliveira de Azeméis.

A lenda da Pedra Má de Virgílio Gonçalves.

El terceiro poema que incluín é “Mirando a Tiracais” que queda nel camín da Pena de Difuntos que vei del Llombatin a Bullaso, llugar dende el que se ve el Pico del Cuco coas súas pinturas da Edá del Ferro guardadas na Cova del Demo e a aldea de Xio unde se firmaron as primeiras ventas al Convento de Vilanova de Ozcos que deixan constancia da oriexe da nosa fala e dos vínculos indiscutibles con el gallego medieval coñecido universalmente pola poesía trobadoresca galaico-portuguésa, pos ese é el idioma que acredita el Cartulario del Mosteiro dos Ozcos.

Poema “Mirando a Tiracais”.

Non son cualquer sito os nosos lugares en non é úa simple fala el noso idioma. Temos que empezar por ei pra ter a autoestima necesaria e conseguir que el Eo-Navia ocupe en Asturias e no que chaman a lusofonía el lugar que lle corresponde.

A poeta de Gueitiriz, Branca Villar na Presentación en Espinho de “Caminhos da poesía” Esta poeta de Lugo publica nel libro outra lenda dúa muller poderosa que pousou úa enorme pena redonda na parroquia de Labrada.

Entrevista a Ester Sousa é Sá.

Deixe um comentário