XXIX Semana Cultural de Santiso de Abres. 

Nas terras del Eo-Navia xa hai tempo que vein sucedendo cousas que indican que a comarca está recuperando a autoestima que  se foi  coel éxodo rural, coa emigración,  coel abandono del medio rural. A discriminación económica i social xunto coel nun ter fiunza nel propio futuro acaban creando un sentimento colectivo de derrota.  El Navia-Eo lluita por existir, lleva semando muito tempo i pode que xa se acerque el tempo de recoller, de superar el autoodio que nos descompón.

Hoi a comarca Navia-Eo ta ganando a engarradella contra el propio desánimo i volve a identificarse como colectividá que sabe que a zona merece a pena, que os recursos de que se dispón son valuosos, incluido tamén  el idioma que se fala, del que os depositarios cada vez tein máis concencia de que é un idioma como outro cualquera digno de ser cuidado i respetado.

Inda un pouco estragallados, ás veces asta pensando que se defenden intereses diferentes, en todos e cada un dos concellos eonaviegos hai personas i colectivos que están a traballar por conseguir convertir el medio rural nel que viven nun espacio atractivo i de futuro. El axudarse entre iniciativas, entre colectivos i asociaciois, entre concellos i superar demarcaciois administrativas i territoriales  é un reto a superar al que inda lle costa desaparecer. Pensar como comarca, aprender de lo que fain os vecius, axudarlles a que as súas iniciativas teñan  éxito é úa asignatura que necesita algún repaso.

Realmente hai muita xente que lleva tempo semando: A XXI Semana Cultural de Santiso,  el XIII Encontró de Portadores da Tradición Oral, a XXXIV Noite Popular de Porcía, el XVII  Rally Subida a Castrillón,   As XV Xornadas de Historia Local de Ribadeo,  é XIV Xornadas de Historia Local de Navia,  a XXXI Feira da Mel de Boal…a IV Festa Indiana de Ribadeo i a II Festa Indiana de Boal.  El motor social da comarca eonaviego rumba.

A XXIX Semana Cultural de Santiso de Abres, que se celebra del ventiún asta el ventisete de agosto na plaza de San Xuán de Santiso, desenvolve un programa que ten úa riqueza que paga a pena comentar.

El acto emblemático é a XV Malla do Trigo del día 27 de agosto ás 17.00 i el XIII Encontro de Portadores da Tradición Oral, ese mesmo dia con comida popular e música tradicional polo grupo Eco das Minas.

Mallar lo trillo, como dice el Presidente da Asociación Cultural San Tirso del Eo, Ángel Prieto Souto,  nun se fai nun cachín. El trigo hai que plántallo, cuídallo, recollelo… Vamos que hai muito traballo detrás. Así son as actividades culturales; el sou valor está en lo que enriquecen aos participantes pero detrás hai muita xeira. Ese traballo colaborativo i a satisfacción que llevan os que tein el acerto de ir a estos actos é lo que fain que con ellos a comarca medre i salga dese desánimo del que falaba al empezo. Estas propostas de ocio, de aprender, de compartir, de divertirse dun xeito constructivo son as que crean músculo social, as que reforzar os lazos e xeneran el combustible pra que el motor da comarca volva a ruxir i crean comunidá. Porque el que fai progresar é lo que se fai pral crecimento i  disfrute dos propios habitantes da zona. El resto, guste ou non, son espexismos.

El martes 22 fálase de educación, el mércores un poeta e doctor en periodismo Héctor Acebo, natural de  Santiso, explica  pra que sirve a poesía; el xoves viaxan polas “Ruta dos 2000 pasos i Vía Rexia”. El sábado presentan el poemario “Reflexos de mi alma” de Carmen Luisa González, a novela “Badaladas de Anllons” de Farruco Graña i el ensaio “Os nomes do terror” coordinado por Moncho Ermida.

El sábado 2 de setembro celébrase el Encontro Comarcal de Asociaciois del Noroccidente. Úa oportunidá pra coller alento i xuntar esforzos. Pralante vecius.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s