Primeiro Disco-Libro en gallego-asturiano : A Comuna del Barruzo.

Editado por aCentral Folque, coa Producción Executiva de Mialma Produciois, baxo a Dirección Artística de Ugía Pedreira, a Produción Musical de Pierrot Rougier, as Ilustraciois de Mónica Justo i a Maquetación de Ricardo Cabanelas/ Reviravolta Design, sale á luz úa obra musical, literaria i educativa que el gallego asturiano vía necesitando: A Comuna del Barruzo.

Letras de Ugía Pedreira, Arturo Álvarez, Belén Rico, Nicolás Kervazo, Inés Pérez, Héctor Acebo, Mercé de Rande, Quique Roxíos e Pierrot Rougier que deixan asomar ás diversas variantes dentro del gallego asturiano. A voz dos poetas da terra ten úa presenza incuestionable.

Un traballo musical extraordinario unde Pierrot Rougier i Ugía Pedreira fain un disco que a artista chega calificar como un dos sous millores discos. A voz i as panderetas de Ugìa, úa infinidá de instrumentos tocados por Pierrot son acompañados polo violonchelo de Rosa Cedrón, el violín de Quim Farinha, el acordeón de Abel Pereza, el órgano Hammond de Nicolás Kervazo, el Sitar de Chus Dìaz, a voz recitada de Marina Oureal. Úa obra excepcional.

Mónica Justo recrea us personaxes intrépidos, imaxinativos i atractivos que acompañan e fain medrar cada tema: A nena pisquela, a isla dos ventos, Natura, el ser das herbas, a Toba, Irmá Florita, Gargayu, os encantos… Todos dan cabida á fortaleza i aos valores dese barruzo del Eo-Navia.

El Disco-Libro conta coel patrocinio del Concello de A Veiga, de AMESA de Normalización Lingüística do Galego i da Secretaría Lingüística del Navia-Eo. Seguramente úa das primeiras ocasiois que se colabora desde as dúas beiras del Eo, algo normal, necesario e porfín feito realidá.

Presentado nel importante foro cultural de Culturgal (Pontevedra), nel Concello de A Veiga i con un dos temas tocados en directo na Televisión del Principado (TPA) este é un documento sonoro, plástico e literario que merece a pena conseguir.

Ver vídeo da actuación na TPA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s