Premio del XVII Certame de Poesía “Anduriña Voandeira” … A “andulía”  engalando…dende Bilbao chegou a Roxíos.


Hoi, 17 de xuno del 2017 nun podo tar máis contento. En Barakaldo é a entrega  dos premios del XVII CERTAME DE POESÍA “ANDURIÑA VOANDEIRA ” convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi.

El   Xurado   presidido por Pilar Rodríguez Villar, sendo secretario D. José David Fidalgo e integrado por  D. Xosé Estévez Rodríguez, catedrático da Universidá de Deusto, Dña. Ana Belén Crespo Bastos,  Profesora-Lectora da Universidá de Deusto, Bilbao e Dña. Rosalía Ferreiro García, Profesora-Lectora da Universidá del País Vasco, acordou otorgar el primeiro premio a Enrique González Álvarez, de Roxíos-Boal, Asturias, residente en Donostia e el Segundo a Júlia Martínez Feijoo, de Bueu-Pontevedra.


Ai…As anduriñas….
Andulías decimos en “gallego-asturiano”

Andulía   é úa das mias palabras preferidas… Nacín   núa  pequena aldea asturiana del concello de Boal, na comarca fronteiriza entre Asturias i Galícia que chaman Eo-Navia.

Roxíos, está nas ribeiras baxas del rio Navia, ese río que nace en Lugo, en Busnullán , alló no Cebreiro, ao norte dos Ancares, i que vei morrer al  Cantábrico, en Navia de Asturias.

As “Andulías” son como os rios, non conocen de marcos nin atrancos i traen os millores recordos que un poda desexar. É decir andulía i  véxome nel  caserio unde nacín… como si las tuvese vindo  delantre de min… engalando dun lado ao outro …aquellas llaradas de andulías, como úa rabañada de nenos rabincando, anunciando el bon tempo,  semando alegría, saludando como amuletos da búa sorte.

As andulías eran da casa….fían os nios na corte i os nosos maiores decían: – Nun  se lles pode fer mal, son páxaros sagrados.- Ferlles  mal era ferlle mal á divinidá, cualquera que ésta fose, pode que á deidá  precristiana das augas, das fontes, da fecundidá; esa deidá que se chama como el  rio, Nabia.

Sí, as andulías  pásalles como aos rios. Ben lo  dicen os versos de Celso Emilio Ferreiro:

Por enriba de tódalas fronteiras

por enriba de muros e valados

si os nosos soños son igoales 

coma un irmau che falo.

É certo que dicen que asturianos i galegos somos primos-irmaos, pero os asturianos da comarca de fala galega del Eo-Navia (Del Navia e un pouquín máis alló) somos irmaus irmaus. Nada de primos…irmaus!. E entre os irmaus non hai fronteiras nin muros nin valados.

A vosa “anduriña voandeira” vei a unde lle peta i  hoi  visitou a mía aldea de Roxíos, el meu concello de Boal, a mía Asturias de fala galaico-portuguesa.

Teño que decir que a alegría da vosa visita non pode ser máis grande.

Este premio pra min é máis importante que lo puramente persoal, porque este premio el que nos dice é que a nosa fala é grande, que el noso idioma é importante…que non nos separa del mundo, que a nosa llingua abre portas,  asegura que sigamos sendo el que fomos, el que somos, que podamos escapar da globalización que nos rouba a identidá  i que consigamos tamén seguir sendo nel futuro.

Por eso, irmaus, gracias por este premio…As mías palabras están escritas nun gallego que non é oficial en Asturias, núa variedá dialectal del gallego que non é atendida como debería pola administración que nos corresponde. A verdá  é a verdá i nun ten máis que un camín. Lo certo é que “a nosa fala” non ten a protección que sería a axeitada. Pro nun conozo millor idioma pra expresar lo que expresan os versos que vos entreguei, pra reflexionar, por suposto sobre cualquer tema, pro  especialmente tamén sobre sentimentos como a perda, a emigración, a señardá..el cariño por os seres queridos.

Hoi  úa “anduriña voandeira”bilbaina , por enriba de fronteiras, muros, normativas i legalidades, deunos un abrazo poético, un regalo máis grande que as afinidades,  un valor inda máis superior se cabe quel das amistades; Hoi  a vosa andulía  trouxo úa mensaxe de irmandade…Muitas, muitas, muitas gracias.

Donostia, 17 de xuno de 2017

Quique Roxíos.

 

IMG_4785

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s