Espazo de Quique Roxíos

21 Marzo, 2011

De baxo de nabis, sapis

Arquivado en: Participación — quiqueroxios @ 21:49

 

“De Baxo de nabis, sapis”  é úa pequena recollida de contos populares. Os contos que se escuitaban na mía casa. Eu e mía irmá sempre insistiamos  – Volve a contar el de amordida i a retorcida, papá -. I pápa sempre lo contaba outra vez ben contado, parándose en recrear aquel monte al oscurecer, as maos tiznadas daquella vella, a fame, el frio  i el medo de aquellos homes que emigraban prá Habana.

Historias que nun naceron  pra ser llidas, son pra ser contadas a carón del  llume da cocía, na oscuridá das noites nos que as tormentas deixábannos sen lluz. Por eso desmerecen muito del que son coel meu atrevemento, pro axudar a que non se esqueizan pra sempre pode que xustifique  el mal que lles fago.  Espero que paque á pena.

El libro foi posible gracias a Benigno Fernández Braña e Xavier Frias Conde,  pero estas historias naceron condo eu inda nun nacera e por eso a mía gratitú ten que ser dun  xeito destacado pra  aquellos aos que vei destinada a dedicatoria del llibro:

“A Enrique de Sanzo i a Clara de Tarabolo por enseñarme a querer a terra unde me criei”

 

De baxo de nabis, sapis”  foi editado nel ano 2002 por a Mesa para Defensa del Galego de Asturias, na colección Castelo das Letras, con ilustracióis de Román i Jato. Según teño entendido a edición foi de cinco centos exemplares.

Agora poño a disposición úa versión en formato pdf, que non é eigual que a que se editou pro que  permite acceder al contido.

Ver Debaxo de babis, sapis. pdf

2 Comentarios »

  1. Quique, o libro non é “unha pequena recollida”; é un tesouro!
    Saúdos
    Suso

    Comentario por Suso — 4 Xuño, 2011 @ 1:47 | Responder

    • Gracias Suso. Certamente aquellos días, condo na cucía de lleña nos contaban esas historias, son días que valen máis que muitos tesouros. Se tronaba muito queimábamos lloureiro nel llume. Non sei se funcionaba ou non, pero tábamos máis tranquilos. Un abrazo.

      Comentario por quiqueroxios — 6 Xuño, 2011 @ 10:06 | Responder


Feed RSS para os comentarios deste artigo. URI do trackback

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Tema: Rubric. Blogue en WordPress.com.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.