El discurso que nunca pronunciou un Conselleiro de Cultura de Asturias

DBF043EF-E64A-4310-AF80-6B56A317106A

 

Búas tarde; dígovos a todos os presentes e dígovoslo de corazón. Búas son as tardes como éstas, nas que somos quén a xuntarnos pra cellebrar e reconocer lo millor del idioma gallego de Asturias,  de esta llingua que é  “la lengua viva de nuestro pueblo” como dixera, en castellán, e referíndose al asturiano, el que seguramente seña ún dos asturianos máis brillantes da nosa  hestoria, Gaspar Melchor de Jovellanos.

Aconcellámonos esta búa tarde na casa del conocimiento e da ciencia asturiana, na Universidá de Uviéu –gracias  Sr. Rector por a súa acollida–, pra cellebrar a  creación nun idioma que sendo propio dúa parte dos asturianos, os da comarca del Eo-Navia, considerámosla úa llingua nosa, de todos os asturianos. Tamos aqui pra eso e pra reconocerlles os sous méritos aos mellores escritores de poesía, teatro, novela,ensallo, cómic e lliteratura xuvenil, dacordo coas  bases dos concursos lliterarios convocados por a Consellería de Educación e Cultura del Goberno del Principado de Asturias pra promocionar el gallego asturiano.

Una llingua, desto non hai duda, é el producto máis importante de cualquier cultura. Nin  hai monumento, rito nin feito cultural tan vivo, tan creativo, tan polivalente como úa llingua; as llingüas valen pra codificar a realidá sentida ou imaxinada, valen pra falar de cousas ou entes inexistentes, valen incluso pra falar de sí mesmas; pero, amáis de ser un producto cultural, cada llingua é vehículo da propia cultura que a xenerou i é  a través  da llingua como se trasmite esa mesma cultura e se perpetúa dúa xeneración á outra, con voz propia, distintiva e distinguida, porque todas as  llinguas, como ben é  sabido, FALAN de lo mesmo, pero enxamis dúas llinguas  DICEN lo mesmo.

As pallabras tein ademáis a virtualidá de recoller el sou contesto e deste xeito, llonxe de ser algo inerte e ríxido, as llinguas –e de eso é un bon exemplo el gallego asturiano– viven nas súas variantes. A riqueza da  diversidá dúa cultura recóllese nas variantes diatópicas ou xeográficas da  súa llingua. El gallego de Asturias é un tesouro que nos chega da llingua medieval galaico-portuguesa que ten como exponente importantes documentos recollidos na abadía de  Vilanova de Ozcos. Asturias mostra orgullosa esta riqueza que é de todos os asturianos.

Por eso, non é  un problema, sinón un beneficio pra úa llingua el  que se cultiven as variantes. Enriquece a llingua el feito de que os escritores escriban nas súas variantes, como tamén  a enriquece que contemos con úa norma culta i estándar, y que sexamos quèn a emplealla nos contestos en que conveña e seña necesario.

Desgraciadamente, el rexistro cultu del gallego asturiano, que hoi existe en Galicia gracias a oficialidá del idioma, -e que intenta crearse en Asturias, -ás veces separándo innecesariamente el noso gallego asturiano del resto de falas galegas- parece crear en muitos falantes distancia; tanta distancia como producía a  prosa medieval del Rei Sabio nel siglo XIII–, distancia, pero tamén sensación de que esto non é el  que falamos nosoutros’, e vemos pouco a pouco como el chapurreado -ese “gallego asturiano mínimo urbano”, nel que pei que non fai falta cuidado na espresión, nel que os falantes deixan caller, arbitrariamente e sin control, interferencias col castellán–, ven  alcanzando máis e máis espacios de uso.

Pero pra entender ben este fenómeno,  é  mester perguntarse se os falantes de cualquer outra llingua se identifican col sou rexistro culto. Todo el  mundo entende a diversidá de rexistros noutras  llinguas (rexistro formal, informal, coloquial, vulgar…); variedá de rexistros que, sin embargo, non tan claros nel caso del  gallego asturiano, que como se sabe é úa variedá dialectal del idioma gallego.

El chapurreado pode entenderse como algo esporádico que pode  vir ben nun contesto determinado, pero non pode ser el noso xeito  habitual de espresarnos.

Pensemos na hestoria de outras llinguas: úa llingua non morre de un día pra outru, as llinguas morren pola súa  propia evolución, por os fenómenos de sustrato, superestrato e adstrato, pero sobre todo morren por a forza que outras  llinguas exercen sobre ellas i el chapurreado é  a constatación de que el castellán ta exercendo úa presión enorme sobre el gallego asturiano, que tamén vese minusvalorado por os medios de comunicación asturianos que utilizan tanto el castellán como incluso, en ambitos  territoriais inadecuados, el irmau bable ou asturiano quitándolle  a visibilidá que lle corresponde ás falas gallegas de Asturias.

Si non  nos esforzamos en que “a nosa fala”  manteña os sous rasgos distintivos en toda a  amplitú posible del sou paradigma i en todos os  contextos sociollingüísticos, especialmente nos máis altos, os máis cultos, se seguimos cultivando el chapurreado, persistindo na vulgarización del idioma, favorecendo el sou distanzamento del resto de falas galegas que conforman el sou corpus lingüístico, taremos axudando nun síntoma inequívocu da agonía dun idioma– teñan vostedes por seguro que el  final ta próximo:  el gallego asturiano pasará a ser, irremisiblemente, úa variante diatópica del castellán, un bable que non é bable, úa mestura de gallego-castellano e asturiano ou un castellanu rociado con rasgos gallegos. Deste xeito  é  como morren os idiomas.

E xusto aquí , na espansión de los usos cultos del gallego de Asturias , nel enriquecimento dos sous rexistros internos, ten , sen  duda , todo aquel que escribe na súa fala materna un llabor cabeceiro que non deberá esqueicer nin pospuer.

Os  escultores buscan el mellor mármol pra as  súas pezas, os pintores os mellores pigmentos pra as  súas pinturas, os compositores os instrumentos que mellor sonen  e os escritores, estos que hoi vimos premiar, buscan, tamén nel caso da  llingua propia del Eo-Navia, el gallego asturiano, a materia coa que, amáis de expresarse, podan crear belleza. Danmos aos que llemos en gallego-asturiano realidades novas, coas que este  mundo noso enguapece, desvélase, preséntasemos como máis  claro e máis  comprensible ou  polo menos máis amable.

Esa guapura que creades  os artistes coa palabra fai a llingua, non solo máis  prestosa, senón tamén máis forte, máis duradeira, atrévome a decivos que asta inmortal. Todos os  que tamos hoi aquí traballamos  todos os  días pral fortalecemento del gallego asturiano, e vosoutros, escritores, sodes peza  fundamental nesa estaxa.

Falar, escuitar, ller i escribir núa  llingua son as únicas formas de mantella viva e de todas ellas, é a escritura i especialmente a escritura lliteraria a que a perpetúa é a fai trascender nel tempo e superar as súas  fromteiras.

É un traballo, creo, máis  de Apolo que de Baco, máis de esforzo, técnica  e empeño que de arrebatos momentaneos ou de ideas felices.

Gracias, pol voso arte, e norabúa aos que hoi premiamos

Gracias e norabúa  por aportar a esta llingua el voso  traballo, por dar  aos falantes de gallego asturiano máis razois  pra querer esta llingua, pra siguir sorprendéndonos con ella, pra disfrutalla, cuidalla e traballar por ella.

Acabo con unos versos del poema “Verde limón”, precisamente dúa das millores escritoras en gallego asturiano, Belén Rico Prieto:

Se él pode

vivir aquí

-nun sendo árbol de esta terra-

como nun vai resistir

el temporal

el canto alegre

-verde xunco-

da nosa fala.

 

Uviéu, 6 de xaneiro  de 2018.

 

 

P.D. Este  discurso nunca pronunciado é úa recreativa revisión ficticia que sacando fora de contexto palabras realmente pronunciadas, intenta denunciar el esqueicemento del gallego asturiano del que son culpables os governantes asturianos. Non intenta molestar nin faltar, sólo reivindicar. Gracias.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s