“Foi emocionante. Algo así non se esqueice nunca.”
Esas palabras convertidas en titular de prensa fain honra del que sentín el día da Presentación en Boal del meu poemario “Personaxe desconocido“ publicado por a Editorial Canela.
Como me dixo Hilda Farfante Gayo tomando as palabras dun dos meus poemas “Non foi un día cualquera”


Teño que reconocer que el meu nerviosismo ante el acto del 31 de marzo na Casa da Cultura de Boal era ben grande. En xuno de 2017 ganei, coel poemario en gallego-asturiano “Personaxe desconocido“, el XVII Premio Anduriña Voandeira 2017 de poesía en gallego convocado en Euskadi. Foi el primeiro paso dúa ringleira de cousas que veron, como vein as andulías, trendo a alegría del bon tempo.
A Editorial Canela, especializada en ediciois mui rigurorosas sobre cultura popular con destacados traballos sobre aspectos históricos, etnográficos, musicales… dos Ozcos e Taramundi ofreceume publicar os meus poemas en gallego asturiano como primeiro llibro dúa colección dedicada á poesía na modalidá llingüística da nosa comarca eonaviega: a colección Filso da Bovia.
El llibro é, como dice Suso F. Acevedo un llibro guapo gracias al bon traballo de maquetación de Inés De la Peña que incorpora con xeito os debuxos de Miguel Ángel Blas Cortina que reproducen as pinturas rupestres da Cova del Demo de Boal. Pero se non iba naide á presentación, se non había xente sería pra min un disgusto porque a aposta por a nosa cultura por parte da Editorial Canela sería un fracaso. De feito a mesma noite del día que Pablo Quintana me falou das presentaciois soñei que non vía nin un alma. Os dous allí solos. Que pesadilla.

Os amigos de Toyemerendas (Abel, Ruth i Jose) puxeron, (Núa mostra máis del sou compromiso coa nosa zona), música i bon gusto al acto, predispuéndonos a todos/as pra escuitar algo de poesía. Un dos poemas del llibro, Flor del Toxo, foi úa das pezas que tocaron.

Despós el Alcalde Jose Antoni Barrientos deunos a benvida a todos/as. Teño que reconocer que tanto él como a concelleira de cultura Mirta Celaya fixéronnos sentir unde tábamos, en casa.
De seguido el profesor Suso F. Acevedo, explicou como foi el asunto de que lle encargase a él el prólogo decindo cousas ben guapas e fendo úa interpretación das mías poesías. Pero el que me chegou al alma foi a situación personal na que, contou, empezou a ller el poemario. Foi na súa casa natal por un problema de salú da madre. Tando allí, despós de cear i de que ella se deitase, quedou na cocía atizando estellas nel llume, tomando café. Na soledá da súa casa da infancia sentiu que os poemas lle falaban a él. A casa i a madre tan presentes nos meus poemas, presencias simbólicas que xa as explicara hai muitos anos, dixo Suso F. Acevedo, el filósofo e poeta francés Gaston Bachelard. Según lo escuitaba a mía emoción medraba inda que intentaba atalla en corto.
Tocoulle el turno de falar al editor, Pablo Quintana, natural de Vilanova de Ozcos que contou dalgún llazo familiar personal nel noso concello i explicou a historia da Editorial Canela i a súa razón de ser que nun é outro que a cultura popular, sobretodo destas comarcas fronteirizas entre Galicia i Asturias. Nesa llaboría decidiron dar un paso tamén a favor del gallego-asturiano coa creación da colección Filso da Bovia con poetas destas terras del Eo-Navia. Pablo Quintana afirmou que as mías poesías tian conexión con esa cultura popular da que se fai eco a Editorial Canela.

Neste momento xa tuven que decir eu úas palabras. Certamente contoume empezar. El público amigo axudoume cun aplauso. Lo primeiro que fixen foi agradecer aos presentes que decidiran tar allí, acompañándome, á mia muller por a súa paciencia i axuda, á familia, amigos/as, vecíos, alcalde… Por suposto a Suso F. Acevedo i a Pablo Quintana… Pra todos el meu agradecimento é enorme. Como non lo vei a ser.
Recordei que este idioma heredeilo dos meus padres, que si ellos non mo houbesen transmitido non lo tería. Pero antias que ellos houbo outros/as. Por eso fixen un comentario sobre a orixe del noso idioma. Pero en ve de falar del latín i os romanos preferín remontarme algo máis cerca así que falei de María Vicentez, úa vecía de Xío que nel ano 1169 (hai casi 900 anos, xa vedes lo relativo que é lo de cerca) firmou un contrato coel Abad Don Guillermo e coel Convento de Vilanova de Ozcos. Ese documento empeza i remata en llatín pero todo el contido principal tá nel idioma galaico-portugués. Este pergamìn é solo un dos máis de seiscentos que se conservan del “Monasterio”. Escrito cúa grafía máis cercana vería a ser:
(…) “eu María Uicentez de Cedamona vendo a vos abbade don Guillermo de Santa María de Villa Nova d’Oscos e ao convento desse mismo lugar quanta heredade eu aio e devo aver en Çedamona por preço qua a mí e a vos ben prougo, convén a saber: un boi boon e çen solidos (…) por Deus e por mina alma e de meus parentes. (…) Feita a carta en Gio. Era de mil e CC anos. Reynante rey don Fernando en Castella e en Galica. Martines episcopus in Ouedo.”
De aí ben el noso idioma, dese galaico-portugués del que naceron el portugués i el gallego. Se a nosa fala fose algo pequeno seguiría sendo importante, por ser nosa, pero non é tan pequena. Ese idioma medieval que marca a nosa orixe foi el escollido por el Rei Alfonso X el Sabio pra redactar as Cantigas á Santa María. Naquel idioma medieval están as cantigas de trobadores como Martín Codax ou Fernando Lago. De ei ven el noso idioma i é cousa de todos que siga existindo como llingua que se fala en todos os ámbitos incluída a música i a lliteratura. Asturias debería mostrar con orgullo este patrimonio.
Despós expliquei a llenda del Palacio de Prelo que é idéntica a outra da zona de Ancadeira, nos Ozcos. Xa a conocedes: El cura tía que esperar pra comenzar a misa a que volvesen os señores da xornada de caza. Núa ocasión tardaban en regresar i el cura decidiu fer a misa. Al chegar os señores un dos impetuosos fillos del Señor del Palacio pegoulle un tiro al cura matándolo nel púlpito. El castigo según a llenda dos Ozcos foi mandar al criminal al “Valle dos desterrados”, un llugar “unde non se escuita gallo cantar, carro rinchar nin campá soar.” A llenda advirtenos del castigo del silencio… Si se deixa de escuitar a música del noso idioma seremos todos us desterrados. Triste sería non ouguir el noso gallego-asturiano ou non ter con quen falallo.
Despós de todas estas explicaciois comentei el contido del libro. Tres poemario: “Teño dolo da túa risa”, “Cántigas del Augüeira” e “Personaxe desconocido“. Os meus poemas intentan representar sentimentos e ideas; ás veces queixas ou reivindicaciois; ás veces advertencias ou temores. Pode que conten úa historia. El sentimento de desenraizamento, a señardá da casa, del idioma ou da família tamén tán presentes dun xeito que solo coas nosas palabras é posible expresar. Hai cousas que ditas noutro idioma non saben lo mesmo.
Por último llin algún dos meus poemas: “Á nosa fala” (dedicado al idioma) á “Cova del Demo” (que pode que tamén fale da inocencia ou del medo al diferente), el del “Filso da Bovia” (Este monte sírveme pra reflexionar sobre a necesidá da memória, de non esqueicer as penas e pesares). Por último llin “Ancha ausencia”, poema que lle dedico a Hilda Farfante Gayo, maestra i exemplo de vida que se criou en Boal, desde os cinco asta os vinte anos, despós de que os sous padres (os dous maestros) foran asesinados en Cangas de Narcea nel 1936 al estallar a Guerra Civil.
Condo lleo os meus poemas fágolo como se os falara pero siguen úa normativa que procura respetar as nosas peculiaridades sen distanciarse innecesariamente del resto de falas que pertencen al mesmo corpus lingüístico. Eso abre portas enormes al idioma e neste caso a min permitiume ganar un premio lliterario que non podería ganar escribindo el idioma dun xeito en exceso castellanizado ou incongruente coa normativa oficial del gallego común de Galicia. Os idiomas minorizadas necesitan apoio institucional, normativización, normalización i el orgullo dos propios falantes. Orgullo sen prexuícios. Tamén é preciso algo de esforzo dos propios falantes.

Llougo, despós da despedida musical de Toyemerendas,veo a firma de llibros que foi mui emotiva i el remate póxolo Berardo Penabade, responsable de Proxecto Neo de Radio Burela que chamou telefónicamente a Madrid, contactou coa boalesa de sentimento Hilda Farfante Gayo á que lle puiden ller en directo el poema a ella dedicado: “Ancha ausencia”.

(…)
Pasou. Non foi un día cualquera!
Quedou un senteiro balleiro, el tremor dun silencio,
a inclemencia dun sentimento;
el daquella pedra, vendo pasar el augua
outra vez sola, sola nel regueiro.
El día seguinte, 1 de abril a presentación féxose na Caridá (El Franco). Nun local do “Complejo Cultural “ As Quintas” unde nos recibiu a Alcaldesa Cecilia Pérez quen tamén nos fexo sentir mui Agusto. Despós de aludir brevemente a mía llabor que en defensa del gallego de Asturias, referiuse tamén al sou propio compromiso en defensa da “fala”. El acto tamén tuvo úa asistencia razonable, foi todo máis tranquilo que en Boal i a parte da prensa encargouse de fer certa difusión nas redes sociais Germán Muiña Blanco al que non conozo personalmente. Decidín ller outros poemas inda que repetín A cova del Demo i Ancha ausencia.

Personaxe desconocido pode adquirirse sin gastos de envío na web da Editorial Canela ou nas llibrerías de Javier da Veiga, Vivín de Ribadeo, Pablo de Boal ou na Librería Cervantes de Uviéu.
Grande Quique!!! felicidades!!!