¿Quén era Antolín Santos Mediante Ferraría?

 

Antolín Santos Mediante Ferraría

(Taramundi, 1880-Piantón, 1944)

ASMPORTADALIBROCOLOR 

(Portada da publicación)

 

Xoán Babarro,  volve a mostrar el sou gran interés por preservar el patrimonio lingüístico cultaral das terras  Navia-Eo i failo editando, baixo el parauguas de prestixio da Fundación Pedro Barrié de la Maza, el llibro

"Poesía completa. Antolín Santos Mediante Ferraria"

Edición de Xoán Babarro

Fundación Pedro Barrié de la Maza

2008

medconreloxe

Antolín Santos Mediante é un pouco conocido  poeta asturiano (En Asturias pei que non interesa conocer i admitir a diversidad cultural i na nosa terra tamos acostumados a nun dar valor a lo que é de noso), un importante  poeta da nosa terra i  da poesía en gallego asturiano.  Coel libro de Xoán Babarro atopámonos con outro exemplo máis dos novos tempos que xa empezan a correr prás terras astures de fala galega nas que algún día seremos conscientes da riqueza que nos pode proporcionar a diversidad que ata agora parecía (pensan muitos) separarnos del mundo moderno i civilizado . El libro fai úa minuciosa referencia á traxectoria vital del "maestro de Piantón" i  del sou éxito literario al conseguir coel sou poema "A un molín desfeito" el Premio ao mellor poema en galego na "Festa de Poesía" que organiza a Asociación de Prensa del Círculo das Artes de Lugo, durante el San Froilan de 1925.

Babarro transpórtanos  á época del "poeta de Taramundi",  achéganos al gallego asturiano que se falaba hai us oitenta anos, a úa época que comenza coa publicación de Follas novas de Rosalía i Aires de miña terra de Curros; fainos partícepes dos arquivos del prolífico autor  del que se presenta un estudio da língua i  del estilo, clasificando a importante cantidad de textos i puendo a disposición de todos nosoutros a poesía completa de A. Santos Mediante.

Gracias Xoán Babarro.

 

ASMyFmili

 (Antolín Santos coa súa familia)

 

"A un moiño desfeito"

Moiño, vello moiño,

moiño de Brañavara,

que nalgún tempo moías

sin sosego nin parada,

i agora dórme-lo sono

preguiceiro da folganza.

Quen algún día ver puido

que a moenda che sobraba

e na súa ialma inda leva

pracenteiras recordanzas

das troulas que en ti correu

na edá da ilusióis douradas,

un non sei que de tristura,

de melancolía estraña,

sinte que o peito lle oprime

cando agora te repara

sin a bulla i o trafego

que sempre te acompañaban,

coa presa cegada case,

a canle desfeita en táboas,

o rodecio sin o eixe,

as moas descabalgadas,

a muxega toda rota,

a porta que xa non zarra,

o louxado descoberto

i a cangaxe apodrentada;

 

"O zoqueiro de Louside"

 

Facendo pares de zocas

vai de lugar en lugar

polas casas dos labregos,

sin que abasto poida dar.

Pide o banco de zoquear,

un cepo erquido en tres pés,

que se movelo é preciso,

dálles que xemer a tres.

 

E no cabanón do carro,

no curral ou ben na eira,

empeza logo a brocear

nos tarugos da madeira.

 

O pau nas maus del n`é pau,

pois tan ben o laborea,

que branda cera parece

por acernado que estea.

(El poema "O zoqueiro de Louside" é versionado polo grupo musical DarbuKKa)

 

 

Deixe um comentário