
Hoi, trintaun de xaneiro del 2012 podía pasar sin pena nin gloria nel occidente asturiano.
Pero algús queren que nos preocupemos por si el BNG crea agrupaciois núa parte de Asturias i algo menos de que el Presidente del Principado, Francisco Álvarez Cascos, convoque elecciois seis meses despós de tomar posesión del sou cargo, seguramente coa intención de cantar as cuarenta en bastos i ganar esa partida de tute que xa tardan os da dereita asturiana en rematar dúa vez.
Sobre como conseguir incrementar as rentas dos campesinos nada se fala nos periódicos nin ta sendo obxeto de especial esmolecemento por parte de responsables políticos. Nada parece amenazar as terras del Navia Eo nos ámbitos educativos, sanitario ou de comunicaciois.
¿Qué pode preocupar núa comarca de gran riqueza cultural material e inmaterial, que incluso ten el privilexio de contar con un idioma propio que nun é menos importante nin ten menos falantes por número de habitantes que el resto das falas gallegas en Galicia, ou quel euskera en Navarra i nel Pais Vasco, ou el aranés en Cataluña.. qué pode preocupar, decía, si en todos esos casos él idioma é oficial, pero nel caso del gallego que se fala en Asturias no? ¿Vale menos el noso gallego asturiano quel resto dos falares gallegos?
¿Por qué ter menos dereitos lingüísticos falando el mesmo idioma?
Un día escuitei que as personas aforradoras aforran en todo. Condo ún empeza a nun aforrar en determinadas cousas acaba nun aforrando en nada. Os nosos antepasados aforraron pra nosoutros i deixáronnos un patrimonio.
Esas palabras que falamos, esa arquitectura tradicional que perviviu siglos nas nosas aldeas, as mascaradas de inverno, as festas populares, a riqueza gastronómica, os saberes antiguos de como elaborar el viño, como cuidar os montes, inxertar árbores, producir mel, i tantas cousas que nun nos damos conta que sólo na nosa terra se fain como a nosoutros nos gustan.
El problema é que condo deixamos abandonados nun esquino as nosas posesiois por entender que nun nos sirven i nun las guardamos con cuidado, acábase perdendo todo… i ese é el futuro al que os poderes públicos i os medios de comunicación nos queren llevar. El tema é tan escandaloso que el que se preocupe del gallego asturiano i da nosa cultura pode que sía un separatista gallego i aquí nun los queremos. Claro a ver quén é el guapo que abre a boca pra disentir da opinión oficialmente aceptada.
Pero cada vez somos máis os que xa nun pensamos dese xeito trasnoitado que equipara ruralidá i retraso ou defender a llingua materna con extremismo.
Algús dos nosos vecios xa tein demostrado i demostran cada día as grandes cousas que se poden fer cuidando todos os exponentes da nosa cultura.

Premio a Angel Prieto Souto da Asociación Laboral 2000. Xaneiro, 2012
Certamente nas terras de Navia Eo hai cada vez máis xente que respeta eso que nos deixaron os nos antepasados i hai muitos que cada día fain algo nel sou traballo ou nel sou tempo llibre pra que as nosas aldeas volva a rellucir alegres i esperanzadas i nun se sumen aos 670 pueblos abandonados de Asturias. Xente que organiza obras de teatro na nosa fala, pequenos empresarios que elaboran pan tradicional ou embutidos artesanales, responsables de cotos de caza, ganaderos que cuidan os nosos montes, participantes dos movimentos asociativos, os nosos músicos, maestros que enseñan aos nenos a amar el sito unde naceron… Todos podemos axudar, tamén os alcaldes.
Pero a prensa nada dice desas cousas nin del abandono secular da nosa terra por parte das autoridades culturales i políticas del Principado i del Estado. Dícennos que el Bloque Nacionalista Gallego tratou na súa Asamblea Nacional da posiblidá de constituir agrupaciois nos concellos de Asturias onde se fala galego. I transmiten un rechazo tremendo. – ¡Que nun veñan que naide los chamou! – ¡Xa nos preocupamos nosoutros dos nosos asuntos!
El BNG goberna en cerca de trinta concellos, algús dellos ben conocidos i vecios nosos: Ribadeo i Mondoñedo por exemplo. Tein representación nas cuatro l Diputaciois Provinciales de Galicia , nel Parlamento Gallego, nel Congreso dos Diputados i nel Senado. El sou programa electoral é de dominio público:
- “A negativa a asumir a diversidade lingüística e cultural no Estado continúa a ser patente…”
Mira que se en vez de Estado lles dá por decir Principado de Asturias. Sí é verdá é verdá ¿no?
- “Garantir o cumprimento da Carta Europea das Linguas rexionais e minoritarias ratificada polas Cortes Xerais”
¿Hai algún partido asturiano que faga algo pra que se cumpra este documento ratificado por el poder lexislativo del Estado al que pertenecemos?
Algo de forza ten el partido en cuestión. Inda que eso nun creo que sia motivo de verdadeira preocupación.
Nel periódico oficial de Asturias que sólo as veces é el BOPA i na maioría das ocasiois é Lne (La Nueva España) volven por enésima vez a sacar el medo ese da intromisión dos separatistas gallegos nas terras del Navia Eo.
Si se queren presentar que se presenten.
Son un partido legal i tan nel sou dereito de preocuparse por todas as falas gallegas, allí unde se falen.
Lo que ten que preocupar aos nosos alcaldes i aos nosos periódicos é qué poden fer ellos pra defender de verdá a nosa cultura como ferramente i motor da medría económica da nosa terra.
Na comarca hai xente que sabe muito destas cousas, ahí tan Pepe el Ferreiro ou Angel Prieto Souto da Asociación San Tiso del Eo.
En definitiva, temos que confiar máis i seguir el exemplo dos que tein demostrado que saben como cuidadar á cultura de noso. Aprender a valorar, ver, mirar i apreciar esa CULTURA da que somos depositarios coa obrigación de transmitilla aos que vivan condo nosoutros xa nun vivamos. Se nun femos ese esforzo nun nos irá ben. Iranos mal. Queda a esperanza de que si soubemos preservar a nosa fala sepamos tamén agora ferlle frente aos peligros tan grandes que nos trae á globalización… i esos peligros, diga lo que diga “La Nueva España” nun los representa el BNG.

Premio Libertad de Expresión a Pepe el Ferreiro