Os secretos del molín vello. Enma Méndez. Cartavio, 1973. Editorial Trabe

Enma Méndez, (Cartavio, Coaña, 1973) publica en decembro de 2009 “ “Os secretos del molín Veyo”, Editorial Trabe -dentro da colección infantil Montesín.- con ilustraciois de Belén Fernández.

Trátase dúa novela, infantil-xuvenil, escrita en gallego-asturiano que conta a história de dúas nenas, Naya i a súa amiga Sara, que xunta el irmau desta, Yayo, viven úa aventura na que tein que desembolortar un enredo familiar que las lleva a investigar úas historias de amor e de traición sucedidas nel pasado.

Enma Méndez ten úa gran habilidá narrativa. Consigue que a historia enganche al llector que en todo momento involúcrase na intriga de seguir as investigaciois dos nenos na procura de saber desos secretos familiares ocultos en desvais, detrás de pedras nas paredes i escondedoiros secretos.

Os adultos que decidan ller esta novela tamén van disfrutar. A historia mostra un mundo de costumes mui da terra unde hai gusto por el falar sen presa, invitar aos vecius a un cafetín, comprender os defectos dos outros, vivir en contacto continuo coa naturaleza i dignificar os valores de aprender i educar.

Seguindo el caciplar dos protagonistas aparecen muitas expresiois e refrais presentes nas conversaciois cotidianas. Revolvendo nesas conversaciois revivimos enseñanzas dos vellos i a presencia dun mundo máxico que quere seguir sendo parte das nosas vidas disfrazado, ás veces, de medos que non son tales. Nel relato tomaremos asento e sentiremos a complicidá dun xeito de vida que é del noso agrado; recordaremos esa tradición nosa de contar contos e historias.

Ller esta novela é úa oportunidá de aprender del mundo cultural del Eo-Navia e de afincar os conocementos de gallego asturiano.

Esta novela debería ser pra nosa zona un empuxón cultural como lo foi “Os misterios das badaladas” de Xabier P. Docampo, que abriu prá literatura escrita en gallego portas que eran necesario abrir. A novela de Enma Méndez ten muitas das virtudes dese relato de Docampo.

Ese papel de convertirse nun  auténtico clásico  lliterario ten a honra de conseguillo pral idioma asturiano el relato Montesín de María Xosefa Canallada.

 “Os secretos del molín veyo” debería convertirse tamén  nun dos  llibros de lliteratura infantil-xuvenil máis llido nas nosas escolas.

Enma Méndez regálanos un exemplo a seguir nel camín de que a mocedá del Eo-Navia i os novofalantes del gallego-asturiano teñan úa oferta de lliteratura que permita transmitir el noso xeito de ver el mundo, a nosa mitoloxía, el noso idioma i emprender na nosa llingua a aventura de ller.

Oxalá que os secretos del molín de Enma teñan continuidá e que Naya, Sara i  Yayo sigan investigando e descubriendo emborollos. Fía falta un director/a de cine que lo fixese película.

A autora del libro Enma Méndez é desas personas que sabe escuitar. Eu conocinla en Roxíos e podo decir que é úa gran conocedora del noso idioma, que sabe guardar e dar vida ás palabras, tratallas con cariño i utilizallas condo fain falta, sacandolles os sabores e colores auténticos que contein.

Norabúa Enma por este traballo tou tan guapo.

 

 

 

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair /  Alterar )

Foto do Google

Você está comentando utilizando sua conta Google. Sair /  Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair /  Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair /  Alterar )

Conectando a %s