Espazo de Quique Roxíos

21 Agosto, 2009

A bruxa de Brañavara

Arquivado en: Antropoloxía máxica da nosa terra — quiqueroxios @ 1:14

¿Quen era a bruxa de Brañavara?

El Pato en torno a 1920? – Brañavara 2005?

Amparo, Irene (noutros documentos.) A Bruxa de Brañavara  existiu na mía vida dende que teño acordanzas. Nunca se me ocurriu preguntar como se chamaba. Ella era a ¡Bruxa de Brañavara! Úa institución. Como el cura ou el médico…. que importaba el sou nome. A importancia desta muller taba nel sou oficio

.

Na mía casa nun ibamos a consultar coa Bruxa. Pero mía madre tíalle muito medo a estos asuntos. Un día tuvemos falando medio en  broma,.  Papá, pola súa ideoloxía comunista , chamaba  a estas cousas del máis alló "opio del pueblo" Aquella noite mía madre soñou que a bruxa vía a visitalla mentras dormía i que se sentaba nos pés da cama. Sentío el sou peso i viu a súa cara.

Son muitas as historias que se contan. ´Tamén recordo un cura novo que al principio nun quería dar as  misas encargadas pola bruxa, pero que despós reconsiderou a decisión al ver que causaba un trauma tremendo a familias enteiras que pensaban que si non había misas tampouco había solución pra os problemas que deran lugar á consulta con a adivía.

Outra das historias que se contaban era que tía ouvellas i en vez de sacallas a pacer por el día, sacábalas pola noite. Mentras iba con ellas  falando  sola, según ella con os espíritus dos mortos que la visitaban.

Nel ano 2002 publicouse el meu llibro de contos "Debaxo de nabis, sapis".

Os contos dese llibro tan basados en historias ouguidas, supoño que  nalgúa desas noites de tormenta nas que que marchou a lluz.

Condo mo contaron el relato  falaba da  bruxa de brañavara, pero taba  viva  i parecíame que eso podía non ser correcto,  de xeito que fixen como si falara da bruxa de Sampol, a que fora nombrada por Acevedo y Huelbes no sou llibro "Boal y su Concejo"

Repoño aquí el conto en cuestión ,inda que sía algo llargo.

 A BRUXA DE SAMPOL

 

      Esta historia non é inventada. A min contouma el meu amigo Ernesto de Casanova, i a él contoulla, según teño entendido, Alfonso da Bouzúa.

 

      En Boal, el meu poblo, sempre existiu úa adivía. ¿Quén non ouguiu falar da bruxa de Brañavara? Xa no ano 1898, el ilustre boalense Bernardo Acevedo y Huelves. Escribíu úa monografía titulada Boal i el sou concello unde decía:

 

      “Inda vive en Sampol, poblo deste concello, úa muller que fai anos era consultada polas xentes sinxelas que querían coñecer a sorte que tuveran algús débedos ou amigos mortos (…) Explicaba a muller ese poder de comunicarse coas almas del outro mundo, por ter usado el cura que la bautizou, por equÍvoco, estola de difuntos”

 

      Mais xa non explico máis e paso a contarvos a historia tal i como ma contaron a mín:

 

      Na taberna de Pacho sempre se amañaban búas i llongas partidas de cartas. Pacho conocía el percal i condo había búa parella apuntábase tamén. Condo non era dese xeito, prefería mirar, pos non lle gustaba perder. Todos preferían que él xogase, pos de non ser dese xeito, botábalos cedo da cantina.

 

      Hoxe Pacho taba un pouco neurasténico i non había quen lo aguantase. Suso, Xardón, Ramón e Tomás preferiron poerse a predicar un pedacín.

 

      Na cantina, úa sala con tres mesas cuadradas de castañeiro gordas i pintadas del mesmo gris que us banquetos de cuatro patas, respirábase un aire espeso de fumo de picadura, de bafo de alcohol esqueicido nel cul dalgún vaso, de cuba vella recén llavada i de cuito seco nas regandixas das trabas del piso.

 

      Úa mosca angueiraba de garrafa en garrafa. Das de coñá ás da casera; das de magalla ás de viño, achegándose ás de lexía i aos paquetes de zucre; pousándose nas gordas pastillas de xabón i nos pelellos de bacalao emporondados núa viga.

 

      Suso, metendo, como sempre, el dido nel furaco da ourella, empezou a discusión preguntando se sería ben ir á Bruxa de Sampol pra ver de saber que fora del sou neto que, según se contara, marchara pra traballar de marineiro, xa llougo iba pra dous anos, xustamente condo se amañara aquel díxome-díxome de que fora él quen preñara a Marinía, a das Pereirías.

 

     Xardón, el intelectual del grupo, pos estudara dous anos pra cura i, según decían, aprendera un pouco de latín, asegurou que eso vulneraba os principios da Santa Madre Igresia. E inda que todos tuveron mui atentos mentras contaba úa historia na que Deus castigaba aos que se puxeran a adorar deuses paganos, non opinaron que el caso fose trasladable, pos, ¿qué tía que ver a bruxa de Sampol con esas cousas?

 

      —Nosoutros nada máis cremos en Deus —afirmou Ramón.

 

      I con a súa cara enrugada e arada polo tempo, coel sou mirar de carneiro vello preferiu non meterse muito na discusión. Ramón pensaba que desas cousas, por se acaso, era millor non falar.

 

      —Despós, se hai algo, enfádase e nunca se sabe—.

 

      Tomás era el máis revolucionario i non de muitas crenzas. Era dos que se quedaba na porta da igresia, dos que non soltaba un ral

condo nos enterros pasaban os sacristais el cesto, dos que cumpría con todos os ritos mais non deixaba pasar ocasión de poer pingando a todos os rangos xerárquicos del clero. Por suposto menos inda cría neso da Santa Compaña.

 

      —Eso son zarapalladas. Eso é un invento dos curas pra meter medo —decía.

 

      Tampouco fía caso dos consellos que xa lle mandara a Bruxa de Sampol por medio dos vecíos que foran consultar con ella.

 

      —¿Cincuenta misas a San Gregorio? ¿Que las deixou a deber meu avolo? ¡Hui! Pos que llo diga a él. ¿Non fala cos mortos?

 

      Al final a discusión acabou en aposta:

 

      —Apóstoche el que queiras a que eu engaño a bruxa —berrou Tomás.

 

      —Úa merenda pra todos –contestou Pacho.

 

      —Eu digo que vale máis crello que averiguallo –sentenciou Ramón, que de ralo en ralo falaba con refrais.

 

      —Mira —dixo Tomás poñéndose colorado— pensando dese xeito non é de estrañar que vos teñan abobados. A bruxa el que fai é inventar. ¿Qué lle preguntas por úa vaca? Contéstache que inda está viva. Se aparece ben e, se non, tamén. ¿Qué queres saber dun parente que marchou prá Habana? Pos díceche que se fexo rico ou, se lle peta, que tá pasando fame i que non ten cuartos nin pra picadura. ¿Qué estás malo dos nervios i escuitas pasuadas ou queixidos pola noite? Entón mándache dar misas pra cumplir úa promesa esqueicida por un bisavolo tou, i punto. Pra dar todos esos remedios non fai falta ser bruxa. Eso fágolo eu tamén.

 

      —Ben, ben. Todo eso xa lo discutimos — predicou Pacho—. Tu quedache en que ibas ir coel tou fillo a ver a bruxa i que ibas

demostrar que non era adiviba nin por asomo.

 

      Pacho acabou de pasar un trapo mouro polas mesas e polo mostrador. Despós de rematar con Tomás os detalles da aposta, botoulos a todos fóra e pechou a cantina.

 

      Al ameicer, Tomás despertou a sou fillo.

 

      —¡Érguete, que teis que vir conmigo!

 

      El rapaz, un nenón dus dazesete anos, algo apalominado, refregou os ollos i vestiuse sen preguntar sequera unde tía que ferlle compaña. Tras tomar a parva, cada un úa búa concada de lleite entrillado en pan de centén, puxéronlle a cabezada i a albarda aos caballos i pasaron pola casa de Pacho.

 

      —Xa llevo un bon cacho esperando. Pensei que te volveras pra tras.—

 

      Pacho sabía ben el que mancaban estas plabras nel orgullo de Tomás.

 

      — Inda nunca faltei á mía pallabra — dixo Tomás.

 

      Case todo el camín foron silenciosos escuitando el petar das ferraduras nas pedras del camín, escuitando os esquilos  escondéndose al sou pasar i como enalaban os páxaros, asustados, mascando un peligro que Tomás presentía. Fexo falta case toda a mañá pral viaxe. Xantaron en Carballo Forcado.

 

      —¿Qué lle vas decir? —preguntou Tomás.

 

      —Nada. Eu pregúntolle polo meu fillo que despareceu i non sei que é del, i punto.

 

      —¿I se che pregunta quén é este?

 

      —Dígolle que un sobrín. ¿Qué sabe ella?

 

      —Comes pouco Tomás. I tu es bon comedor.

 

      Sampol non era gran cousa. Na entrada, polo camín que chega según se vei da xungueira, atopábanse a un llado i outro un par de cabazos i dúas paneiras. Deixaban un paso estreito que cuido non sobraba muito pra pasar con carros de herba ou ganza.

 

      A casa da adivía era grandúa i, como quedaba embaxo del camín, víanse as cuatro auguas del llouxado adornado por mofo vello que medraba na punta das llouxas. Nas portas grises de castañeiro centenario non faltaba úa cruz pintada de colorado coroada por úa ferradura de caballo. Xa sabemos que é el remedio máis efectivo contra el demo.

 

      Foron ben recibidos. A primeira vez que vas ver á bruxa non teis que llevar gran cousa. Úas poucas de mazás ou un cuarto de zucre xa chegan. Non se empeza a falar del asunto da que se chega. Primeiro tómase un cafetín e úa copexa e fálase das llabores agrícolas e del tempo. Non sei de que xeito, mais el caso é que sempre acábase falando de conocidos i vecíos, algún dellos que xa hai anos que non ves.

 

      A bruxa sempre tá acompañada doutra muller máis nova, a súa filla ou úa nora, que non ten poder ningún i que fai que a conversa sía natural. Por suposto, non hai que chamarlle bruxa nin adivía nin nada polo estilo. Na villa i na súa casa ella é Dolores.

 

      Dolores ten cara de úa búa muller. Centos de profundos regos fain entrañable a súa cara, como a de cualquera avola. Mais

nin as enrugas nin el pano mouro da cabeza poden acobardar el brillo dos sous ollos grandes como cereixas.

 

      Pacho pensaba atopar úa bruxa i talmente lle pintaba que taba na casa dúa vecía ou de un familiar, mais xa empezaba a parecerlle que aquella muller podía saber todo el que él pensaba. I como xa taba mui nervioso, non puido aguantar máis.

 

      —Pos eu veño —arrivinouse a decir Tomás— porque non sei que é del meu fillo.

 

      —El tou fillo morreu hai muito tempo —contestou a adivía.

 

      Tomás quedou seco. Non contaba con úa victoria tan doada. Nin úa pregunta. ¡Ala! ¡Tá morto e acabouse! Pos si que gana facil el xornal.

 

      —Pos meu fillo non tá morto –—contestou contento de ganar a aposta, pero sobretodo de ter razón–. E non tá morto por que el meu fillo é éste.

 

      A adivía Dolores miroulo como se lle dera dolo dél i mui seria, sen sequera un pequeno sorriso, como el que dice que chove condo chove ou que fai sol condo fai sol, díxolle :

 

      —Non. Este non é fillo tou… non é tou… el fillo tou moriu xa hai muitos anos.

 

      Naide sabe a cara que puxo nin el que contestou Tomás. Si dicen que foi un pouco acobardado prá súa casa i que según entraba pola porta decía:

 

      —¡Ah, nía! ¡Ah, nía!

 

      Chamando á súa muller.

 

                                                                                                                                                  @ Quique Roxíos (Enrique González Álvarez)

                                                                                                                                                                   Debaxo de nabis sapis

                                                                                                                                                                          Castelo das Letras

                                                                                                                                                                                   MDGA. 2002

Vamos ver a trascripción dúa historia verídica. El Profesor José Luís García García recolle dúas versióis da mesma informante. Úa  nel ano 1979 (A), outra en 1990 (B). El relato failo úa muller que se casou nova i amañaron casa en Santa Eufemia, Vilanova de Ozcos. As desgracias verón úa tras doutra, concretándose en accidentes i mortes de vacas i cochos que convertía os sous esforzos por sair adiente en sempre "volta a empezar". Os vecíos non se portaban mal e intentaban axudar al matrimonio de tal xeito que a muller conta lo seguinte (versión B):

Después fue cuando fue Ernesto, el vecín ahí, a ver la de Brañavara y Ernesto vía admirado, de como podía saber aquela mujer que había aquí tantas penas y que éramos novos y que marcháramos de Vilanova e que… taba bién enterá. Y foime decilo ahí enriba, taba eu nel alto… nun quería decilo delante de Pedro, tenía miedo de Pedro, que nun quería creer en bruxerías y esas cosas. Y díxome: "Vengo decilo a Usted por que nun sé si hago ben en decilo o no, porque la muxer avisome ben que y lo dixese… que esas penas que tienen no eran por culpa nosa, que eso era deuda de los antecesores que hubiera. Y eu non sabía como había de hacer para decirle a Pedro que eran 18 misas y que hacían falta nun sé cuantos cuartos… Hombre, eran a tres pesetas, nun eran tanto, pero si nun había, aquelo era abondo. Un día fuimos de invitados a Bustapena y el cura estaba bastante contento y dixe: "Pues  voy a decilo". Baxando alí del Cortín pra abaxo dixei eu: "D. Francisco, tengo úas cuantas misas ofrecidas, ¿Hame decilas usted?" Y fai él: -"¿Cuántas son?.-" Son 18".-"¿Nun serán la Irene?".- "No, de Irene nun son (rie)". Aquel de las de Irene nun queria ningúa. Bueno, y después fuimos peleando, fuimos luchando y fue cambiando la rueda, y así foi. Fuesen las misas, fuese la romería, fuese que quería cambiar, a cosa cambió. ¿Serían as misas?

JOSÉ LUIS GARCIA GARCIA

Universidad Complutense de Madrid

Informar y narrar: el análisis de los discursos en las investigaciones de campo.

Revista de Antropología Social

2000, 9:75-104

Deixar un comentario »

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS para os comentarios deste artigo. URI do trackback

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Tema: Rubric. Blogue en WordPress.com.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.