A xuntanza de Roxíos en defensa del gallego-asturiano. Artículo publicado na plataforma Prolingua. (Apartado “voces”)

IMG_4564

Este artículín  foime pedido por Henrique Costas e Suso Acevedo  aos  que debo agradecerlles el sou esmolecemento porque a variante gallego-asturiana consiga a protección que merece.

Lo que na xuntanza de Roxíos se intentou empezar a erguer é algo que xa se debería ter feito dende hai muito tempo. Espero que a semente aprenda.

El 16 de abril de 2017 un grupo de personas interesadas na defensa del galego de Asturias organizamos úa reunión de reflexión nun lugar chamado Roxíos. Roxíos é úa aldea en extinción que pertence á parroquia de Boal, nas ribeiras baxas del Navia, na Asturias de fala galega. Nesta aldea está a casa unde nacín. El sou forno de pan, de centos de anos e que xa ningún  roxa, reclama deixar de ser un obxeto de museo. El sou lagar de viño, mandado fer por el meu bisavolo, limpín, restaurado e silencioso, manifesta con forza que non hai motivo pral sou abandono. El molín de maquila, no que traballou toda a vida meu padre, tuvo un percance este inverno cúa ramallúa de castañeiro que lle axenegou no louxado. Como se non lle chegase abondo con ter a presa sen augua. Esta é a situación. El caserío está invernando, esperando que se den as condiciois pra darlle un novo uso. Aguardando que cambien as circunstancias. Soña con ter úa utilidade social.
Esa é tamén a situación del galego-asturiano: el abandono. Resiste nos falantes, nas famílias, lonxe das administraciois, a pesar das escolas, coel acoso dos medios de comunicación, ausente dos documentos oficiais. Asonagado en prexuicios. El idioma está pior que el molín. Sufre agresiois cada día, as goteiras aumentan e os organismos, supostamente encargados de cuidallo, celébranlo con actos simbólicos que lo convirten en algo alleo aos que lo mantuveron dende tempos inmemoriais e son os sous depositarios.

prolinguaM

Por eso Roxíos era el millor sito unde poder xuntarse personas que tuvesen un querer común, neste caso el de defender el galego-asturiano e a cultura da comarca Navia-Eo. Úa xuntanza de esperanza tía que ferse nun espacio inda habitado, dalgún xeito, por el alma viva dos que nos predeceron, lonxe de casas de cultura centralizadora e organismos incompetentes. Fía falta un lugar ferido pra reflexionar, entre iguales, sobre lo que sucede, da situación de emerxencia, del perigo de extinción del mundo e del idioma no que nacemos e que é a nosa casa. Ese lugar, núa Comunidade Autónoma que está deixando morrer sen UVI nin tranfusiois os dous idiomas propios, el asturiano e el galego de Asturias, ese sito foi Roxíos, tía que ser Roxíos.

Poderíamos decir que lo que allí fixemos, lo que lle demos en chamar “Xuntanza en Roxíos” foi un grupo de afinidades al xeito das tertulias de anarquistas da España del siglo XIX, ou como aquellos grupos que naceron en USA no contexto da luita contra a guerra de Vietnam. Certamente éramos un grupo de afinidade, pero sen un obxetivo político no concepto que ten este término de aspirar a ocupar el goberno e sen aspirar tampouco a cambiar reivindicativamente as políticas. Aspiramos a recuperar as conciencias colectivas, a recuperar el saber do poblo. El destinatario da reflexión somos nosoutros mesmos, a xente común.

El encontro non foi casual, foi preparado, pensado, e tras el sou éxito certamente cheguei a pensar, seguro que parece esaxerado, que toda a mía vida (na defensa del galego-asturiano) fora úa preparación pra este encontro. Condo lluitei coa MDGA por el gallego de Asturias, condo rehabilitei el patrimonio etnográfico de Roxíos, a experiencia de vivir en Comunidades Autónomas con segundo idioma oficial, el traballo silencioso de manter vivos os meus ideales en blogues discretos etc… todo cobrou sentido neste encontro que ata algún considera un fito histórico cultural no Eo- Navia. Lo que en Roxíos se fexo foi deixarse levar polo corazón. A idea principal é que as cousas que un ama e que salen del alma hai que lluitar por elas como acto de creación, nunca como reacción.

Esta foi a estratexa das feministas e dos gais nos anos 90 en Inglaterra. Facer da debilide forza. A situación de emerxencia require actuarmos deste xeito. É tempo de construir. E pra construír hai que falar, acordar, pechar feridas, aprender e soñar xuntos, con libertade, dende diferentes sensibilidades.

Por eso el planteamiento foi xuntar persoas da zona Navia-Eo que tuvesen úa dedicación contrastada en defender a súa terra dende el corazón, fendo práctica diaria desa defensa, personas que non tein un poder político nin son altos cargos da Aministracion. Xente normal, que vive en primeira persona el día a día da zona Navia-Eo, a desprotección da etnografía, el esqueicemento das tradiciois, a perda del idioma, as dificultades económicas del mundo rural, a carencia de servicios, a lluita de ser emprendedores…el envellecemento, el despoblamento…

Tamén se buscou a presencia de persoas relevantes da lluita asturianista. E desas personas temos que destacacar a colaboración del poeta e narrador Xuan Bello e del experto en cultura asturiana Ignaciu Llope.

No Navia-Eo somos asturianos, e as nosas reivindicaciois non deben ser consideradas como un ataque polos nosos afís no resto del Principado. Necesitamos a súa axuda e que vexan as ventaxas comuis desta nova perspectiva.

A identidá leva as personas a fer lo que seña necesario pra ser lo que queren ser. Por eso certos sectores utilizan con acerto el tema identitario pra destruir a cultura dos secuestrados, das vítimas maltratadas por un discurso centralista unde el Estado-Patria é substituído por un paradigma de Comunidade Autónoma-Patria que non atende os “súbditos”. Se a túa cultura non coincide coel paradigma pra ser admitido no “club”, debes adaptarte ao paradigma renunciando a lo tou. Pasa na comarca Eo-Navia pero tamén  hai  que cuestionar en qué paradigma se auto-inclúen os defensores dos idiomas propios doutros territorios, incluído el resto de Asturias. Non se están conseguindo os obxetivos e el único xeito de cambiar as tornas é cambiar de camín. Por el que vamos nun chegamos a ningún sito. Hai que volver a comenzar aprendendo de lo feito, que é muito…porque sen lo feito non sería posible prantearse retomar impulso.

A “Xuntanza de Roxíos” é un intento de probar outras maneiras, encetar outro camín. Imos intentar traballar dende el corazón. Lo que se pon en cuestión é el paradigma da Asturias actual unde non cabemos todos. En Asturias naceu el asturiano pero tamén, nel sou territorio actual, aparecen algús dos primeiros escritos que existen del galego-portugués.(1) Na nosa comarca queremos sobrevivir e pensamos que luitar contra el despoblamento e a aculturización é imprescindible pra reverter a situación. Os temas que nos importan son esos, e pensamos que utilizar el idioma propio e reivindicar amablemente a cultura propia é el motor de medría económica e progreso que necesitamos.

Pra conseguir el éxito desta xuntanza, que a todos nos conmoveu, contouse coa colaboración dúa experta en desenvolvimento local e “coaching” Enedina Mallada Paniagua, que exerceu el sou traballo muitos anos no programa Leader Ozcos-Eo e ten gran experiencia en asesoramento de emprendedores.

El debate organizouse sobre a base dus puntos de reflexión:

Valoración por cada participante da situación del galego-asturiano. Puntos favorables e puntos desfavorables. Inevitablemente saliron outras cuestiois importantes.

Valorar el motivo de que, pese a existencia de muitas iniciativas na comarca, (movementos asociativos, empresas, eventos…) non se contempla el idioma propio como algo a ter en conta nesas iniciativas. Motivos desa omisión.

El conflicto con lo galego. Existe prexuicio coel compoñente galego del idioma e da cultura? É real? Por que nun se aproveitan os recursos que pode aportar Galicia.

Norma ortográfica. (2)Debería buscarse un consenso? Neste asunto comentouse tanto a decisión del Principado de escoller sempre a opción contraria á norma estándar del galego como a escasa sensibilidade da RAG coel galego máis oriental.

Conclusión de cada participante

IMG_4563.JPG

Todo el mundo interviu con libertade e respeto. Non se fexo ningún manifesto nin se creou organización algúa. Da reunión non se levantou acta pero fexo un escrito resumen un dos participantes, el poeta coañés Moisés Cima Fernández, que lo publicou no sou blogue

http://paporrubio.blogspot.com.

IMG_4567

El encontro comoveu positivamente os participantes, adquiriu inmediata relevancia nas redes sociales, chegou a muitas persoas afís da comarca Eo- Navia,  especialmente del concello de Boal. A difusión na radio escolar ProxectoNeo de Radio Burela foi todo un impacto. Lo que fixemos transcende aos que estábamos presentes.

A semente prantouse. Non sabemos se prenderá. As dificultades son abondas pero quedou claro e evidente que a sociedade del Eo-Navia é úa sociedade que evolucionou muito nestos últimos trinta anos e xa hai grupos importantes concienciados na defensa do propio. El movimento asturianista tamén ten feito muito traballo nestos anos e tamén está preparado. Os poderes aos que nos enfrentamos siguen nos sous cargos pero o poblo non necesita el permiso, el poblo é soberano. Esperemos que esta seña sólo a primeira de muitas xuntanzas de empoderamento del Eo-Navia.

 

Quique Roxíos

 

 

(1) Monasterio Vilanova de Ozcos.

(2) Este escrito sigue en gran parte as normas que encargou a MDGA a un equipo de lingüistas.

Advertisements

2 thoughts on “A xuntanza de Roxíos en defensa del gallego-asturiano. Artículo publicado na plataforma Prolingua. (Apartado “voces”)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s